CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2023

 

     As pistas da Universidade de Santiago acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AO AIRE LIBRE. Unha nutrida representación de amarel@s acudiu a esta importante cita.  A sección masculina contou coa presenza de Sergio Valladares, quen pouco a pouco estase facendo un oco nos 400 m.l..Nesta ocasión correu na final B e cunha marca de 52,16 ocupou o 10º posto. Diego Martínez foi 5º no concurso de altura e foi 6º na pértega. Neste último concurso tamén participou Dani Calvar, quen con 3,40 ocupou o 7º posto. O remate da participación masculina foi un máis que notable relevo 4X100, composto polos tres reseñados anteriormente máis Carlos López que finalizaron o mesmo nun tempo de 46,19 acadando o 4º posto.



      No apartado feminino contabamos coa participación de Saray Amoedo e Ariadna Gil na final do concurso de triplo. Finalmente foron 5ª e 8ª respectivamente coa victoria de Ariadna Gil na categoría SUB 23. Gemma Dacosta acadou o 5º posto na final de lanzamento de peso e repetiu posto na final do lanzamento de disco. Rematau a xornada coa remuda feminina composta por Ariadna Gil, Ana Cordeiro, Uxia SánchezLucia Gil, que foron 5ª no relevo 4X100.


Deja una respuesta