CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2025

 

     Outra importante visita a capital galega para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE. Carlos Corredoira foi 5º nos 200 m.l. e 7º nos 400 m.l.



     Carlos López acadou un magnifico 4º posto nos 400 m.l. e unha MMP. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO no concurso de altura e SUBCAMPION nos de lanzamento de peso e disco. Lucia Gil destacou no tripo cun 4º posto e rematou 7ª no salto de lonxitude. Gema Dacosta foi SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso e disco.



 

 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025

 

      As pistas de atletismo da USC foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Ali unha boa morea de amarel@s deixaron a sua pegada na capital galega. Carlos Corredoira foi 15º na carreira de 200 m.l., Carlos López participou nos 400 m.l. e rematou no posto 14º.



     Dani Calvar irrumpeu con forza nos 400 m.v. acadando o 4º lugar máis unha MMP. Diego Martínez acadou un BRONCE no concurso de altura. Pablo Castro volveu a coller sensacions no lanzamento de peso e rematou en 4º posto.



     As remudas de 4X100 m. achegaronse ao podio e remataron en 4º posto con Carlos López, Carlos Corredoira, Diego Martínez e Mauro Vázquez

    A sección feminina  correu da man de Antia Soto cun 16º posto no golobal dos 100 m.l. Leire Fonseca continua a sua progresión nos 200 m.l. cunha MMP e posto 4º. Sara Marcos persiste nos 400 m.l. cun posto 15º. Agata Rodríguez acadou a 5ª possición nos 100 m.v. Gema Dacosta quedou preto do podio nos concursos de peso e disco , 4º lugar en ambos.  As remudas de 4X100 estiveron compostas por Antia Baqueiro, Sara Marcos, Leire Fonseca e Antia Soto, rematando no posto 6º.



CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS

Lugo, 21 e 22 de xuño de 2025

     As pistas de Lugo acolleron esta fin de semana o CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS. Alí se presentou Diego Martínez para disputar fora de concurso o decathlon. Foi un desprazamento moi fructífero no que voltou cunha MARCA MINIMA para participar no Campionato de España de Probas Combinadas da categoría SUB 20.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

O Barco, 21 de xuño de 2025

     A Delegación de Valdeorras acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE, tocaba viaxar ata a pista máis oriental de Galicia. Tivemos a participación de Miguel Fernández no concurso de lonxitude cun 4º posto e MMP e no de xavelina rematando 4º e MMP, so lle faltou subir ao podio pero por todo o demáis unha competición sobresainte. Ana Oliveira destacou tamén no lanzamento de xavelina acadando o 4º posto e MMP, tamén foi finalista dos 300 m.l. rematando en 5º lugar. Antia Soto completaba a participación amarela cun magnifico 5º posto nos 300 m.v.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS

Palafrugell, 21 de xuño de 2025

    Menos de seis puntos separaron a Selección Galega Sub18 do podio esta fin de semana do Campionato de España Sub18 levado acabo en Palafrugell. O combinado Galego composto por atletas mixtos contou coa presenza da atleta amarela Leire Fonseca participe no 3º posto nas remudas 4X400 m. e achegando un posto 14º na carreira de 400 m. Parabens pola fantastica tempada.



CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE

Vigo, 14 de xuño de 2025

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos tiñan toda a nosa atención. Comezando polo sábado cun CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS AO AIRE LIBRE no que puidemos presentar un equipo feminino da categoría SUB 12, ainda así quedaban probas por cubrir. Chegado o sábado faltaron varias compoñentes do equipo polo que nos esquecemos da competividade coma grupo.



      Foron finalmente cinco amarelas as que realizaron as probas que tiñan previsto máis a remuda de 4X60 m. defendendo con decoro a honra do equipo. Emma Salgado foi 15ª nos 60 m.l. e 10ª na remuda 4 X 60 m. Claudia Romero rematou 5ª no concurso de lonxitude (MMP) e 10ª na remuda 4 X 60 m. Mar Fazanes foi 3ª no peso e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sara Barros rematou 3ª no lanzamento de pelota e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sofia Corrales completou a participación do equipo cun 12º posto na marcha.


CAMPIONATO ESPAÑA SUB 14

Albacete, 7 e 8 de xuño de 2025

      Importante misión tiñamos nunha calurosa fin de semana de xuño. Chegar a terras manchegas para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 individual.



     Alí competian Alejandro Fernández e Lena Currásas modalidades de probas nesta categoría son en formato triatlon. Durante o sábado e domingo afrontarían o triatlon D másculino (peso, 80 m.l. e disco) máis o triatlon B feminino (1000 m.l., lonxitude e xavelina)



     O resultado final non foi casualidade, puido ser mellor pero foi maravilloso. Alejandro Fernández acadou un magnifico 4º posto, lanzou no peso 11.87 mts, correu os 80 m.l. en 11.02 (MMT) e achegou o disco ata os 29.01 mts., a suma global foi de 1509 puntos.



