CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Pereiro de Aguiar, 25 de xuño de 2023

     As pistas Josefina Salgado deron acollida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. O programa de probas estaba pensado para o desenrolo en xornada de maña e así foi, con probas para competir de maneira individual máis unha última de relevo para dar remate ao Campionato, Na categoría BENXAMIN tivo premiación a actuación de Adrián Calvar, sendo CAMPION en 1000 m.l. e SUBCAMPIÓN en lanzamento de pelota. Nos relevos 4X50 as mulleres foron 6ª e os homes quedaron preto do podio cun 4º posto.



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 11ª Lonxitude e 6ª relevos
  • MAR FAZANES,  4ª Peso e 6ª relevos
  • CLAUDIA ROMERO,16ª 50 m.l., 10ª 500 m.l. e 6ª relevos
  • SOFIA CORRALES,7ª Marcha e 6ª relevos

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR,  1º1000 m.l. 2º Pelota e  4º relevos
  • HUGO LORENZO,  4º relevos 
  • ALEX CARBALLO, 5º 50 m.l. ,7º  Lonxitude e 4º  relevos 
  • XOSE GONZALEZ,  4º relevos


     Foi a categoría ALEVIN a que aportou máis premiacions ao computo global. Lena Curras foi CAMPIOA en lanzamento de pelota e SUBCAMPIOA en 1000 m.l., Emma Collazo sumou outra victoria nos 500 m.l., Carla Salgado acadou o SUBCAMPIONATO de lanzamento de pelota. No relevo 4X60 participaron as tres reseñadas máis María Marcos cunha victoria que lles outorgou o CAMPIONATO GALEGO. Sumouse as victorias Sabela Miranda no concurso de lanzamento de peso.



SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS, 2ª  1000 m.l. 1ª Pelota e 1ª relevos
  • EMMA COLLAZO, 12ª 60 m.l. 1ª 500 m.l.  e 1ª relevos
  • ALBA ALVAREZ,  11ª 1000 m.l.  
  • CARLA SALGADO,  15ª 60 m.l. 2ª Pelota e 1ª relevos
  • ELODIE GRAÑA, 10ª  60 m.l. e 11ª Lonxitude 
  • MARIA MARCOS, 1ª relevos
  • SABELA MIRANDA, 1ª Peso e 6ª Pelota
  • IRIA FERNANDEZ, 12ª Pelota


    A sección masculina contou coa victoria de Samuel Corrales no lanzamento de pelota impoñendo un novo RECORD GALEGO, 41,06 m. Daniel Cordeiro foi SUBCAMPION nos 2000 m.l. e Angel Refojos BRONCE na carreira de 1000 m.l. sumando a Brais Garcia foron os compoñentes do relevo 4X60 que acadou a medalla de BRONCE. Alejandro Fernández cunha medalla de BRONCE no lanzamento de peso pechaba as subias ao podio d@s amarle@s.



SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 4º 60 m.l. 3º 1000 m.l. e 3º relevos
  • DANIEL CORDEIRO, 2º 2000 m.l. 14º  Lonxitude e 3º relevos
  • SAMUEL CORRALES, 4º Lonxitude,1º  Pelota e 3º relevos
  • BRAIS GARCIA, 7º Marcha e 3º relevos
  • ALAN MALVIDO, 11º  Peso
  • ANXO CURRAS,   5º Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º Peso


 

Deja una respuesta