Ourense, 11 de marzo de 2023
Penúltima visita a Pista Cuberta de Expourense para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Moi concorrida estivo a proba dos 1000 m.l. para os homes, onde se correron tres series, participando dous amarelos con Hugo Collazo acadando o posto 12º e Diego Garcia o 19º. Boas marcas en xeral e para eles dous en concreto. Brais Pintos fixo un concurso de salto de altura reseñable acadando o 7º posto na final. Tamén mellorou a su marca no triplo Unai Ferral rematando 12º.

