CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE

Lourenza, 20 de febreiro de 2022

     Este pasado domingo 20 de febreiro a cita era en Lourenza (Lugo). O CAMPIONATO GALEGO DE CROSS do programa XOGADE desprazabase ata a Mariña Lucense, e nos tamén. Tres equipos e individualmente varios atletas acadaron o pase. Decidiuse marchar o día anterior, visitar a comarca da Mariña Oriental, e facer algo máis de equipo fora da carreira. E parece que deu resultado, vaia se deu.



      Na categoría alevin feminina Lena Currás entrou segunda na meta, o mesmo posto que acadaron coma equipo. Botando un ollo os puntos das subcampioas podémonos facer idea que as Campioas coparon os primeiros postos. Foi un podio «premium».

SUB 12 FEMININO.- SUBCAMPIOAS GALEGAS (24 PUNTOS)

  • LENA CURRAS, 2ª
  • EMMA COLLAZO, 9ª
  • ANA OLIVEIRA, 10ª
  • NAHIA PINTOS, 13ª
  • ALBA ALVAREZ 32ª
  • AITANA BROULLON, 50ª


   Os alevins masculinos proclamáronse CAMPIONS GALEGOS, parabens equipo e adestradores. Grande ese equipo que de seguro nos a de dar moitas tardes de gloria.

SUB 12 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • ANGEL REFOJOS, 6º
  • SAMUEL CORRALES, 18º
  • DANIEL CORDEIRO, 21º
  • GABRIEL FAZANES, 22º
  • XABIER FERRAL, 58º
  • ANXO CURRAS, 61º


   Na categoria infantil acadaron o primeiro posto e subiron o  caixon máis alto do podio. Parece que a cor amarela brillou con solvencia na Mariña.

SUB 14 MASCULINO.- CAMPIONS GALEGOS (44 PUNTOS)

  • HUGO COLLAZO, 6º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 11º
  • MARCOS RIAL, 14º
  • UNAI FERRAL, 49º
  • SAUL SANTOS, 68º
  • DARIO PEREZ, 70º


  A categoría cadete non contou con equipo pero si coa participación notable de dous integrantes.

SUB 16 MASCULINO

  • RAUL RIAL, 21º
  • HUGO DOMINGUEZ,  25º

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de febreiro de 2022

     Estamos de cheo na tempada de pista cuberta e notase nun calendario ateigado de importantes citas. Este sábado tiña lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Os xuvenís non puideron contar coa presenza do seu adestrador Ramilo que se topaba en Salamanca no Nacional Sub 23, asumindo a tarefa Martín Souto, dun xeito que lle agradecemos públicamente. Carmen Fraga acadou o 6º posto na lonxitude e non progresou a final dos 60 m.l. despois de disputar a semifinal. Ibrahim Aga tampouco pasou da semifinal no 60 m.l. pero si mellorou a sua marca persoal. Na proba de 60 m.v. participaron Agata Rodríguez e Noa Piñeiroacadando a primeira posto na final cun tempo de 9,72 s. que supoñia MMP e a segunda non logrou pasar da semifinal. Na final Agata rematou 4ª e volveu mellorar a marca ata os 9,66s., ademáis participou na semifinal de 200 m.l. sen acadar o pase. Uxia Sánchez rematou 5ª nos 400 m.l.. Na proba de 800 m.l. participaron Carlos López 13º, Carlos Corredoria 15º e Cristina Cortegoso 12ª. Yago Juncal obtivo posto 11º no concurso de triplo. Diego Martínez quedou 6º no concurso de peso e foi CAMPION GALEGO no salto de altura.



