XVI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 9 de abril de 2010

O Club Atletismo Vila de Cangas tivo o privilexio de organizar no día de hoxe a xa XVI edición das Xornadas de Atletismo base, coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.
A participación foi aberta a todos os rapaces das categoría minibenxamín, benxamín e elevín, tanto nenos coma nenas, dos colexios dos arredores, aínda que tamén se permitía a participación doutros rapaces de fora.
Todas as probas estiveron baixo o control técnico do ilustrísimo Comité de xuíces da Delegación de pais e nais de atletas do club, así como baixo o control dos “veteranísimos “ atletas das categorías superiores. Foi tal o éxito que o xuíz árbitro non tivo que atender ningunha reclamación.
Hai que recoñecer que o tempo, nesta ocasión, aliouse con nós. Foi moi agradable, soleado e caluroso, cun pouquiño de vento que as veces ata se agradecía.

Estiveron representados case todos os colexios do Morrazo, e algún outro de fora: San Roque, A Rúa, Castrillón,Nazaret, E. Pondal, Compañía de María, Virxe Milagrosa, San Narciso, Hío, Torre- Cela, Montemogos, A Pedra, Sagrada Familia…
O campión da categoría alevín masculino foi Jorge Piñeiro Garrido, do colexio do Hío. O segundo foi Adrián Outeiral Vilas, do Compañía de María e o terceiro foi Pedro Osorio, do colexio S. Xoan.
Na mesma categoría, pero en mulleres, a vencedora foi Saray Amoedo Portabales, do colexio San Narciso. Seguiuna Noa García Prieto do Sagrada Familia e Mª Jesús Corredoira Herbello, do Virxe Milagrosa.
Ismael Otero Martínez, do colexio Montemogos, gañou na categoría benxamín masculina, siguido de Carlos Pérez Bacelar (A Pedra) e Antar Pérez (A Rúa).
O San Narciso volveu a gañar entre as benxamíns mulleres coa su representante Sandra Souto Otero. Ariadna Gil Fernández e Valeria Fernández Blanco foron segunda e terceira, respectivamente. Ambas son do colexio Nazaret.
A categoría con máis participantes foi a minibenxamín masculino. Aquí gañou Miguel Tato ( Cia de María), seguido de Lope Quinteiro Pena ( S. Roque) e Anxo Tenreiro González ( A Rúa).
Por ultimo só nos quedan as mulleres máis pequenas. A campiona foi Ainoa Santos Piñeiro (San Roque); a subcampiona foi Laura Magdaleno Cabral ( A Rúa) e a terceira Ágata Rodríguez Jalda (Castrillón).
Todos os rapaces saíron das pistas de atletismo cunha medalla colgada e unha boa merenda comida.
RESULTADOS:
minibenxamin-mulleres
minibenxamin-homes
alevin-homes
alevin-mulleres1
benxamin-homes1
benxamin-mulleres1

Deja una respuesta