O Estadio de Balaidos acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS, Tiñamos presenza nas categorías SUB 16 e SUB 18, sendo a máis madrugadora Leire Fernández que participou no lanzamento de xavelina SUB 16, rematando en 6ª posición con 21,37 m. Xa pola tarde competiron na categoria SUB 18 para lanzar disco, acadando ambos a victoria, Diego Martínez achegou o disco ata os 36,34 m. e Gema Dacosta lanzou ata 31,55 m.