CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 28 de maio de 2023

 

    O domingo as pistas de Elviña seguían copando o interese coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Tiñan @s cadetes gañas de amosar a sua progresión na competición suprema a nivel autonómico.


    Diego García estreaba a participación amarela da mellor maneira proclamandose CAMPION GALEGO de 5000 m. marcha. Hugo Collazo foi BRONCE nos 3000 m.l. Brais Pintos acadou o 10 º posto no concurso de salto de altura e rematou 22º na proba dos 1000 m.l. A sección masculina estivo representada por Diego García, Hugo Collazo, Brais Pintos e Unai Ferral nas remudas de 4X100 m. acadando un magnifico 4º lugar.



    A representación feminina estivo repartida entre os concursos de lanzamento de peso e martelo, onde Noa Quinteiro foi 7ª e 10ª respectivamente. No lanzamento de xavelina pelexou Leire Fernández ata rematar 5ª na final. Da mán de Ana Cordeiro chegou unha medalla de BRONCE nos 300 m.l., onde a sua compañeira Antia Baqueiro foi 13ª, completaría Ana un sensacional pase a final dos 100 m.l. para rematar 8ª na proba.



Deja una respuesta