CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Albacete, 18 e 19 de xullo de 2026

 

      Ata terras manchegas se desprazou Leire Fonseca. Por diante unha intensa fin de semana para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE.



    Estivo acompañada do seu adestrador Ramilo, que puido disfrutar desa atleta superando eliminatorias na proba de 200 m. Pintaba moi ben a eliminatoria superada cun tempo de 24:58.



     Leire Fonseca posicionabase na semininal do domingo con autoridade, alí correu de forma intelixente e foi a 7ª mellor marca, estaba na final entre as máis veloces. Ainda tivo folgos de arañar un posto na final, definitivamente foi 6ª de España cun crono de 25.07. Parabens polo inmenso Campionato.



VOLVE O CROS ROMARIA DE DARBO

   A data para celebrar o CROSS DA ROMARIA DARBO será no SÁBADO 5 de SETEMBRO, a partir das 10:30 h.. Dentro das actividades culturais e deportivas que rodean a famosa Romaria está prevista a 5ª edición desta proba popular  .

     As categorias correran  comezando polos INFANTIS (2013-14) cun percorrido de 1100 m. seguidos por ALEVINS (2015-16) con 900 m., BENXAMINS (2017-18) 500 m. MINIBENXAMINS (2019-20) 300 m

     Os máis pequenos estaran repartidos en 3 anos, 70 m., 4 anos 90 m. e 5 anos con 100 m de carreira. 

     Pechara a competición unha proba POPULAR con participación desde categoria cadete nun percorrido de 1500 m.   

     Podedes apuntarvos no correo do club at.viladecangas@gmail.com



CAMPIONATO GALEGO SUB20 -SUB 23 AO AIRE LIBRE

Pereiro de Aguiar, 27 e 28 de xuño de 2026

 

     Repetíamos sede para a celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB20 -SUB 23 AO AIRE LIBRE, case tamén foron os memos protagonistas.



     Nesta fin de semana contamos con Carlos Corredoira que finalizou 6º nos 200 m.l. e Carlos López rematou 7º nos 400 m.l.



     Sara Marcos foi a única representante da categoría SUB 20, participando nos 200 m.l., onde rematou 9ª e tamén nos 100 m.l. onde finalizou 12ª

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Pereiro de Aguiar, 20 de xuño de 2026

 

     Na antesala da chegada do veran agardabanos a cita máis importante do calendario ao aire libre, o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO.



     A representación masculina estivo composta por Carlos Corredoira, 13º nos 400 m.l. e 23º nos 200 m.l. Carlos López foi 18º nos 400 m.l.



     Na quenda feminina Leire Fonseca foi 5ª nos 200 m.l. e acadou a medalla de BRONCE nos 400 m.l. Sara Marcos acadou o posto 18º nos 400 m.l. A estas duas atletas sumaronse Emma Collazo e María Marcos para participar nas remudas de 4×100, acadando o posto 9º no globas dos equipos.


CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA AIRE LIBRE

O Barco, 07 de xuño de 2026

 

       Tocou poñer rumbo cara o leste onde se disputaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA AIRE LIBRE. A localidade de O Barco de Valdeorras acolleu a categoria INFANTIL durante unha longa xornada de domingo. Brais Garcia foi a única representación masculina participando cun 9º posto nos 500 m.l. e 15º nos 80 m.l. As mulleres participantes foron cinco e puideron participar en duas probas máis unha remuda de 4 x 80 m. En xeral, moi notable a participación da sección feminina. Elodie Graña acadou o BRONCE nos 150 m.l., foi 5ª nos 80 m.l. e 5ª nas remudas 4 x 80 m. Sara Barros foi 8ª nos 150 m.l., 9ª en 80 m.l. e  5ª nas remudas 4 x 80 m. Noa Pedrido acadou dous BRONCES, o primeiro no lanzamneto de peso e repetiu posto no lanzamento de disco, tamén partipou do 5º posto nas remudas 4 X 80 m. Sofia Capelo proclamouse CAMPIOA GALEGA no concurso de Triplo Salto, sumando un posto 12º na lonxitude e o 5º nas remudas 4 x 80 m. Mar Fazanes andivo preto do podio cun 4º posto no peso e 9ª no lanzamento de disco.



CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 10

Pontevedra, 07 de xuño de 2026

     Chegaba o momento para que a categoría BENXAMIN amosará as suas cualidades no CAMPIONATO PROVINCIAL en PISTA AO AIRE LIBRE. Neste caso podían participar en duas probas e sumarlle as remudas mixtas.



 Anton Freire foi 5º no peso e 13º nos 50 m.l. Angel Bernárdez rematou 15º nos 50 m.l. e 15º na lonxitude. Izán Gómez foi 19º nos 50 m.l. e 22º na lonxitude. Javier Novas rematou 2º nos 400 ml., 9º na lonxitude e 2º nas remudas mixtas de 4×50 m.



    Nils Fernández foi 3º na lonxitude, 5º nos 400 m.l.  e 2º nas remudas mixtas de 4×50 m. Enzo M. Torres rematou 5º a lonxitude, 8º en 400 m.l. e 2º nas remudas mixtas de 4×50 m. Marta Novas completou o 2º posto nas remudas de 4X50 m. e foi 4ª nos 400 m.l. e 6ª no concurso de lonxitude. Sofia Villar rematou 11ª en 50 m.l. e 16ª na lonxitude.



CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 12

Pontevedra, 06 de xuño de 2026

 

     O primeiro sábado de xuño deu acollida no CGTD de Pontevedra ao CAMPIONATO PROVINCIAL DE PISTA dentro do programa XOGADE. A categoría ALEVIN tiña oportunidade de medirse cos seus comtemporaneos .



    Os homes estiveron representados por Xose González que rematou 12º en 60 m.l., 7º na lonxitude e 3º nas remudas mixtas de 4×60 m. Laurent Graña foi 8º nos 500 m.l. e 9º no concurso de lonxitude. Samuel Lorenzo rematou 13º nos 500 m.l. 3º no lanzamento de pelota e 3º nas remudas mixtas de 4×60 m.



   Pedro Juncal foi 18º nos 500 m.l. e 8º no lanzamento de pelota. A sección feminina contou coa presenza de Claudia Romero, 8ª nos 60 m.l., 8ª na lonxitude e 3º nas remudas mixtas de 4×60 m. Lena Bermúdez foi 2ª nos 500 m.l., 4ª en pelota e 3º nas remudas mixtas de 4×60 m. Anxela Caballero acadou o 4º posto na carreira de 500 m.l e rematou 15ª na pelota.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 14

La Nucia, 30-31 de maio de 2026

     Este ano o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 14 celebrouse en La Nucia (Alicante), as magnificas instalaciones que alí se ubican albergaron @s atletas máis versátiles da categoría INFANTIL.  Entre elas unha amarela, Noa Pedrido, que disputaba o Triatlon D, conformado por 80 m., lanzamento de peso e disco. Solventou as tres probas cun crono de 11.86 s. nos 80 m.l., lanzando o peso ata os 8.08 m. e o disco ata os 23.29 m. A puntuación acadada, 1202 puntos, situona finalmente na posición 12ª. Noraboa pola excelente competición e agardamos disfrutaras da experiencia.




CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA AIRE LIBRE

A Coruña, 30 de maio de 2026

     Por un pequeno erro de calculo só foron admitidos un para de atletas SUB 10 no CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA AIRE LIBRE. Finalmente só acudiu a competir un deles, polo que Nils Fernández foi o amarelo que máis brillou nas pistas de A Elviña. Correu os 500 m.l. e clasificouse no posto 11º no global da series. Participou tamén no concurso de lonxitude acadando a posición 15ª.



 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 14

Pontevedra, 30 de maio de 2026

   As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o sábado o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE EN PISTA na categoría SUB 14.



    Comezamos  pola representación masculina onde Brais Garcia  foi 8º nos 1000 m.l., 5º no lanzamento de xavelina e ainda tivo folgos para completar as remudas mixtas de 4 x 80 m. Arthur B. Nato foi 5º nos 1000 m.l.e 7º na lonxitude.



     As mulleres que competiron foron Sofia Capelo, 3ª en lonxitude, 8ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Sara Barros 5ª xavelina 6ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Elodie Graña rematou 1ª en 80 m.l., 2ª en lonxitude e 11ª remudas 4×80 m. Emma Salgado foi 10ª na lonxitude e 27ª 80 m.l., Mar Fazanes pechou a participación cun 2º posto no lanzamento de peso e 2ª en lanzamento de disco.