Pamplona, 8 e 9 de outubro de 2022
Tiñamos moita confianza na aportación amarela ao combinado Galego feminino Sub 16. Foron seleccionadas tres amarelas para disputar en Pamplona o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS DE PISTA SUB 16 EN IDADE ESCOLAR. Cun nome tan longo a cousa era seria, estaba a «crema» d@s atletas nacionais representando as suas respetivas federacions autonómicas. Os criterios eran claros Gema Dacosta iba coma mellor lanzadora de peso, Helena Bello coma mellor saltadora de pertega e Marta Camaño coma mellor velocista conformando o equipo de relevos.
O saldo do equipo foi un SEXTO posto que estivo sempre preto do podio, de feito finalmente quedaron a escasos puntos da medalla de bronce. No tocante as actuacions individuais foron moi salientables. Gema Dacosta foi segunda no peso e Marta Camaño tamén subcampioa nos relevos 4X100, sendas medallas de plata trouxeron para o recordo. Helena Bello acadou o noveno posto na pertega e sumou uns importantes 10 puntos para o equipo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.