O último domingo de novembro foi a data elexida para celebrar o L TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- MEMORIAL PEPE CORDEIRO. Despois do traballo que da organizar unha proba que congregou a 500 participantes agradecese que o tempo nos agasalle cun día solleiro e seco. Non estivo mal para un mes que choveu sobre mollado.
Parece que a proba precisaba de un pequeno empurron e desa necesidade decidiuse cambiar o percorrido da popular acortando as voltas para deixalas en tres. Tamén se ampliou a cronometraxe as categorias menores, salvo mini e pitufos.
No caso d@s amarel@s de seguido detallamos a sua atuación, comezando polas mulleres SUB 10, carreira que venceu Anxela Caballero, acompañada pola compañeira Elva Cordeiro na 8ª posición. Os homes que acadaron podio foron Laurent Graña 2º e Samuel Lorenzo 3º, seguidos de preto por Nils Fernández 5º e Enzo M. Torres7º.
Na carreira feminina SUB 12 Mar Fazanes foi 10ª, Lena Bermúdez11ª, Sara Barros16ª, Claudia Romero 22ª i Emma Salgado 24ª. Nos homes correron Xosé González 4º e Pedro Juncal7º.
A proba Sub 14 feminina estivo liderada de principio a fin por Emma Collazo seguida de Noa Pedrido 9ª, Vera Boubeta 11ª, Sofia Capelo 12ª, Noa Caamaño 16ª e Ainhoa Costas 17ª.
Dani Cordeiro venceu na proba masculina, acompañado por Brais Garcia 6º e Arthur Brasileiro 7º. Na carreira SUB 16 Ana Oliveira acadou a victoria e Gabriel Fazanes rematou 11º nos homes. Moita participación, en xeral, nas categorias escolares sendo as máis numerosas canto máis pequen@s.
Non tivemos queixa da participación no 6K, boa acollida a un percorrido que reduce as voltas polo circuito urbano, finalmente na carreira absoluta venceu Carlos Porto e Manuela Montes, non podemos pechar esta crónica sen agradecer ao comercio local e ao Concello de Cangas o apoio a esta carreira. A por outros cincuenta anos, graciñas¡¡¡