Lugo, 24 de maio de 2026
Archivo de la categoría: 2026
XXXI XORNADA ATLETISMO BASE
Cangas, 16 de maio de 2026
No terceiro sábado de maio atopamos un oco para unha proba que promociona a canteira, sen compromiso, sen cartos por medio e sen homologación nas pistas, para darlle uso e non caian no esquecemento.
Neste ano faciase a XXXI XORNADA ATLETISMO BASE, competición onde as categorias Mini, Benxamín e Alevín son as protagonistas, comezamos polas máis pequenas que encheron o podio da seguinte maneira, coa puntuación máis baixa nas tres probas do colexio Castrillón a Campioa foi Gala Menéndez , do colexio A Rua foi a subcampioa Sarela Bermúdez, 3ª Adriana Soage (Placeres), 4ª Noa Puga (Castrillón) e 5ª Lucia Lavariñas (Castrillón).
Os minibenxamin homes estiveron liderados por Roi Vázquez (Castrillón), 2º Daniel Sanmarco (A Pedra), 3º Lucas Carrera (Quintela), 4º Carlos Martínez (E. Pondal) e 5º Raul González (Nazaret) .
Na categoria benxamin feminina venceu Gala Cancelas (Reibon), 2ª Marta Novas (C.Virgen), 3ª Sofia Villar (S. Roque), 4ª Alicia Núñez (C. María) e 5ª Helena Martínez (E. Pondal). As probas de benxamin masculino foron gañadas por Manuel Rouco (C. Virgen) 2º Eduardo Pesqueira (La Inmaculada), 3º Enzo M.Torres (Castrillón), Javier Novas (C. Virgen), Nils Fernández (S. Roque).
Lena Bermúdez (Castrillón) proclamouse Campioa na categoria alevín feminina, no segundo caixón estivo Claudia Romero (Nazaret), 3ª Sara Camino (La Inmaculada), 4ª Elba Cordeiro (C.Virgen) e 5ª Carmen Juncal (Quintela). Raúl González (La Inmaculada) venceu as probas alevín masculino, 2º Alex Vidal. 3º Laurent Graña (Nazaret), 4º Nico Camino (La Inmaculada) e 5º Xosé González (Nazaret).
Agradecer as empresas colaboradoras, ao Concello de Cangas, voluntari@s que ano tras ano fan posible a celebración desta Xornada, e xa postos reivindicar o arranxo das pistas para poder recuperar as probas federadas.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA
Sabadell, 21 e 22 de marzo de 2026
Este ano disputabase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 de PISTA CURTA ou CUBERTA na cidade de Sabadell. Ata alí viaxou Leire Fonseca, para pelexar nos 200 m.l. acompañada do seu adestrador Ramilo. Por diante quedaba unha intensa fin de semana coa disputa da primeira eliminatoria dos 200 m o sábado de maña. Nada mal empezou a competición cunha MMP de 25.17 s e clasificación para a semifinal. A seguinte quenda foi o sábado de tarde, cun tempo de 25.18 s. nesta carreira acadouse o pase a final. Moitas emocions para o sábado e gardaban forzas para esa agardada final do domingo. Leire xa estaba entre as oito mellores de España, dispotou unha gran final, mellorando a sua marca ata os 25.13 s. e posicionándose no 8º lugar . Noraboa para atleta e adestrador.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026
O vindeiro XOVES 30 ABRIL terá lugar nas Pistas de Atletismo a partir das 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda o acto do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todol@s soci@s. Abordarase na ASAMBLEA XERAL ORDINARIA un tema de sumo interese, como é, o arranxo das pistas de atletismo , coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Resumo da tempada 2025 e aprobación do estado das contas
-
– Deterioro e problemática sobre o arranxo das Pistas de Atletismo.
-
– Ampliación da Xunta directiva
-
– Rogos e preguntas.

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA CUBERTA
Ourense, 15 de marzo de 2026
A categoria infantil afrontou o pasado domingo o CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA na meca galega do atletismo indoor. Contamos coa presenza de cinco atletas femininas e un masculino.
Elodie Graña tivo que conformarse coa medalla de chocolate tras firmar a su mellor marca da tempada nos 60 m.l. Sofia Capelo tamén foi 4ª no triplo salto e 18ª nos 60 m.l (MMP) Noa Pedrido repetiu 4ª posición no concurso de lanzamento de peso e 28ª nos 500 m.l.. Sara Barros foi 15ª na lonxitude e 35ª nos 500 m.l. Mar Fazanes foi 11ª no peso (MMP) e 38ª nos 500 m.l. Brais García acadou o posto 14º nos 1000 m.l. (MMP)

