1.- O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XXIX Xornada de Atletismo Base o domingo 19 de maio de 2024, ás 10:30 horas.
2.- As probas celebraranse no Estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.
3.-Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. ( Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).
4.- Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).
5.- A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do venres 17 de maio de 2024, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.
6.- O horario das probas pode variar dependendo da participación.
7.- Categorías de ano de nacemento dos atletas:
- a) MINIBENXAMÍN: 2017/2018/2019
- b) SUB – 10: 2015/2016
- c) SUB – 12: 2013/2014
8.- Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, tanto masculino como feminino, e medallas para os finalistas.
9.- Todos os atletas poderán participar nun máximo de catro probas. A efectos de seleccionar o campión/a contabilizaranse as tres mellores puntuacións obtidas polo atleta.
10.- A organización, así como as entidades colaboradoras, non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan derivarse desta competición.
11.- Os atletas poderán inscribirse como representantes dun colexio ou a título individual, pero nunca como representantes de club. A proba está aberta todos os centros de ensino do Morrazo e arredores.
12.- A participación na mesma implica a total aceptación do presente regulamento.