CAMPIONATO GALEGO LANZAMENTOS LONGOS SUB 18 E SUB 20.

Vigo, 10 de febreiro de 2024

 

     As pistas de atletismo de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO LANZAMENTOS LONGOS SUB 18 E SUB 20. Tiñamos unha representante na Categoría SUB 18 que participou no concurso de lanzamento de disco, acadando co artefacto os 34,47 m. Esta marca supuso o primeiro posto e outorgaballe o titulo de CAMPIOA GALEGA a Gema Dacosta.

     Na categoria SUB 20 competiu Diego Martínez, rematando 5º no lanzamento de xavelina e SUBCAMPION GALEGO no disco cun lanzamento de 38,68 m.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Vigo, 04 de marzo de 2023

     O Estadio de Balaidos acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS, Tiñamos presenza nas categorías SUB 16 e SUB 18,  sendo a máis madrugadora Leire Fernández que participou no lanzamento de xavelina SUB 16, rematando en 6ª posición con 21,37 m. Xa pola tarde competiron na categoria SUB 18 para lanzar disco, acadando ambos a victoria, Diego Martínez achegou o disco ata os 36,34 m. e Gema Dacosta lanzou ata 31,55 m.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS SUB 16 E SUB 18

Pontevedra, 13 de marzo de 2022

 

        O domíngo celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS PARA MENORES. Tivemos representación de dous atletas en duas categorías SUB 16 e Sub 18. Competidores versátiles que amosaron que no lanzamento de disco están entre os mellores de Galicia.



     Gema Dacosta proclamouse Campioa Galega de lanzamento de disco na categoria SUB 16. Achegou o artefacto ata os 33,04 metros.



     Diego Martínez quedou Subcampión Galego no concurso de lanzamento de disco da categoría Sub 18, mandou o disco de 1,5 kg ata os 31,31 metros.


CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18

Vilagarcia, 09 de febreiro de 2020

     As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.



    Estreaba categoria SUB 18 Aaron Otero cun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Pontevedra, 16 de febreiro de 2019

 

   As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron este pasado sábado o CAMPIONATO DE LANZAMENTOS LONGOS para as categorias SUB 16/18/20. A xornada foi moi productiva, salientar o 1ª posto que acadou Aaron Otero en lanzamento de martelo da categoria SUB 16. A marca, 45’25 mts. supon mínima para o Campionato de España máis pasa a liderar o ranking galego. No lanzamento de disco Erea Bastón foi 4ª, cun rexistro de 22’13. Na categoría SUB 18, obtiveronse duas medallas de BRONCE. Valería Rodriguez e Manuel Otero  acadaron esta premiación no lanzamento de martelo.



 

CAMPIONATO ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA POR FEDERACIONS

 

     Disputouse en Castellón, esta pasada fin de semana, o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS. Na categoría SUB 20 participaba Manel Iglesias. Non tiña claro que puidera entrar ata a última semana pero non lle quitaron as gañas. Amosou no Campionato que estar entre os mellores de España non foi casualidade. Excelente concurso de lanzamento de xavelina, onde de maneira moi regular superou os 50 mts. A marca final foi de 53.10, acadando un meritorio 4º posto. Agora mesmo esta situado no cuarto posto do ranking nacional con esta marca, que ademáis supon mínima para o Campionato de España SUB 20 ao Aire libre. Desexamolle unha longa e fructifera estadía na élite, NORABOA.

     A localidade de Burjassot  acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB 16 participou Ana Piñeiro. Disputou a proba de 5kms. e rematou 9ª na xeral. Para o equipo ese posto computou coma 7º e aportou uns valiosos puntos que alzaron a Galicia ata a medalla de BRONCE por equipos. Repite posto o combinado galego, o cal sumado a medalla de ouro da categoría SUB-20, afianza o valor da marcha galega a nivel nacional.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS

Pontevedra, 11 de febreiro de 2017

 

     Celebrouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS LONGOS. O programa de probas ocuparía toda a xornada do sábado. Pola mañá competiron Valeria Rodríguez, en martelo, acadando o 6º posto cun lanzamento de 32,03 mts. No concurso de lanzamento de disco participaba outra cadete, Ainoa Santos, rematando subcampioa galega da especialidade. Mandou o disco ata os 29,61 mts.



     A xornada de tarde deparou para Manel Iglesias unha marca de 50,31 mts no lanzamento de xavelina. Preto dos 50,50 que supoñen a mínima para o Cto. de España. Con este lanzamento lidera o ranking galego e proclamouse Campión Galego Xuvenil de lanzamento de xavelina.



 RESULTADOS