CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 14

Pontevedra, 30 de maio de 2026

   As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o sábado o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE EN PISTA na categoría SUB 14.



    Comezamos  pola representación masculina onde Brais Garcia  foi 8º nos 1000 m.l., 5º no lanzamento de xavelina e ainda tivo folgos para completar as remudas mixtas de 4 x 80 m. Arthur B. Nato foi 5º nos 1000 m.l.e 7º na lonxitude.



     As mulleres que competiron foron Sofia Capelo, 3ª en lonxitude, 8ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Sara Barros 5ª xavelina 6ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Elodie Graña rematou 1ª en 80 m.l., 2ª en lonxitude e 11ª remudas 4×80 m. Emma Salgado foi 10ª na lonxitude e 27ª 80 m.l., Mar Fazanes pechou a participación cun 2º posto no lanzamento de peso e 2ª en lanzamento de disco.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AIRE LIBRE

Lugo, 24 de maio de 2026

    As previsions metereoloxicas fixeron que o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE tivese que adiar para outra data a xornada de tarde. O motivo non foi outro que unha intensa treboada con imprevisibles consecuencias que fixo elevar as alarmas. Pois o programa da maña deu para abrir boca coa presenza de Alejandro Fernández nos concursos de peso e disco. Lanzou a bola ata os 11.92 m, acadando unha medalla de BRONCE, tamén mellorou a sus marca no disco e acadou o 4º posto.



Na sección feminina Ana Oliveira e Maria Marcos igualaron a sua marca e posición nas series de 100 m.l., ainda correndo en quendas diferentes foron quen de para o crono en 13.71 ambas ocuparon o posto 19º no global e Maria sumou unha MMP. Vera Boubeta tamén mellorou marca nos 3000 m de marcha. As probas do programa de tarde foron previstas para un mercores 27 de maio e por un cúmulo de circunstancias non acudiu ningún atleta. 

XXXI XORNADA ATLETISMO BASE

Cangas, 16 de maio de 2026

 

     No terceiro sábado de maio atopamos un oco para unha proba que promociona a canteira, sen compromiso, sen cartos por medio e sen homologación nas pistas, para darlle uso e non caian no esquecemento.



    Neste ano faciase a XXXI XORNADA ATLETISMO BASE, competición onde as categorias Mini, Benxamín e Alevín son as protagonistas, comezamos polas máis pequenas que encheron o podio da seguinte maneira, coa puntuación máis baixa nas tres probas do colexio Castrillón a Campioa foi Gala Menéndez , do colexio A Rua foi a subcampioa Sarela Bermúdez, 3ª Adriana Soage (Placeres), 4ª Noa Puga (Castrillón) e 5ª Lucia Lavariñas (Castrillón).



    Os minibenxamin  homes estiveron liderados por Roi Vázquez (Castrillón), 2º Daniel Sanmarco (A Pedra), 3º Lucas Carrera (Quintela), 4º Carlos Martínez (E. Pondal) e 5º Raul González (Nazaret) .



 Na categoria benxamin feminina venceu Gala Cancelas (Reibon), 2ª Marta Novas (C.Virgen), 3ª Sofia Villar (S. Roque), 4ª Alicia Núñez (C. María) e 5ª Helena Martínez (E. Pondal).  As probas de benxamin masculino foron gañadas por Manuel Rouco (C. Virgen) 2º Eduardo Pesqueira (La Inmaculada), 3º Enzo M.Torres (Castrillón), Javier Novas (C. Virgen), Nils Fernández (S. Roque).



    Lena Bermúdez (Castrillón) proclamouse Campioa  na categoria alevín feminina, no segundo caixón estivo Claudia Romero (Nazaret), 3ª Sara Camino (La Inmaculada), 4ª Elba Cordeiro (C.Virgen) e 5ª Carmen Juncal (Quintela). Raúl González (La Inmaculada) venceu as probas alevín masculino, 2º Alex Vidal. 3º Laurent Graña (Nazaret), 4º Nico Camino (La Inmaculada) e 5º Xosé González (Nazaret).



    Agradecer as empresas colaboradoras, ao Concello de Cangas, voluntari@s que ano tras ano fan posible a celebración desta Xornada, e xa postos reivindicar o arranxo das pistas para poder recuperar as probas federadas.