     Lena Curras trouxo unha medalla de BRONCE cunha MMP nos 1000 m.l. 3:07.99, lanzou a xavelina ata os 30.03m. e saltou 4.40 m. na lonxitude, neste caso a suma de 1582 puntos aupouna ao caixón . Agardamos que este Nacional sexa o primeiro de moitos para estes dous magnificos atletas



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AIRE LIBRE

Pontevedra, 31 de maio de 2025

 

     Despedimos o mes de maio cunha importante cita no CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron as mellores marcas da categoria xuvenil, colándose entre elas cinco amarel@s. Marcos X. Miguez debutaba nun campionato autonómico e acadou un fabuloso 8º posto na final do concurso de altura ademáis dunha MMP.



     As representantes femeninas acharon no 400 m.l. e remudas 4×100 o seu punto de encontro. Todas elas protagonizaron unha remuda de 4X100 que lle suspuso un 8º posto no global do campionato, rematando nun crono de 53.05.


      Leire Fonseca participou en duas probas 200 m.l. e 400 m.l. proclamandose CAMPIOA GALEGA de 400 e SUBCAMPIOA de 200. Sara Marcos rematou no 8º posto dos 400 m.l. Antia Baqueiro foi 15ª nos 400 m.l. e Blanca Giráldez rematou 20ª nos 400 m.l. A camisola amarela completou innumerables voltas a pista.



CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB10

Vigo, 31 de maio de 2025

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE da categoría Sub 10, nunha magnifica maña de sábado a nosa representación de amarel@s deu boa conta das probas que disputaban.



     Laurent Graña rematou Campión Provincial nas probas de 50 m.l. e salto de lonxitude. Pepe Garcia foi 7º nos 50 m.l. e 13 en lonxitude (MMP). Enzo M. Torres rematou 9º en 400 m.l. (MMP) e 7º en lonxitude. Samuel Lorenzo gañou no lanzamento de pelota e foi 11º nos 400 m.l.. Paulo Gestido rematou 7º en peso e 25º nos 400 m.l.



     As mulleres que competiron foron Elba Cordeiro, 9ª en 50 m.l. e 11ª en lonxitude, Gala Garcia 15ª en pelota e 18ª en 50 m.l., Anxela Caballero gañou o 400 m.l(MMP). e foi 4ª en lonxitude e Noelia Caamaño rematou 18ª en 400 m.l. (MMP) e 16ª en pelota. Ainda lle quedaron enerxias para disputar as remudas de 4X50 m divididos en dous equipos mixtos o Vila A composto por Samuel, Anxela, Elba e Laurent proclamouse Campión Provincial , cun crono de 33.05 s. e os seus compañeiros Noelia, Gala, Enzo e Pepe formaron o Vila B rematando en 11ª posición nun tempo de 36.98.



XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 25 de maio de 2025

 

     Xa imos pola edición 40ª do Atletismo Base. As dez e media demos comezo as pobras cun día solleiro e moi propicio para a practica deportiva. A dinámica da competición incluía catro probas a disputar polos atletas, salto de lonxitude, velocidade (50 ou 60 m.l.) lanzamento de pelota ou peso e carreiras de fondo (500 ou 300 m.l.). A idea é premiar a versatilidade dos atletas coa suma das tres mellores puntuacions descartando unha das disciplinas. Complicado ou non tanto fanse os empantes que este ano se deron na categoria mini e alevin masculina. Marco Roma e Angel Bernárdez compatiron 2º posto , asi como Adrian Calvar e Alex Carballo fixerono na 1º posición.



MINIBENXAMIN HOMES

  1.  ARAS GARCIA
  2.  PABLO ROSALES
  3.  MARCO ROMA*
  4.  ANGEL BERNARDEZ*
  5.  CARLOS MARTINEZ
  6.  IZAN CHAPELA
  7. HECTOR PAZ
  8.  ANDRE OTERO


MINIBENXAMIN MULLERES

  1.  GALA MENENDEZ
  2. JULIA CABALLERO
  3.  LAURA SOAJE
  4.  IRIA MARTINEZ

BENXAMIN HOMES

  1.  RAUL GONZALEZ
  2.  LAURENT GRAÑA
  3.   NICO CAMINO
  4.  SAMUEL LORENZO
  5.  IZAN GRANDAL
  6.  HUGO MENENDEZ
  7.  CARLOS GONZALEZ
  8.  PEPE GARCIA
  9.  PAULO GESTIDO
  10.  MATEO GARCIA
  11.  ROI BASTON
  12.  MATEO PIÑEIRO
  13.  MARCO PIÑEIRO

 


BENXAMIN MULLERES

  1. ANXELA CABALLERO
  2. ALUHE MAGDALENO
  3. GALA CANCELAS
  4. ELBA CORDEIRO
  5. NOELIA CAAMAÑO
  6. DANIELA PAZ
  7. GALA GARCIA
  8. HELENA MARTINEZ

ALEVIN HOMES

  1. ADRIAN CALVAR*
  2. ALEX CARBALLO*
  3. ALEX VIDAL
  4. XOSE GONZALEZ
  5. TEO OTERO
  6. PEDRO JUNCAL


ALEVIN MULLERES

  1. SARA BARROS
  2. MAR FANAES
  3. CLAUDIA ROMERO
  4. XELA DEL RIO
  5. EMMA SALGADO
  6. SABELA GARRISO
  7. CANDELA MARTINEZ