Un ano máis e tras dúas xornadas participativas chegou a final individual e por equipos da liga intercolexios organizada polo AVA. Esta edición se adiantou a final por problemas co calendario, así que a cita tivo lugar un venres 20 de abril a partir das 17:30 horas. Se ben o Vila de Cangas non estivo presente como club si estiveron os seus atletas que representaron os seus respectivos colexios. A particularidade desta competición reside na iniciación de moitos dos nen@s en probas relacionadas co atletismo en pista, xa sexa relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. Á hora de computar as categorías establécense 2004-2003-2002 como alevins e 2001-2000-1999 como infantís. Á final que se disputou o venres acudiron os atletas invitados que obtiveron a marca nas dúas xornadas participativas previas, no formato individual só podían disputar unha proba por atleta, se competían como equipos debían presentar un mínimo de seis atletas que disputasen o 80 m.l., 300m.l., 1000 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura, ademais de realizar un relevo de 4 X 80 m.l. Destacar que o equipo alevín feminino do CEIP de Nazaret obtivo o primeiro posto con 33 puntos, de 35 posibles, este equipo integrado por atletas do club realizou o mesmo tempo nos relevos que o equipo infantil gañador, vista a diferenza de anos é digno que ocupe unhas liñas desta modesta crónica. O CEIP do Hio presentou catro equipos e todos eles fixeron podios, contabilizando tres terceiros e un segundo posto. De modo individual Sandra Souto obtivo o primeiro posto en 80 m.l, Naiara Curras primeira en 300 m.l., Ariadna Gil primeira en Altura, Aaron Domínguez segundo en altura, Jorge Piñeiro primeiro en altura, Simón Pereira segundo en pelota, Paula Santos primeira en pelota, Mauro Maquieira terceiro en pelota, Eva Maquieira segunda en peso, Saray Amoedo segunda en peso, Daniel Calvar segundo en peso, Irene Menendez e Alba Pardavila primeira e segunda en lonxitude. Adrián Outeiral, Juan Piñeiro e Daniel Armada coparon o podio de lonxitude. Valeria Fernandez e Alba Vidal gañaron o 1000 m.l. nas súas categorías, sendo Jorge Piñeiro e Gabriel Dacosta terceiros no 1000 m.l. das categorías masculinas. Foron moi bos resultados, dende aquí felicitalos a tod@s e tamén á organización por fomentar o atletismo base con estes eventos.