CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Sabadell, 21 e 22 de marzo de 2026

 

      Este ano disputabase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 de PISTA CURTA ou CUBERTA na cidade de Sabadell. Ata alí viaxou Leire Fonseca, para pelexar nos 200 m.l. acompañada do seu adestrador RamiloPor diante quedaba unha intensa fin de semana coa disputa da primeira eliminatoria dos 200 m o sábado de maña. Nada mal empezou a competición cunha MMP de 25.17 s e clasificación para a semifinal. A seguinte quenda foi o sábado de tarde, cun tempo de 25.18 s. nesta carreira acadouse o pase a final. Moitas emocions para o sábado e gardaban forzas para esa agardada final do domingo. Leire xa estaba entre as oito mellores de España, dispotou unha gran final, mellorando a sua marca ata os 25.13 s. e posicionándose no 8º lugar . Noraboa para atleta e adestrador.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA CUBERTA

Ourense, 15 de marzo de 2026

      A categoria infantil afrontou o pasado domingo o CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA na meca galega do atletismo indoor. Contamos coa presenza de cinco atletas femininas e un masculino.

     Elodie Graña tivo que conformarse coa medalla de chocolate tras firmar a su mellor marca da tempada nos 60 m.l. Sofia Capelo tamén foi 4ª no triplo salto e 18ª nos 60 m.l (MMP) Noa Pedrido repetiu 4ª posición no concurso de lanzamento de peso e 28ª nos 500 m.l.. Sara Barros foi 15ª na lonxitude e 35ª nos 500 m.l. Mar Fazanes foi 11ª no peso (MMP) e 38ª nos 500 m.l. Brais García acadou o posto 14º nos 1000 m.l. (MMP)



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de marzo de 2026

     Chegados ao mes de marzo arrincamos o coche e xa vai so ata Ourense. Outra fin de semana, parece que a derradeira, temos plan nas pistas de Expourense. As categorias máis novas disputaban o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA. Unha chea de marcas persoais plasmaron o traballo dos adestramentos.



      Javier Novas foi 31º en 50 m.l. (MMP) e 8º en 500 m.l. (MMP) Antón Freire rematou 36º nos 50 m.l. (MMP) Nils Fernández foi 5º nos 500 m.l. (MMP) e 14º no salto de lonxitude. Enzo M. Torres foi 9º nos 500 m.l. (MMP) e 7º no salto de lonxitude (MMP). Marta Novas foi 4ª nos 500 m.l. (MMP) e 33ª nos 50 m.l.(MMP).



 A categoria SUB 12 contotu coa presenza de Laurent Graña 16º nos 60 m.l. con MMP na semifinal e 16º nos 500 m.l.(MMP) Xose González rematou 8º na lonxitude (MMP) e 27º nos 500 m.l.(MMP) Samuel Lorenzo acadou o posto 22º na proba de 1000 m.l. (MMP) Claudia Romero foi 8ª na lonxitude (MMP) e 10ª nos 60 m.l.(MMP) Lena Bermúdez rematou 5ª nos 500 ml. e 14ª nos 60 m.l. con MMP na semifinal. Anxela Caballero acadou o posto 9º na carreira de 1000 m.l. (MMP)


 

CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 20

Ourense, 01 de marzo de 2025

     O noso segundo fogar durante este inicio de tempada deu acollida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 20. Na sección masculina contamos coa presenza de Juan Gallego que rematou 12º na final dos 60 m.l. e acadou unha MMP ao seu currículo rematando 7º na final de 200 m.l.



     Marco Xoán Míguez rematou 8º na proba de 400 m.l. Sara Marcos quedou na quenda das semifinais dos 60 m.l. e sumou o posto 16º no global dos 200 m.l.


     Lucia Gil foi 5ª no triplo salto, 8ª no concurso de lonxitude e non progresou nas semifinais dos 60 m.l. Leire Fonseca centrou a sua participación en progresar nas quendas dos 200 m.l. chegando a final e acadando a medalla de Bronce ademáis dunha MMP de 25.43s.



CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 18

Ourense, 28 de febreiro de 2026

     Dabamos remate ao mes de febreiro nas pistas de Expourense coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 18. Tres amarelos foron os representantes nesta importante cita na cidade das burgas.



     Miguel Fernández foi quen de chegar ata a final dos 60 m.l. rematando nos posto 13º. Esta velocidade que posue levouno o 5º posto no concurso de lonxitude, cunha marca de 5,41 m.



     Roi Rivas chegou ata as quendas da semifinal nos 60 m.l. cunha marca de 8.06s., redondeando a sua participación cun 12º posto no salto de lonxitude. Brais Paz acadou o posto 9º na lonxitude cun mellor salto de 4.97m.



CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 16

Ourense, 22 de febreiro de 2026

 

     Nova peregrinaxe as pistas de Expourense, neste caso acollía o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Que mellor plan para un domingo invernal, fomos testemuña da efervescencia adolescente da categoría CADETE e volvemos para Cangas cunha chea de marcas persoais máis unha medalla de BRONCE.



     Alejandro Fernández foi o artifice do 3º posto no lanzamento de peso acompañado dunha MMP  lanzando a bola ata os 12.67 m. Tamén participou nos 60 m.l.  acadando un crono  de 8.27 s MMP pero que non lle deu pase aseguinte rolda. Daniel Cordeiro foi o outro representante masculino, quen reflexou duas MMP no seu curriculum atlético, 5º no concurso de lonxitude con 5.64 m. e 8ª nos 300 m.l. cun tempo de 41.44  s.



