Archivo de la categoría: Tempadas
2014/15
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 11 de marzo de 2023
Penúltima visita a Pista Cuberta de Expourense para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Moi concorrida estivo a proba dos 1000 m.l. para os homes, onde se correron tres series, participando dous amarelos con Hugo Collazo acadando o posto 12º e Diego Garcia o 19º. Boas marcas en xeral e para eles dous en concreto. Brais Pintos fixo un concurso de salto de altura reseñable acadando o 7º posto na final. Tamén mellorou a su marca no triplo Unai Ferral rematando 12º.
Helena Bello proclamouse CAMPIOA GALEGA de salto de pértega e non progresou a final dos 60 m.l. pese a vencer a sua serie cun tempo de 8,52 s. Ana Cordeiro tamén liderou a serie de 60 m.l. na que participou, neste caso o tempo de 8,60 s. non foi suficiente para entrar na final. Noa Quinteiro pechou a participación amarela cun 7º posto na final do concurso de lanzamento de peso.
CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS
Vigo, 04 de marzo de 2023
O Estadio de Balaidos acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS, Tiñamos presenza nas categorías SUB 16 e SUB 18, sendo a máis madrugadora Leire Fernández que participou no lanzamento de xavelina SUB 16, rematando en 6ª posición con 21,37 m. Xa pola tarde competiron na categoria SUB 18 para lanzar disco, acadando ambos a victoria, Diego Martínez achegou o disco ata os 36,34 m. e Gema Dacosta lanzou ata 31,55 m.
CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE
A Pobra do Caramiñal, 4 de marzo de 2023
Pechábase o circulo do Campo a Través do programa XOGADE co CAMPIONATO GALEGO que tivo lugar na contorna da Praia de Cabio. Ata a localidade coruñesa achegáronse dous equipos de amarel@s da categoría ALEVIN e dous atletas que de maneira individual correrían na categoría INFANTIL e CADETE.
O percorrido, con varias zonas de area, foi facenllo mella n@s participantes ata definir os postos de entrada en meta. A carreira feminina ALEVIN proclamou CAMPIOA GALEGA a Lena Curras, seguida por Emma Collazo 10ª, Alba Álvarez, 44ª, Nora Parcero , 49ª, Vera Boubeta, 56ª e Carla Salgado ,58ª. Os 104 puntos sumados polo equipo deronlle o SUBCAMPIONATO GALEGO.
Os homes da mesma categoria non quiseron ser menos e tamén acadaron o SUBCAMPIONATO por equipos coa suma dos puntos aportados por Ángel Refojos, 4º, Daniel Cordeiro, 9º, Brais Garcia, 45º, Anxo Currás, 58º, e Alejandro Fernández,74º. Nas participacions individuais Miguel Fernández rematou 23º na carreira de INFANTIL e Hugo Collazo entrou no posto 20º na proba CADETE. Parabens pola fabulosa actuación que poñen en valor o traballo de atletas e adestradores.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS
Cieza, 26 de febreiro de 2023
Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos. Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.
CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 26 de febreiro de 2023
Para darlle remate ao mes de febreiro chegaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A Pista Cuberta de Expourense permaneceu ocupada pola maña para o adestramento do equipo de relevos 4 X 400 do equipo nacional. Xa de tarde nos quedou un horario moi complicado para facer cadrar as comidas antes ou despois das probas a disputar. O primeiro en sufrir estas impertinencias foi Ibrahim Aga que correu os 60 m.l. cun 7º posto na sua semifinal e nun par de horas disputaria outra semifinal de 200 m.l. rematando 5º sen progreso a final. Lucia Gil disputou tamén dous concursos, nutrindose algo entremedias, rematando preto do podio cun 4º posto na lonxitude e un 5º posto no triplo, Carmen Fraga calcou estas probas cun 7º posto na lonxitude e un 9º no triplo.
Diego Martínez obtivo a primeira premiación da tarde cun BRONCE na lonxitude, completando a competición cunha victoria no salto de altura. Raúl Rial tras 15 voltas a pista rematou 10º nos 3000 m.l..
Os valados achegaron para Agata Rodríguez unha MMP e tamén o SUBCAMPIONATO GALEGO, cun tempo de 9,22 nos 60 m.v. Na mesma clasificatoria quedouse Noa Piñeiro, sendo 4ª na sua semifinal. Marta Camaño completou unha xornada de catro carreiras, duas de 60 m.l. e outras duas de 200 m.l., na proba corta mellorou marca e foi 6ª na final. Nos 200 m.l. proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.
Iris Malvido participou na final do concurso de pértega, acadando o 7º posto e tamén correu os 800 m.l. finalizando 8ª. Nesta distancia tamén participaron, en mulleres, Nerea Malvido, 11º e Sara Nerga, 14ª. En homes Carlos López foi 10º seguido de Sergio Valladares 11º.
No concurso de lanzamento de peso Gemma Dacosta foi CAMPIOA GALEGA achegando a bola aos 12,71 m.
Na proba de 400 m.l. masculino participou Carlos Corredoira, 8º e Uxia Sánchez 9ª, Naia Casas 19ª no feminino. En xeral unha notable participación do grupo xuvenil que vai ter continuidade coa participación de Agata e Gemma no Campionato de España de Pista Cuberta.
CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS XOGADE
Vigo, 12 de febreiro de 2023
O parque de Castrelos foi o esceario do CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS do programa XOGADE. Para Vigo marchamos, topando un día seco e fresco que estaba acorde ao circuito, para correr e amosar o adestrado neste incomparable marco. As categorías benxamins finalizaban o seu periplo con este Campionato ao non ter posibilidade de disputar o Galego. Ambos equipos acadaron a medalla de BRONCE, destacando Lucia Cancelas coma Campioa Provincial e Adrian Calvar coma Subcampión, excelente maneira de pechar a tempada de Cross.
BENXAMIN MULLERES (BRONCE 129 puntos)
- LUCIA CANCELAS, 1ª
- SOFIA CORRALES, 18ª
- MAR FAZANES, 54ª
- EMMA SALGADO, 56ª
BENXAMIN HOMES (BRONCE 136 puntos)
- ADRIAN CALVAR, 2º
- ALEX CARBALLO, 30º
- HUGO LORENZO, 36 º
- BREIXO GONZALEZ, 68º
- XOSE GONZALEZ, 88º
A categoria alevin acadou un obxetivo, nada sinxelo, clasificou aos dous equipos para o Campionato Galego. As mulleres foron Campioas Provinciais e os homes Subcampions, da mesma forma Lena Curras acadou a victoria e Angel Refojos entrou segundo na meta. Ainda van dar moito que escribir.
ALEVIN MULLERES (CAMPIOAS 42 puntos)
- LENA CURRAS, 1ª
- EMMA COLLAZO, 2ª
- ALBA ALVAREZ, 19ª
- NORA PARCERO,20ª
- CARLA SALGADO, 36ª
- VERA BOUBETA, 43ª
- ELODIE GRAÑA, 52ª
- VIOLETA BASCONCELLO, 66ª
- ISIS MARTINEZ, 84ª
- VALERIA SUEIRO, 85ª
ALEVIN HOMES (SUBCAMPIONS 83 puntos)
- ANGEL REFOJOS, 2º
- DANIEL CORDEIRO, 5º
- BRAIS GARCIA, 29º
- SAMUEL CORRALES, 47º
- ANXO CURRAS, 57º
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 76º
- ERIC SANTOS, 77º
Na categoría infantil as mulleres competiron individualmente ao non acadar o número mínimo para formar equipo, na sección masculina conseguiron a medalla de BRONCE por equipos e progresan ao Galego de forma individual Miguel Fernández e Marcos Rial.
INFANTIL MULLERES
- NOA LORENZO, 72ª
- NAHIA PINTOS, 84ª
- LEIRE FUENTES,91ª
INFANTIL HOMES (BRONCE 58 puntos)
- MIGUEL FERNANDEZ, 6º
- MARCOS RIAL, 9º
- SAUL SANTOS, 21º
- GABRIEL FAZANES, 22º
- ROI RIVAS, 57º
Os cadetes sumaron 59 puntos que os auparon ao 5º posto por equipo, sendo Hugo Collazo o representante no Galego.
CADETE HOMES (5º 59 puntos)
- HUGO COLLAZO, 6º
- BRAIS PINTOS, 25º
- DIEGO GARCIA, 28º
PRESENTACION TEMPADA 2023
Cangas, 11 de febreiro de 2023
Foi todo un reto topar unha data para facer a PRESENTACION DA TEMPADA 2023. Voltabamos, por sorte, as vellas costumes de invitar e facer as presentacións no Salon de Plenos do Concello de Cangas. O segundo sábado do mes de febreiro era o día previsto, finalmente foi así. A partir das 17 horas o amarelo foi predominando polos arredores do Concello, había gañas de retomar os protocolos pre-pandemia, ademáis de facer un día fabuloso para xuntarse.
Sobre as 17:30 deu comezo un acto que contou coa presenza do Deputado Provincial de Deportes, Delegado de Deportes da Xunta, Concelleiro de Deportes do Concello e representantes políticos dos diferentes partidos no Concello de Cangas. Pola parte atlética contamos coa compañía de Raquel Villa, atleta amarela polos catro costados. Non podiamos ter elexido mellor a unha deportista que narrase en primeira persoa o que representa a familia do Vila de Cangas.
Chegado o momento sacamos as tradicionais fotos, primeiro de toda a famlia no exterior do Concello e seguidamente as instantáneas dos equipos por categorias, xa no Salón de Plenos e cos aplausos arroupando. Todas e cada unha das presentacions teñen algo que as fai especiais, esta será recordada pola volta a socializar, polos bos momentos que se poden ter ao redor dunha comida.
Os pinchos deron remate ao acto, había que coller forzas para o domingo, o parque de Castrelos agardaba aos atletas no Campionato Provincial Xogade de Cross.
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
Ames, 5 de febreiro de 2023
O primeiro domingo de febreiro a localidade coruñesa de Ames acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Foron participes desta cita Sofia Corrales que disputou na categoria SUB 10, sobre un percorrido de un kilometro, acadando finalmente o 5º posto cun tempo de 6 minutos 54 seguntos. Diego Garcia voltou a Cangas co titulo de CAMPION GALEGO da categoria SUB 16, tras rematar os cinco kilometros nun tempo de 32 minutos e 01 segundos.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA
Antequera, 4 de febreiro de 2023
Debe estar conectado para enviar un comentario.