Archivo de la categoría: 2016-17
VOLTAMOS A ADESTRAR
Este luns 11 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS. A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata cadete) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2011) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas. Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores.
Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.
ACTOS FIN DE TEMPADA
O vindeiro sábado dia 05 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no mesmo lugar as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Memoria dos resultados da tempada 2016/17.
-
– Lectura e aprobación do estado de contas.
-
– Ampliación Xunta Directiva.
-
– Rogos e preguntas.
Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 15 de xullo de 2017
Agora si, xa demos remate a tempada. Un sábado moi caluroso, na localidade de Pontevedra, acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE . O primeiro en saltar a pista foi o xuvenil David Lorenzo, quen acadou a medalla de bronce nos 400 m.v. máis outro bronce no concurso de pértega. O seu compañeiro de categoria Daniel Calvar progresou a final dos 100 m.l. e na mesma acadou o 8º posto.
Raquel Villa comezou a súa andaina no Campionato cun 5º posto no lanzamento de disco, logo no concurso de peso proclamouse Subcampiona Galega. Saray Amoedo rematou 3ª no concurso de triple salto.
Paula Martínez pechou a participación d@s amarel@s no Campionato, participou na final B dos 100 m.l. e acadou o posto 10º. Agora teñen unhas merecidas vacacions, que iso tamén forma parte do adestramento.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE
Chega o remate da presente tempada coa disputa do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Será o sábado 15 de xullo no CGTD de Pontevedra. Achegamos información de interese para o seguimento das probas. Moita sorte @s amarel@s.
CÁMARA DE CHAMADAS
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE
PAULA VIAXA A GRANOLLERS
A localidade de Granollers vai acoller, os días 8 e 9 de xullo, o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE. A atleta junior Paula Martínez acadou marca para participar nas probas de 100 m.l. e 100 m.v. Con esta participación completa unha tempada notable, na que tamén conseguira mínima para o Nacional de Pista Cuberta. Agora só nos queda desexarlle unha BOA VIAXE.
INSCRITOS
CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE
Torrent, 01 de xullo de 2017
A nosa promesa máis prometedora viaxou a Torrent co gallo do CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Non quiso faltar e acadaou a mínima «in extremis». O sabado 1 de xullo, Raquel Villa disputou a final do lanzamento de peso, na mesma acadou o pase a mellora e rematou en 7º posto cun mellor lanzamento de 12.18 m.
CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE
Murcia, 01 e 02-xullo-2017
Debe estar conectado para enviar un comentario.