Marín, 26 de setembro de 2015
O remate do mes de setembro achegounos unha tarde de sábado, baixo a neboa, a localidade de Marín. O mellor do medio fondo galego tiña unha cita coa MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARIN, máis tamén se pensou nas categorias menores que dispuseron dun percorrido de 1000 metros, dende cadete ata benxamin. Nas categorías federadas os gañadores foron Victor Riobo e Solange Pereira, pouco máis que engadir con este nivel.
Por parte das categorías menores si que tivemos representación, en benxamíns remataron o Km, Lara Iglesias en 3º posto, Sara Nerga 4ª e Gema Dacosta 6ª. Nos nenos Diego Martínez foi 5º e Angel Graña 8º. Na categoría alevin estivemos representados por Sara Mallo, que rematou 7ª.
Por último na categoría infantil participaron Aaron Domínguez, 4º e Sabela López 12ª.
RESULTADOS
Pouco a pouco imos a reencontrarnos coa competición, xa falta nada para o remate da tempada. Pero tamén queda menos para comenzar a seguinte.
Debe estar conectado para enviar un comentario.