PLAN DE VIAXE AO CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

     De cara ao CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE, que se vai disputar o vindeiro domingo 20 de febreiro, imos dispoñer dun autobus con saída as 11 horas do sábado 19. Coma xa se ten falado, dormiremos na localidade mariñana de Foz. O día da proba desprazaremonos no Bus ata o cirtuito na localidade de Lourenza. Recordamos que @s atlet@s deben levar documentación (DNI Ou Licenza), algo de comer para a viaxe e roupa para mudar, sen esquecer algo de abrigo que estamos en febreiro. De seguido detallamos @s atlet@s convocad@s:


SUB 12 FEMININO

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NAHIA PINTOS
  • ANA OLIVEIRA
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON

SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS
  • SAMUEL CORRALES
  • DANIEL CORDEIRO
  • GABRIEL FAZANES
  • XABIER FERRAL
  • ANXO CURRAS

SUB 14 FEMININO

  • ANTIA BAQUEIRO

SUB 14 MASCULINO

  • HUGO COLLAZO
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • UNAI FERRAL
  • SAUL SANTOS
  • DARIO PEREZ

SUB 16 MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ
  • RAUL RIAL

REGULAMENTO



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 12 de febreiro de 2022

 

     Entramos de cheo en tempada de Pista Cuberta, no caso de Galicia falar de Indoor e falar de Expourense. O grupo de Ramilo tería que amosar a súa valía no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTAA competición foi inaugurada por Diego Martínez no concurso de salto de altura, onde rematou 9º cun mellor salto de 1,76 m. O seguinte concurso con presenza amarela sería o triplo feminino, alí Ariadna Gil acadou o BRONCE da categoria absoluta e Campioa Galega na súa categoria Sub 23. Xa estamos preto do Campionato de España Sub 23 e foi o derradeiro test. Marta Camaño e Lucia Gil puseron a nota de xuventude nos 60 m.l. a primeira progresou a final B con 8,31 e a sua compañeira rematou na semifinal cun tempo 8,61. Marta non mellorou a marca na final B, pero loitou coas más rápidas. 

      Uxia Sánchez corría os 400 m.l. sen acadar o pase a final, de seguro que a lectura da seguinte carreira será máis positiva. Agata Rodríguez, nos 60 m.v., accedeu a final cun tempo notable e que melloraría na final, rematando a mesma en 9,90.

     Juan Piñeiro reencontrouse coa competición, nun concurso de lonxitude onde foi de menos a máis. Finalmente foi BRONCE da categoría Sub 23, a piques tamén na absoluta onde rematou 4º.



MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO E CTO. GALEGO SUB 16 DE CROSS

A Pobra do Caramiñal, 6 de febreiro de 2022

   A praia de Cabio exerceu de marco incomparable para o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS DE CATEGORIAS MENORES, no cal se premiaba de forma individual e por equipos. Finalmente a categoría SUB 16 puntuou só de maneira individual. Domingo de ceo solleiro que deu lugar a tempo seco e fresco. O circuito impecable, sen auga recente que puidese engadir dureza. 

     A categoría SUB 10 contaba con moit@s atletas de estrea, nada máis e nada menos que nun Campionato Galego. Alí amosaron que hai unha enorme ENERXIA DE FUTURO, loitaron polo podio ata o final, e acadaron o CUARTO posto, esa amarga medalla de chocolate. De seguro que no vindeiro Cross a premiación será máis doce.



SUB 10 MULLERES ( CUARTAS 71 PUNTOS)

  • NORA PARCERO, 14ª
  • SOFIA CORRALES, 24ª
  • LUCIA CANCELAS, 35ª
  • EMMA SALGADO, 37ª
  • MAR FAZANES,44ª
  • ISIS MARTINEZ, 47ª
  • CAMILA ENRIQUEZ, 53ª

SUB 10 HOMES (CUARTOS 64 PUNTOS)

  • BRAIS GARCIA, 19º
  • ADRIAN CALVAR21º
  • ALEX CARBALLO, 25º
  • LUCA CAO, 34º
  • THIAGO RESILLE, 54º 
  • MARCO LAHERA, 60º
  • ALAN MALVIDO, 70º


   A categoría alevin destacou co Campionato Galego acadado por Lena Curras e o PRIMEIRO posto por equipos da sección feminina. Os homes remataron CUARTOS, moi preto do podio, e con gañas de vinganza sana.