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Villafranca de los Barros, 26 e 27 de xullo de 2025

 

     En terras extremeñas destacou a presenza de tres amarelos para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Acompañados do seu adestrador Ramilo tiñan por diante unha intensa fin de semana onde poder amosar a sua valía a nivel nacional.  Pois deixaron o listón moi alto voltando coma tres finalistas no Campionato. Diego Martínez rematou 6º no decathlon, Mauro Vázquez chegou a final dos 100 m.l. e acadou o 7º posto. Gema Dacosta colouse na final de lanzamento de peso e rematou 8ª. Pouco máis que engadir sen esquecer os merecidos parabens para atletas e adestradores.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Castelló, 5 e 6 de xullo de 2025

     Ata a costa levantina tocoulle desplazarse a Leire Fonseca acompañada do seu adestrador RamiloTivo que renunciar a participar na proba dos 400 m.l. para poder centrarse na competición de 200 m.l., do contrario serían moitas voltas ao anel da pista sen marxe ou tempo de recuperación. Finalmente parece que foi unha estratexia acertada, na primeira rolda progresou a semifinal cunha MMP de 25,46. A semifinal esixia mellorar esa marca e mellorouse cun tempo de 25,19 acadou o posto 11º, na final entraban as oito máis veloces. Magnifico lustre lle está a dar Leire Fonseca ao seu curriculum atlético. Parabens tanto a ela coma ao seu adestrador.



CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2025

 

     Outra importante visita a capital galega para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE. Carlos Corredoira foi 5º nos 200 m.l. e 7º nos 400 m.l.



     Carlos López acadou un magnifico 4º posto nos 400 m.l. e unha MMP. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO no concurso de altura e SUBCAMPION nos de lanzamento de peso e disco. Lucia Gil destacou no tripo cun 4º posto e rematou 7ª no salto de lonxitude. Gema Dacosta foi SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso e disco.



 

 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025

 

      As pistas de atletismo da USC foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Ali unha boa morea de amarel@s deixaron a sua pegada na capital galega. Carlos Corredoira foi 15º na carreira de 200 m.l., Carlos López participou nos 400 m.l. e rematou no posto 14º.



     Dani Calvar irrumpeu con forza nos 400 m.v. acadando o 4º lugar máis unha MMP. Diego Martínez acadou un BRONCE no concurso de altura. Pablo Castro volveu a coller sensacions no lanzamento de peso e rematou en 4º posto.



     As remudas de 4X100 m. achegaronse ao podio e remataron en 4º posto con Carlos López, Carlos Corredoira, Diego Martínez e Mauro Vázquez

    A sección feminina  correu da man de Antia Soto cun 16º posto no golobal dos 100 m.l. Leire Fonseca continua a sua progresión nos 200 m.l. cunha MMP e posto 4º. Sara Marcos persiste nos 400 m.l. cun posto 15º. Agata Rodríguez acadou a 5ª possición nos 100 m.v. Gema Dacosta quedou preto do podio nos concursos de peso e disco , 4º lugar en ambos.  As remudas de 4X100 estiveron compostas por Antia Baqueiro, Sara Marcos, Leire Fonseca e Antia Soto, rematando no posto 6º.



CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS

Lugo, 21 e 22 de xuño de 2025

     As pistas de Lugo acolleron esta fin de semana o CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS. Alí se presentou Diego Martínez para disputar fora de concurso o decathlon. Foi un desprazamento moi fructífero no que voltou cunha MARCA MINIMA para participar no Campionato de España de Probas Combinadas da categoría SUB 20.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

O Barco, 21 de xuño de 2025

     A Delegación de Valdeorras acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE, tocaba viaxar ata a pista máis oriental de Galicia. Tivemos a participación de Miguel Fernández no concurso de lonxitude cun 4º posto e MMP e no de xavelina rematando 4º e MMP, so lle faltou subir ao podio pero por todo o demáis unha competición sobresainte. Ana Oliveira destacou tamén no lanzamento de xavelina acadando o 4º posto e MMP, tamén foi finalista dos 300 m.l. rematando en 5º lugar. Antia Soto completaba a participación amarela cun magnifico 5º posto nos 300 m.v.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS

Palafrugell, 21 de xuño de 2025

    Menos de seis puntos separaron a Selección Galega Sub18 do podio esta fin de semana do Campionato de España Sub18 levado acabo en Palafrugell. O combinado Galego composto por atletas mixtos contou coa presenza da atleta amarela Leire Fonseca participe no 3º posto nas remudas 4X400 m. e achegando un posto 14º na carreira de 400 m. Parabens pola fantastica tempada.