A Coruña, 27 de maio de 2023
As pistas da Universidade de Elviña foron durante esta fin de semana o epicentro do atletismo galego. O sábado tiña lugar alí a primeira xornada das combinadas e o CAMPIONATO GALEGO SUB 18. Xa desde primeira hora da maña comezaba a actividade, Gema Dacosta acadaba o primeiro posto no concurso do lanzamento de peso, de tarde participou no lanzamento de disco e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO. Raul Rial completou os 3000 m.l. cun tempo de 10:05 que lle outorgaban o 8º posto na final.
Manuel Lemos chegaba mancado nun xeonllo e disputou a final de lanzamento de xavelina, conseguindo o 10º posto, na final de pértega non puido participar pola lesión. Noa Piñeiro loitou na proba de 400 metros valados entrando na meta no 7º posto. Lucia Gil acadou o 6º posto no concurso de lonxitude e pola tarde no triplo repetiu posto na final. Ibrahim Aga non progresou a final dos 100 m.l. co tempo de 13:04 s que obtivo na semifinal.
Iris Malvido foi 6ª na final de xavelina e 5ª na de pértega, a su irmá Nerea Malvido rematou 6ª na carreira de 1500 m.l. Agata Rodríguez daba comezo a xornada de tarde cunha magnifica semifinal dos 100 m. valos na que progresou a final que vencería con autoridade proclamandose CAMPIOA GALEGA. Tamén pasou a final de 200 m.l. Carlos Corredoira, acadando un 5º posto na mesma. Uxia Sánchez non puido pasar da semifinal na proba feminina, cousa que si acadou Marta Camaño, rematando 5ª na final.
Carlos López foi 8º na carreira de 800 m.l. e Sara Nerga 14ª na proba feminina. Sergio Valladares rondou o podio nos 400 m.l. e levou a medalla de chocolate, na proba feminina Naia Casas finalizou no posto 19º.
As remudas de 4X100 daban remate a esta longa xornada.O equipo masculino composto por Ibrahim Aga, Carlos López, Carlos Corredoira e Sergio Valladares rematou no 4º lugar e loitando ata o último metro pola medalla de bronce. No caso das mulleres gañaron a medalla de bronce nos últimos metros gracias as carreiras de Marta Camaño, Lucia Gil, Uxia Sánchez e Agata Rodríguez.