SUB 12 MULLERES (CAMPIOAS 26 PUNTOS)

  • LENA CURRAS, 1ª
  • EMMA COLLAZO, 7ª
  • NAHIA PINTOS, 11ª
  • ANA OLIVEIRA,13ª
  • ALBA ALVAREZ, 59ª
  • AITANA BROULLON, 41ª
  • IRIA FERNANDEZ, 97ª
  • NOA CAAMAÑO, 103ª

SUB 12 HOMES (CUARTOS 56 PUNTOS)

  • DANIEL CORDEIRO, 6º
  • SAMUEL CORRALES, 18º
  • ANGEL REFOJOS, 32º
  • GABRIEL FAZANES, 43º
  • ANXO CURRAS, 72º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 78º
  • ERIC SANTOS, 91º
  • ANXO SOTELO, 94º


     A categoría infantil contou coa medalla de BRONCE de Hugo Collazo que sumou outra victoria coma equipo. As mulleres gardaron forzas para outro día e remataron no DECIMO posto das participantes.


SUB 14 MULLERES (DECIMAS 172 PUNTOS)

  • ANA CORDEIRO, 39ª
  • ERICA NOVAS, 50ª
  • VEGA PIÑEIRO, 79ª
  • SORAYA GONZALEZ, 81ª
  • ESTELA RAÑA, 93ª
  • ANTIA SOTO, 99ª
  • ZOE FERNANDEZ, 105ª


SUB 14 HOMES (CAMPIONS 46 PUNTOS)

  • HUGO COLLAZO, 3º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 9º
  • MARCOS RIAL, 26º
  • SAUL SANTOS, 53º
  • BREO FERNANDEZ, 75º
  • DARIO PEREZ, 91º

A categoría cadete finalmente non sumou coma equipo e ofreceunos os seguintes resultados individuais.


SUB 16 HOMES

  • RAUL RIAL, 29º
  • DIEGO GARCIA, 66º
  • JUAN GALLEGO, 78º
  • MANUEL HERMELO, 72º

SUB 16 MULLERES

  • NEREA MALVIDO, 49º


 

PREVIA DO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO/CTO. GALEGO CROSS SUB 16

     Este vindeiro domingo 6 de febreiro vai ter lugar na contorna da Praia de Cabio en A Pobra do Caramiñal o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, para as categorias menores, ademáis dos Campionatos Galegos para as outras categorías. Para facilitar o desprazamento sairá un autobús as 07:30 horas da estación de Cangas. As prazas que queden valeiras poderan ser ocupadas polos acompañantes d@s nen@s, seguindo a orde de anotación. E moi importante que da seguinte lista de covocad@s se comuniquen as BAIXAS, pregamos que sexa o antes posible,e así poder recompoñer os equipos. Achegamos detalle do HORARIO e a ubicación do circuito, recalcar tamén a quen viaxe por conta propia que deben chegar con 45 minutos de antelación ao comezo da carreira. Lembrar que tedes que amosar a Licencia ou DNI. A partir da categoría SUB 16 precisaran Certificado de vacinación ou proba negativa, no caso das categorias menores será unha DECLARACION RESPONSABLE



SUB 10 MULLERES

  • CAMILA ENRIQUEZ
  • SOFIA CORRALES
  • NORA PARCERO
  • LUCIA CANCELAS
  • EMMA SALGADO
  • MAR FAZANES
  • ISIS MARTINEZ

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR
  • ALEX CARBALLO
  • MARCO LAHERA
  • THIAGO RESILLE
  • ALAN MALVIDO
  • BRAIS GARCIA
  • LUCA CAO

SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NAHIA PINTOS
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON
  • ANA OLIVEIRA
  • IRIA FERNANDEZ
  • NOA CAAMAÑO

SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS
  • SAMUEL CORRALES
  • DANIEL CORDEIRO
  • GABRIEL FAZANES
  • ANXO SOTELO
  • ALEJANDRO FERNANDEZ
  • ERIC SANTOS
  • ANXO CURRAS


SUB 14 MULLERES

  • ANA CORDEIRO
  • ZOE FERNANDEZ
  • ERICA NOVAS
  • ESTELA RAÑA
  • MARA SANTOME
  • ANTIA SOTO
  • SORAYA GONZALEZ
  • VEGA PIÑEIRO