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA
Ourense, 14 de marzo de 2026
Chegados ao mes de marzo arrincamos o coche e xa vai so ata Ourense. Outra fin de semana, parece que a derradeira, temos plan nas pistas de Expourense. As categorias máis novas disputaban o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA. Unha chea de marcas persoais plasmaron o traballo dos adestramentos.
Javier Novas foi 31º en 50 m.l. (MMP) e 8º en 500 m.l. (MMP) Antón Freire rematou 36º nos 50 m.l. (MMP) Nils Fernández foi 5º nos 500 m.l. (MMP) e 14º no salto de lonxitude. Enzo M. Torres foi 9º nos 500 m.l. (MMP) e 7º no salto de lonxitude (MMP). Marta Novas foi 4ª nos 500 m.l. (MMP) e 33ª nos 50 m.l.(MMP).
A categoria SUB 12 contotu coa presenza de Laurent Graña 16º nos 60 m.l. con MMP na semifinal e 16º nos 500 m.l.(MMP) Xose González rematou 8º na lonxitude (MMP) e 27º nos 500 m.l.(MMP) Samuel Lorenzo acadou o posto 22º na proba de 1000 m.l. (MMP) Claudia Romero foi 8ª na lonxitude (MMP) e 10ª nos 60 m.l.(MMP) Lena Bermúdez rematou 5ª nos 500 ml. e 14ª nos 60 m.l. con MMP na semifinal. Anxela Caballero acadou o posto 9º na carreira de 1000 m.l. (MMP)
PRESENTACION TEMPADA 2026
Cangas, 7 de marzo de 2026
Chegou un intre especial na familia do Vila de Cangas. Sábado de tarde no Salón de Plenos do Concello de Cangas demos acollida a Autoridades, atletas, familiares, simpatizantes, socios e pode que algún curioso. A ocasión merecia unha foto da familia amarela, tradicionalmente e o acto da comezo a PRESENTACION OFICIAL dos EQUIPOS da presente tempada 2026.
De seguido fomos detallando os diferentes equipos de máis a menos xovenes, por esa orde de chamada foron pasando e posando. Encheuse o Concello de cor amarela, de enerxia de futuro e ilusions atléticas.
Contamos coa presenza da Vicepresidenta da Deputación, a Alcaldesa de Cangas, o Concelleiro de Deportes, o Xefe do Servizo de Deportes Provincial en representación da Xunta de Galicia. Coma invitados dous membros da nosa familia, Ariadna Gil e Juan Piñeiro. Dous atletas formados na casa, neste caso enriquecen o grupo de adestramento coa sua experiencia, axudan no que poden e forman parte activa da familia amarela. Ariadna Gil forma parte actualmente da Sociedade Gimnastica de Pontevedra e Juan Piñeiro do Club A. Santiago. Mellor espello non podiamos amosar do que é a nosa idea dun atleta, persoa, estudante, xoven…
As fotos dos equipos nos deixaron coa presenza de caras novas e outras máis familiares, si ben, destacar a presenza de varios atletas procedentes do continente africano. O grupo de Ramilo foi acollendo durante estes últimos meses a xovenes de diferentes paises africanos, as suas metas, inquedanzas son compartidas coa familia amarela, benvidos a uhna nova realidade que agardamos mellore e axude nun futuro cercano.
Eloxios e palabras de agradecemento recibimos por parte das Autoridades, agradecidos estamos e a Presidenta así o plasmou facendo a pertinente petición de arranxo das pistas, precisamos pasar das palabras aos feitos.
O coloquio tamén versou de agradecementos dos invitados a unha infancia atletica que tanto lles aportou. Esa enerxia de futuro que nos move faise realidade nestes ilustres invitados que fan acopio de medallas, experiencias, estudios, disciplina, superación…De parte da directiva do Club de Atletismo Vila de Cangas agradecer aos invitados, asistentes e socios a confianza neste proxecto. Vemonos nas pistas.

CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 20
Ourense, 01 de marzo de 2025
O noso segundo fogar durante este inicio de tempada deu acollida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 20. Na sección masculina contamos coa presenza de Juan Gallego que rematou 12º na final dos 60 m.l. e acadou unha MMP ao seu currículo rematando 7º na final de 200 m.l.
Marco Xoán Míguez rematou 8º na proba de 400 m.l. Sara Marcos quedou na quenda das semifinais dos 60 m.l. e sumou o posto 16º no global dos 200 m.l.
Lucia Gil foi 5ª no triplo salto, 8ª no concurso de lonxitude e non progresou nas semifinais dos 60 m.l. Leire Fonseca centrou a sua participación en progresar nas quendas dos 200 m.l. chegando a final e acadando a medalla de Bronce ademáis dunha MMP de 25.43s.
CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 18
Ourense, 28 de febreiro de 2026
Dabamos remate ao mes de febreiro nas pistas de Expourense coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 18. Tres amarelos foron os representantes nesta importante cita na cidade das burgas.
Miguel Fernández foi quen de chegar ata a final dos 60 m.l. rematando nos posto 13º. Esta velocidade que posue levouno o 5º posto no concurso de lonxitude, cunha marca de 5,41 m.
Roi Rivas chegou ata as quendas da semifinal nos 60 m.l. cunha marca de 8.06s., redondeando a sua participación cun 12º posto no salto de lonxitude. Brais Paz acadou o posto 9º na lonxitude cun mellor salto de 4.97m.

CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 16
Ourense, 22 de febreiro de 2026
Nova peregrinaxe as pistas de Expourense, neste caso acollía o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Que mellor plan para un domingo invernal, fomos testemuña da efervescencia adolescente da categoría CADETE e volvemos para Cangas cunha chea de marcas persoais máis unha medalla de BRONCE.
Alejandro Fernández foi o artifice do 3º posto no lanzamento de peso acompañado dunha MMP lanzando a bola ata os 12.67 m. Tamén participou nos 60 m.l. acadando un crono de 8.27 s MMP pero que non lle deu pase aseguinte rolda. Daniel Cordeiro foi o outro representante masculino, quen reflexou duas MMP no seu curriculum atlético, 5º no concurso de lonxitude con 5.64 m. e 8ª nos 300 m.l. cun tempo de 41.44 s.
A sección feminina conformouse coa participación de Ana Oliveira acadou outra MMP nos 60 ml con 8.57 pero non progresou a final, Foi decima nos 300 m.l. Maria Marcos fixo MMP nos 60 ml con 8.66 e rematou 12ª na lonxitude. Emma Collazo chegou a final dos 300 ml cunha MMP na semifnal rematando 9ª e 11º no concurso de lonxitude. Vera Boubeta pechaba a participación cun 3000 m.l acadando o posto 14º.


















Debe estar conectado para enviar un comentario.