Parecia unha coincidencia pero o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE colleu a Calvar en O Barco. Meteuse un bo madrugón e despois dunha maña intensa con dous equipos competindo quedaba por diante unha tarde para os INFANTIS de maneira individual. Comezamos por Roi Rivas que foi 4º nos 80 m.l., 5º en 150 m.l. e 4º nos relevos. Miguel Fernández foi CAMPION GALEGO de Xavelina, 7º en 150 m.l e 4º nos relevos. Saul Santos ademáis de 4º nos relevos foi 14º en 150 m.l. Pechou a participación masculina Marcos Rial que axudou no relevo para cadar o 4º posto e foi 5º nos 2000 m.l.
Nas mulleres destacar o CAMPIONATO GALEGO acadado por Ana Oliveira en Xavelina, sendo ademáis 12ª en 150 m.l. e 5ª en relevos. Antia Soto foi 5ª en 150 m.l., 8ª en lonxitude e 5ª en relevos. Nahia Pintos acadou o 5º posto en marcha, 15ª en xavelina e 5ª en relevos. Aitana Broullón foi participe do 5º posto nos relevos.