CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 6 e 7 de xullo de 2013.
Chegaron os atletas Cangueses unha tarde ,do 5 de xullo, a cidade granollerense para confirmar a súa participación , despois dun pequeno adestramento pola tarde do venres da velocista Noa Rouco volveron o hotel para descansar para o día seguinte no cal competirían a velocista Noa Rouco e o xavalinista Anxo Rodas. Este acadou a súa mellor marca da competición no terceiro intento, conseguido lanzar 43’11 m., que non lle foron suficientes para pasar á mellora, rematando en 9º posto.
En canto a Noa Rouco, que competía na proba dos 300 m. l., quedou segunda na súa serie cunha marca de 42.22, non sendo tampouco suficiente para pasar a final e rematando na mesma posición que Anxo.
O día seguinte competiría Óscar Broullón. O seu primeiro lanzamento foi o máis modesto de todos, o segundo intento foi nulo, pero no terceiro intento mellorou case un metro e pasou á mellora. Foi o primeiro lanzamento desta mellora o que lle serviu para acadar o primeiro posto, cunha marca de 15’24, proclamándose campión de España.

MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA – FINAL

1 Xuño 2013

Un ano máis e coincidindo co G. P. Cantóns de Marcha  da Coruña, celebrouse a final do circuíto de marcha. A competición foi pola tarde, e o noso club, que é moi marchoso, participou con 10 atletas, non estaban todos os marchadores, pero foron suficientes para encher practicamente todos los podiums de cor amarelo.

Na primeira carreira xuntaron a todas categorías menores (benxamín, alevín e infantil) coas rapazas cadetes. Marcharon xuntos pero cada un facendo a distancia que lle correspondía.

O circuito dos Cantóns ten 1km,e os primeiros en parar foron os Benxamíns. Teo Iglesias foi o primeiro en parar, proclamándose campión da proba. Seguíao Denís Fernández.  Katia Gonzalez foi a campiona das benxamíns.

Na segunda volta pararon os alevíns tras facer 2km. As duas atletas do noso club que participaron  subiron o podium, Ana Piñeiro como a campiona desta distancia e Valeria Fernandez como a subcampiona. Suso Guimeráns finalizou 5º mellorando a súa marca.

Os 3 km era a distancia para os infantiles e as cadetes. A primeira en chegar foi a cadete Noa García no tercer posto. Tras ela chegaron os infantiles, Andres Obenza que foi o sub campión e  Iria Rodriguez foi a 6ª , facendo unha boa carreira e mellorando bastante a súa anterior  marca.

Nos 5km, e representando o noso club, ía Mar Chillón  que se proclamou subcampiona da proba. Tras esta carreira foi o momento de disfrutar vendo marchar os atletas internacionais e de subir o podium a recoller os trofeos

 

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE

Ferrol, Sábado 13 abril 2013

Este campionato celebrouse en Ferrol. Non había ameaza de mal tempo pero sí de fortes rachas de vento. E o vento foi o protagonista deste evento, impedindo que se pódese practicar ben calquera das distintas probas. Un exemplo disto é que no salto de altura, os xuíces tiveron que agarrar o listón para que o atletas puderan quentar sen que o vento o derribara

As probas comezaron coa  marcha de mulleres na que Mar Chillón foi a primeira polo que xa iniciamos  o marcador con boa puntuación. Pouco a pouco foron sumandose puntuacións como as de Raquel Villa en lanzamento de peso que rematou primeira , Alexia Vidal foi 2ª en salto de altura  e Aida Amoedo foi 3ª en 400 m.l.

O vento quiso xogar na nosa contra no salto con pértega, e a pesar de que  Martina Paramos saltaba con suficiente altura e de lanzaba a pértega para atrás, o vento, que estaba moi revoltoso, devolvíalla e tiráballe co listón.

Tras moitos problemas co vento, a organización tivo unha reunión cos delegados e decidiuse suspender algunhas probas polo perigo que supuñan para os atletas. A nos influíanos no lanzamento de disco, que se suspendeu por romperse a xaula e Talía  non se estrenou  nesa proba, xa que as lesións impedíronlle ir a outras competicións. Iso sí, animou e sacou moitas fotos.