SUB 14 HOMES

  • HUGO COLLAZO
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • ANTON LEMOS
  • SAUL SANTOS
  • IKER RIAL
  • BREO FERNANDEZ
  • DARIO PEREZ

SUB 16 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • RAUL RIAL
  • BRAIS PINTOS
  • JUAN GALLEGO
  • DIEGO GARCIA
  • MANUEL HERMELO

SUB 16 MULLERES

  • NEREA MALVIDO


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal 16 de xaneiro de 2022

 

     A localidade de A Pobra achegou o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA a comarca do Barbanza. Vari@s amarel@s foron partícipes do primeiro Campionato Autonómico da presente tempada 2022. Era un test importante despois das festas do nadal e sempre mirando de reollo a climatoloxia invernal, que foi bastante benévola.



  Alan Malvido acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO na proba de 1 km da categoria SUB 10. Na proba feminina de 2 kms da categoria SUB 14 participaron Antia Baqueiro, que acadou o BRONCE i Estela Raña, que rematou 10ª.



  Diego Garcia debutou na categoría SUB 16 cun magnifico 5º posto na proba de 5 kms. Na carreira feminina Iris Malvido rematou 4ª, a escasos segundos do podio. A sua irmá Nerea Malvido foi 10ª.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

Pontevedra, 21 de novembro de 2021

     Moi boa maña de domingo se atoparon @s marchadores para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA. Polas pistas do CGTD de Pontevedra foron marchando , a primeira hora, @s máis pequen@s, a categoria SUB 10, na que Alan Malvido rematou 9º na carreira de 1000 m. Seguidamente tivemos ampla representación nas probas SUB 14, sobre un percorrido de 2000m. Diego Garcia foi 5º na carreira masculina. Na proba feminina Sabela Castelo impuso o seu trepidante ritmo e rematou 1ª, cun tempo de 9.:33.48 que supon un novo RECORD GALEGO e pasa a liderar o ranking nacional. As suas compañeiras Antia Baqueiro e Estela Raña remataron 7ª e 11ª respectivamente.



 Na categoria SUB 16 as irmans Iris e Nerea Malvido participaron nos 3000 m. acadando os postos 5º e 8º.



 

CAMPIONATO GALEGO CROSS SUB 16

Pontevedra, 7 de novembro 2021

       A contorna da Illa das Esculturas en Pontevedra acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS. Segundo a categoría terían diferentes percorridos, neste caso nos tivemos presenza na categoria cadete. Foi unha magoa que non se disputará o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, onde tiñamos preparada a nosa armada amarela. 

     Raul Rial tivo o seu particular reencontro co campo a través, nunha proba onde estaba o mellor do panorama galego. Recorreu os tres kilómetros do circuito en 10:07, acadando o posto 41º.



    Nerea Malvido acadou o posto 31º na proba feminina, sobre un percorrido de 2,5 kms que rematou en 10:02. O campo a través chegou para quedarse, polo menos un par de meses.



 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 18 de xullo de 2021

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE no domingo que a neboa sumiu a Ria de Vigo. Alí tiñamos esa enerxia de futuro da que tanto nos gusta presumir. Este futuro presentouse con nomes e apelidos, prometendo grandes tardes de gloria.



     Diego Martínez acadaou a medalla de BRONCE no concurso de altura, abraiados nos deixou cun salto de 1,78, mellorando máis de 10 cms a sua anterior marca. Marta Camaño e Lucia Gil tiveron cabida entre as semifinalistas dos 100 m.l., duas atletas do ano 2007 que se codearon coas mellores velocistas galegas, remataron finalmente sextas na sua quenda sen progreso a final.



     Helena Bello, a máis xoven do grupo, e posiblemente do Campionato rematou 6ª na pértega,

     Ariadna Gil foi BRONCE no triplo, e mellorando a sua marca. A progresión nestas últimas competicións vai de mellora por proba. A constancia parece que tivo premio

    Lope Quinteiro 8º nos 800 m.l., liderou a final B.