     A sección feminina conformouse coa participación de  Ana Oliveira acadou outra MMP nos 60 ml con 8.57 pero non progresou a final, Foi decima nos 300 m.l. Maria Marcos fixo MMP nos 60 ml con 8.66 e rematou 12ª na lonxitude. Emma Collazo chegou a final dos 300 ml cunha MMP na semifnal rematando 9ª e 11º no concurso de lonxitude. Vera Boubeta pechaba a participación cun 3000 m.l acadando o posto 14º.

 

 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Sabadell, 7 de febreiro de 2026

 

     Primeiro Campionato de España no que contabamos con representación na presente tempada. Ata terras catalás desprazouse Agata Rodríguez para disputar a proba de 60 m.v. Non era doada a misión que tiña por diante. Na tarde do sábado tocaba correr a rolda de clasificación, onde acadou un 5º posto cun tempo de 9.34 s. este tempo non foi abondo para progresar a seguinte rolda.



CAMPIONATO GALEGO SUB 23 PC

Ourense, 25 de xaneiro de 2026

 

    Chegar ata as Pistas de Expourense deixavanos unha bonita paisaxe nevada. O acceso ata a Cidade das Burgas non tivo dificultades na vía, puidendo disfrutar baixo cuberta do CAMPIONATO GALEGO SUB 23. Centraba a nosa atención a proba de 400 m.l. que disputaban Carlos López e Carlos Corredoira. Finalmente ambos melloraban marca en pista curta cunha medalla de bronce para Carlos López e 5º posto para Carlos Corredoira.



TROFEO ABANCA DE PISTA CURTA

Ourense, 21 de decembro de 2025

 

     Parece que a tempada «indoor» vai facendose camiño. Como nos gustan as competicions por equipos e todo o que representan,. Quedou reflexado no TROFEO ABANCA DE PISTA CURTA, celebrado na Pista cuberta de Expourense.



     Ali puidemos degustar os sabores e sinsabores, todo na xusta medida, emoción, drama. suspense, ledicia e un largo ecetera de sentimentos que foron aflorando.  En xornada de tarde discorreu a competición na categoria SUB 14, estreaba a mesma Emma Collazo no concurso de salto de altura, empezaba sumando puntos e unha MMP co 3º posto. Aroa Foglia seguiu a estela cun 3º posto e unha MMP no lanzamento de peso. O consurso de triple salto achegou a primeira victoria individual e outra MMP por parte de Sofia Capelo.



     Nos 60 m.v. Lena Currás amosouse intratable e acadou outra victoria acompañada de MMP. Chegabamos ao ecuador da competición liderando a mesma pero coñecedores de que a proba que tiñamos deserta, o salto de pértega, sumabase a baixa de Noa Pedrido nos 500 m.l. por enfermidade. Estes pequenos contratempos borraron ao equipo dos postos de podio. Elodie Graña sumou un 2º posto e MMP nos 60 m.l., tocaba seguir adiante e non desfalecer. Nora Parcero acadaba o 5º posto nos 1000 m.l. María Marcos rematou 3ª no concurso de salto de lonxitude.  Vera Boubeta concluia 7ª nos 2000 m.l. e pechaba as probas individuáis.



     Quedaban as remudas de 4 X 200 m. e con esta proba ianse definir os postos do podio. Por esta orde Elodie, Lena, María i Emma correron as remudas. O resultado foi o mellor posible, gañaron, pero fixerono de   maneira épica. Na mesma liña de meta decidiuse a victoria e gracias a suma dos puntos acadaron o 3º posto final por equipos. Melloraron tamén a marca Galega polo que son as novas plusmarquistas na distancia. Uns merecidos PARABENS para o equipo e adestradores.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Salamanca, 8 e 9 de marzo de 2025

 

     Importante representación de amarel@s no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20. O coche de Ramilo viaxou cargado con tres atletas e todo o necesario para encarar un heptathlon. Para Salamanca marcharon o venres e nesa cidade estreabase Diego Martínez nun Nacional de combinadas, tamén estreamos equipación (xa veredes que fotos máis chulas). A compañia eran Gema Dacosta, que concursaba no lanzamento de peso e Mauro Vázquez, quen lideraba a velocidade en Galicia. Coas sete probas das combinadas máis as probas clasificatorias a saude do adestrador viuse resentida, neste caso o fin xustifica os medios. Este foi o paso de Diego polo heptathlon, non foi a súa mellor puntuación, pero si unha competición épica onde tivo que loitar cunha contractura na perna e sacou adiante as sete probas. Non imos decir o que puido ser de non estar mancado, agardamos que poida dicilo na pista en vindeiras probas. Sendo obxectivos houbo melloras en varias marcas persoais, agora toca descansar e recuperar ben.




     Gema Dacosta colouse na final do lanzamento de peso accedendo aos postos de mellora, as marcas foron discretas pero finalmente arañou un magnifico 7º posto.



     Mauro Vazquez melloraba a marca para ir pasando as semifinais do 60 m.l., por duas veces correu en 6.89. Gracias a iso colouse na final, e vaia final, o primeiro rebaixou o record de España e Mauro mellorou o RECORD GALEGO Sub 20. Rematou 6º  cun tempo de 6.82s.



   Poideramos tirar de superstición e dicir que as equipacións novas lle deron sorte, pero somos realistas e sabemos todo o traballo que hai detrás.



  Para rematar pensamos que non lle deu moito tempo de facer turismo por Salamanca…habera que volver.