 

Resultados:

5km marcha: 1ª Mar Chillón

100 m.l.: 6ª Paula Fernández

Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

O fin de semana do 22 e 23 de xuño celebrouse nas pistas de Durango (Bizkaia) o Campionato de España Xuvenil ao aire libre. Ata alí desprazáronse 4 atletas do Vila de Cangas: Raquel Villa, Pablo Castro, Sara Villar e Mar Chillón. Despois dunhas 9 horas en furgoneta acompañados dalgúns atletas e entrenadores do Celta, Morrazo e San Narciso, chegamos pola noite a un humilde hotel que por sorte nos quedaba ben cerca das pistas onde se celebraba a competición. Tampouco podemos ter queixa de como acompañou o clima.

A primeira en poñerse a equipación e saír á pista foi Sara Villar, a última hora da mañá do sábado. A semana anterior, probou a facer o 400 valados nun control, sendo a súa proba de sempre o 100, conseguindo no seu debut uns interesantes 1.13.89 que lle permitirían ser repescada e acudir ao nacional. Competiu na primera semifinal rematando 8ª cunha marca de 1.16.46.

O sábado pola tarde, tocaríalle xa a Pablo Castro, na primeira das dúas probas que disputaría, o peso. Despois dun bo concurso, onde o primeiro enseguida colleu distancia sobre as marcas dos rivais, o noso atleta fixo un mellor lanzamento de 15 metros e 96 centímetros, o que permitiu que conseguise un máis que merecido bronce. Iso sí, esa non sería a primeira vez que Pablo subiría ao podio neste fin de semana.

No segundo día, comezamos o día cunha boa noticia. A primeira hora da mañá, como xa é costume, competía Mar Chillón nos 5km marcha. Acudía á cita coa cuarta mellor marca, e despois dunha carreira complicada, acadou o terceiro posto mellorando a súa marca e deixándoa en 24.16.35, o que se convertiría en récord galego, quedando a seis segundos da mínima mundial.

Xa para rematar, pola tarde do domingo quedaban por competir Raquel Villa no peso e Pablo Castro, esta vez no disco de 1,5kg. Raquel, aínda contando cunhas rivales moi competitivas, fixo un gran concurso mellorando a súa marca nada máis e nada menos que 45 centímetros, e logrando un meritorio cuarto posto cunha gran marca de 13,63m. Posteriormente, Pablo non sería menos e acadaría o seu segundo bronce do campionato, cunha marca de 46m39cm, que sería a mellor para el ata o momento na proba.

En conclusión, Galiza rematou o campionato con 10 medallas, 4 de ouro e 6 de bronce, sendo 3 destas últimas de cor amarela.

CAMPIONATO GALEGO VETERÁN PISTA AIRE LIBRE

O día 16 de xuño celebrouse en Riveira o Campionato galego veterán de pista o aire libre, no que participaron os nosos atletas.

Despois de enfrentarse as inclemencias meteorolóxicas, conseguiron finalizar as súas probas.

Belén Lemat acadou duas medallas de bronce en 100 e 200 metros lisos, unha de prata en  400m.l. e outra de ouro en 1500m.l. 

Por outra banda Carlos Bernárdez obtivo unha medalla de prata en lanzamento de martelo e unha de ouro en lanzamento de disco.

GALA DE CLAUSURA DE TEMPADA

CLAUSURA DA TEMPADA
O vindeiro sábado 20 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, faráselle un recoñecemento público ós atletas destacados da presente tempada. Será as 17 horas. Non cheguedes tarde ou non sairedes na foto. Durante este acto faráselle entrega duns pequenos agasallos.
Logo teremos como todos os anos a asemblea xeral, onde daremos conta, entre outras cousas, dos méritos da tempada, estado de contas, lectura de actas anteriores, etc.
A xornada rematará cunha cea (sobre as 22.00 horas) para todos os socios e simpatizantes do Club. Este ano a cea será en Restaurante Capitán , en Menduiña – Aldán. Todos os interesados en asistir a cea terán que chamar a Maricarmen, ó teléfono 697623361, antes do 16 de xullo. O prezo será de 20 € para todos, salvo para os atletas destacados, que pagarán 7 €, correndo a cantidade restante por conta do club.

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Este fin de semana Terán lugar os campionatos de España para a categoría junior e para a categoría cadete. O primeiro será en Castellón e participará Aida Amoedo Portabales na proba dos 400 m.l.
O Campionato para os cadetes será en Granollers. Xa vedes, os dous o ladiño da casa. Ben, neste último participará Noa Rouco Baqueiro na proba dos 300 m.l.; Oscar Broullón Sotelo, nas probas de peso e disco; e Anxo Rodas Arca, na proba de xavelina.
Moita sorte para todos.

