CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 11 de marzo de 2023

 

    Penúltima visita a Pista Cuberta de Expourense para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Moi concorrida estivo a proba dos 1000 m.l. para os homes, onde se correron tres series, participando dous amarelos con Hugo Collazo acadando o posto 12º e Diego Garcia o 19º.  Boas marcas en xeral e para eles dous en concreto. Brais Pintos fixo un concurso de salto de altura reseñable acadando o 7º posto na final. Tamén mellorou a su marca no triplo Unai Ferral rematando 12º.



     Helena Bello proclamouse CAMPIOA GALEGA de salto de pértega e non progresou a final dos 60 m.l. pese a vencer a sua serie cun tempo de 8,52 s. Ana Cordeiro tamén liderou a serie de 60 m.l. na que participou, neste caso o tempo de 8,60 s. non foi suficiente para entrar na final. Noa Quinteiro pechou a participación amarela cun 7º posto na final do concurso de lanzamento de peso.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 04 de febreiro de 2023

     Chegaba o punto máis álxido da pista cuberta para as categorias menores co CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA. O esceario non podia ser outro ca pista cuberta de Expourense, na xornada de maña contaría coa presenza das categorias SUB 10 e SUB 12. Probas moi competidas por parte dos benxamins que tiveron premio na medalla de BRONCE acadada por Luca Cao. Na categoría alevin destacar os dobletes conseguidos por Angel Refojos, vencedor na velocidade e subcampión nos 1000 m.l. ademáis de Lena Currás que rematou primeira nos 1000 m.l. e subcampioa na lonxitude. Sabela Miranda venceu no lanzamento de peso i Emma Collazo rematou segunda nos 500 m.l.



SUB 10

  • HUGO LORENZO, 10º 500 m.l.
  • ALEX CARBALLO,  8º 50 m.l. e 4º 500 m.l.
  • LUCA CAO, 3º peso
  • EMMA SALGADO, 8ª lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 13ª 1000 m.l.
  • LUCIA CANCELAS, 10ª 50 m.l. e 5ª 500 m.l.
  • DANIELA NOGUEIRA, 8ª peso
  • MAR FAZANES, 10ª peso


SUB 12

  • ANGEL REFOJOS, 1º 60 m.l. e 2º 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 17º 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 500 m.l. e 7º lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 4º peso
  • CARLA SALGADO, 13ª 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 21ª 1000 m.l. 
  • EMMA COLLAZO, 2ª 500 m.l. e 5ª  lonxitude
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e 2ª lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 16ª1000 m.l.
  • SABELA MIRANDA, 1ª peso 


     Pola tarde foi o turno da categoría infantil coa presenza de catro atletas que acadaron os seguintes resultados:

SUB 14

  • SAUL SANTOS, 9º  500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 7º 1000 m.l. 
  • MIGUEL FERNANDEZ, 10º 2000 m.l. e 10º lonxitude
  • ANTIA SOTO, 5ª 60 m.l. e  5ª triple salto