AS CADETES DO VILA DE CANGAS CAMPIONAS!!!
Esta foi a sensación que tivemos ata onte pola noite, cando a federación confirmou que por un erro da súa parte (sumaron dúas veces a proba de lonxitude) e por empate en puntos, quedamos SEGUNDAS por ter 6 primeiros postos e o Lucus 7.
Disfrutamos dous días sendo campionas, e agora coa vista posta no próximo campionato, a previa do campionato de España, temos que loitar por mellorar e por intentar dar un pouquiño máis. Entre todas podemos. FELICIDADES CAMPIONAS!!!
O sábado 10 fomos ata Lugo onde competíamos con dous equipos, o de mulleres cadete e o de homes xunior, o cal completamos con dous rapaces do Suárez Marquier, os nosos filiais.
Aínda que facer estes campeonatos despois das vacacións, non é a mellor idea, xa que todos están un pouco baixos de forma e as marcas obtidas no son as dexesadas…houbo momentos inolvidables alguns dos cales foron:
Na primeira proba , a de marcha, un pequeno malentendido fixo que as cadetes deran voltas de máis. Pero non houbo problemas para que se clasificaran como entraron nos 3 km polo que Mar proclamouse campiona da proba
Juanma fixo unha boa carreira nos 110 m valados, ía primeiro ata que na última valla foi ao chan, pero tras levantarse rematou terceiro.
As lanzadoras Antía, Raquel e Talía lograron a victoria nas súas probas levándolles moita diferencia as súas rivais. Noelia consegueu superar o medo a lesionarse e estrenouse no salto con pértega, logrando ser a segunda clasificada
Ana B. sorprendeu a todos nos 1500m obstáculos, e a primeira sorprendida foi ela mesma, xa que non ía moi segura de obter un bo posto. Durante a carreira foi subindo postos. Ía relevándose con outra rapaza no liderazgo da proba, ata que na última volta ía soa. Pasou o último obstáculo sendo a primeira, cunha diferencia duns poucos metros e sen aumentar o ritmo da carreira. Isto aproveitouno unha rapaza do Cuntis, xa que consigueu atrapala casi na meta, polo que Ana quedou segunda por un segundo de diferencia .
Os relevos foron moi emocionantes e sen comparalos, tal vez o que levantou máis expectativa foi o 4×400 m.l. dos rapaces. Antón, Angel, Tomás e Simón sorprenderon a máis de un, que non pensaban que foran a aguantar e a correr tanto. Finalmente quedaron cuartos
Resultados
CADETES FEMENINOS: Subcampionas galegas
1º Clasifiadas: Alexia Vidal – Lonxitude __Antía Román – Xavalina__Mar Chillón – 3 km marcha__Raquel Villa – Peso__Sara Villar – 100m vallas__ Talía García – Disco
2ª Clasificadas: Alexia Vidal – Altura__Ana Bermudez – 1500m Obstaculos__Noelia Cousiño – Pértega__Sara Villar – 300 m vallas
3ª Clasificada: Julia Alonso – 1000m.l.
4ª Clasificadas: Ana Antepazo – 300 m.l.__Estela Costas – 100 m.l.__Eva Otero – Triple__Johana Villar – Martelo__Patricia Abal – 600 m.l.
5ª Clasificada: Esmeralda Corredoira – 3000 m.l.
Relevos: 4×100 (Antía – Carla – Estela – Sara) – 2ª clasificadas__4x300 (Alexia – Ana A. – Julia – Patri) – 3ª clasificadas
XUVENILES MASCULINOS: Cuartos clasificados
1º Clasificados: Iván Rodriguez – Lonxitude__Jonathan Correa – Xavalina
2º Clasificados: Iván Rodriguez – 200m.l.__Jonathan Correa – Disco__Simón Acuña – Peso
3º Clasificados: Angel Menduiña – 5 km marcha__Juanma Novo – 110 m. vallas__Juanma Novo – Pértega
4º Clasificados: Angel Menduiña – Altura__Antón Menduiña – 400 m. vallas__Tinín Maquieira – 100 m.l. e 400 m.l.
5º Clasificados: Antón Menduiña – 800 m.l.__Simón Acuña – Martelo__Tomás Ocaña – 3000 m.l.
Relevos: 4×100 m.l.: 3º clasificados__4x400 m.l. (Antón-Angel-Tomás- Simón): 4º clasificados
Debe estar conectado para enviar un comentario.