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

O Club Atletismo Vila de Cangas xa puxo en marcha, como cada ano, a escola de atletismo de verán, onde poderán participar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas a persoas maiores de cinco anos.
Lugar: pistas municipais de atletismo de Cangas
Horario:* Mes de xuño: luns e xoves de 19 a 20.30 horas
*Meses de xullo e agosto: martes e xoves de 11 a 12.30 horas
Inscrición: nas pistas de atletismo no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

SEGUIMOS FACENDO HISTORIA

Moratalaz (Madrid), 9 de xuño de 2013.
A iso das 12 do medio día dio sábado 8 de xuño, déronse cita as atletas do Vila de Cangas para saír cara á capital.
Na maleta levaban un bocata, a roupa para competir, un abrigo (sí un abrigo, porque este ano nin o 40 de maio nos quitamos o saio), de vinte quilos de ilusións. IMOS A FINAL DA SEGUNDA DIVISIÓN POR PIRMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CLUB!!!!


Ah, esquecíao, tamén levaban un móbil deses de última xeración.
A viaxe fíxose longa, e menos mal que nos libramos de ir a Murcia como propuxeron nun principio, senón seria peor. Ben, atravesamos media España parando dúas veces no camiño, que antigamente se aproveitaba para ir ó aseo. Hoxe, podedes crerme, aproveitase a parada para facer carreiras en busca dun enchufe para cargar eses aparatiños chamados móbiles. A tecnoloxía moderna!
Unha vez no destino, ceamos e cada un o seu cuarto, que mañá hai que madrugar e convén estar descansados e en bo estado de forma. A durmir! A durmir? Non era posible xa estabamos a 9 de xuño e as atletas querían darlle os parabéns ó seu adestrador polo seu aniversario. Menos mal, non foi moi longo.



Despois do merecido descanso, un bo almorzo e a competir xa con un formigueiro no estómago provocado polos nervios.
Nas pistas xa nos estaba agardando Serantes, a quen lle agradecemos o esforzo.
Mar foi a primeira en competir e tamén a primeira en chegar á meta marchando. Ben, isto vai ben. Xa estamos primeiras. Entón tocoulle a torna a Johana lanzando martelo e… que creedes? Foi a segunda mellor marca. Seguimos primeiras.
Nos entramos na liga en oitavo posto, pero a quen non lle gusta soñar? Agora estabamos primeiras. De alí a pouco xa estabamos segundas, pero ó certo é que nos mantivemos nesa posición ata ben pasada media mañá. Sería este o conta da Cincenta? Anda que si quedamos nos primeiros postos…! Pensamos que aquel era un momento para disfrutar, a rebaixar sempre hai tempo.
E ese tempo chegou. A falta o último relevo estabamos no 7º posto, pero non había nada decidido porque a diferenza de puntos era mínima. Pese a boa actuación das nosas atletas nos relevos, finalizamos oitavas con 79 puntos, a tan so un punto do 7º e a tan só 11 puntos do 3º.


Que ninguén pense que se apoderou de nós a tristeza, estamos contentos de participar e animados para seguir intentándoo o vindeiro ano.
Quedaba a volta á casa, onde Mónica se recuperará da lesión sufrida mentres saltaba lonxitude.

Resultados:
Johana Villar Parada: 2ª en martelo
Mar Chillón Camaño: 1ª en marcha
Belén Lemat Cabral: 7ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 7ª en lonxitude
María Jesús Novo Pardavila: 7ª en 400 m.v.
Aida Amoedo Portabales: 1ª en 400 m.l.
Carla Bernárdez Miranda: 7ª en disco
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Iria Piedras Gómez: 8ª en 200 m.l.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 6ª en pértiga
Sara Villar Millán: 5ª en 100 m.v.
Noa Rouco Baqueiro:3ª en 100 m.l.
Eva Piñel Lorenzo: 8ª en triplo
Ana Bermúdez Méndez: 8ª en 1500 m.l.
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso
Ainara Rodríguez Nogueira: 5ª en 3000 m.obstáculos
Talía García Prieto: 7ª en xavelina
Relevos 4×100 (Paula Martínez Fernández, Noelia Graña Casas, Sara Villar , Alexia Vidal): 7ª
Relevos 4×400 (Aida Amoedo, Marina Caballero, Ana Antepazo Regueira, María Jesús Novo): 5ª