Relación de incentivos:
1.- O Club Atletismo Vila de Cangas incentivará os seus atletas acorde as marcas acadadas na presente tempada. Para este efecto créanse catro niveis de marcas: A, B, C e D, que serán susceptibles de modificación ó comezo de cada tempada.
2.- Propóñense os seguintes incentivos:
-
Categoría A: 250 €
-
Categoría B: 200 €
-
Categoría C: 150 €
-
Categoría D: 75 €
3.- Na presente tempada 2022 poranse en marcha os incentivos antes mencionados.
4.- Para que os rexistros das marcas teñan validez é imprescindible realizalos con vento legal.
5.- Bonificacións e medallistas nos Campionatos de España, nas categorías SUB 18, SUB 20, SUB 23 e SENIOR. (Estas bonificacións non son acumulativas, e o atleta terá dereito a percibir a máis elevada das acadadas.)
-
Medalla de ouro: 200 euros
-
Medalla de prata: 150 euros
-
Medalla de bronce: 120 euros
-
Finalistas (4º a 8º): 50 euros.
6.- Para poder acceder a estes incentivos é imprescindible colaborar có Club sempre que este o requira. Imprescindible probas de equipos; para fondistas, Campionato galego de cross, Pedestrismo Ilmo Concello de Cangas e atletas de probas de pista, Trofeo Vila de Cangas en pista. (Salvo indicación contraria do Club).
7.- O Club poderá incluír automaticamente aos atletas que perciban premios en metálico no listado da RFEA de atletas para compensar por cambio de club.
8.- O pago das primas farase durante o acto de presentación do Club da tempada seguinte.
9.- Someterase a aprobación da Asemblea de socios a presente proposta.
PROPOSTA DE TABOA DE INCENTIVOS TEMPADA 2021.
-
Nivel D: 75 €. Marca mínima oficial e legal para participar no Campionato de España da súa categoría (SUB 18, SUB 20, SUB 23 e SENIOR). Os atletas de categoría veterana que non teñan mínimas oficiais deberán obter como recoñecida a marca da categoría senior.
-
Nivel C: 150 €. Obter 850 puntos Táboa IAFF en vigor. Probas combinadas 58% dos puntos da súa disciplina.
-
Nivel B: 200€. Obter 910 puntos Táboas IAFF en vigor. Probas combinadas 65% dos puntos da súa disciplina.
-
Nivel A: 250 €. Obter 1000 puntos. Táboa IAFF en vigor. Probas combinadas 71% dos puntos da súa disciplina.