CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

Ferrol, 13 de xuño de 2015

Marchamos de Cangas  temprano e chovendo. Pensamos co que iamos atopar en Ferrol sería igual ou peor, pero non foi así. O tempo respetou, as rias altas foron benévolas co Campionato Galego para as categorías menores. Polo demáis xa era bastante logro estar ahí. Eran as 16 mellores marcas por proba. Medio cento de amarel@s acadaron o privilexio de competir nas Pistas da Malata.

Por outro lado foi un importante «test» para o equipo infantil femininocon 14 representantes, de cara o vindeiro Campionato de España Infantil por EquiposDentro dunha semana estarán en Valladolid, por segundo ano consecutivo, encabezando a representación galega. 

Polas infantis imos comenzar coas medallas acadadas no Campionato. Ariadna Gil e Valeria Rodriguez conseguiron o doblete nas súas probas. A primeira proclamouse Campiona Galega en 220 m.v. e salto de lonxitude e a súa compañeira en lanzamento de peso e martelo.  Ana Piñeiro restou medio minuto a sua marca nos 3 kms marcharematando e baixando dos 16 minutos. Lara Fernández foi Campiona en pértega e bronce  en salto de altura  compartido  con Veronica Nuñez polo empate en 1,37. Ainoa Santos sumou un bronce en discoAs irmans Campos completaron os podiums nesta categoría, Alba Campos  foi en 80 m.v.  e Laura Campos subcampiona galega de xavelina.


10557303_980060635352105_474396400796777615_n


Na categoría infantil homes acadou o posto en peso Lope Quinteiro.

A categoría alevín estivo presente no podio co primeiro posto de Aaron Otero en pesoo bronce de Pedro Verdeal en salto de lonxitude máis o Campionato Galego en lonxitude para Sara Mallo.

Por ultimo os benxamins sumaron medallas con Ouro e Prata para Eloy Domínguez en lanzamento de pelota e peso. Diego Martínez acadou o bronce no mesmo concurso de pelota.

As mulleres colleitaron dúas pratasGema Dacosta en pelota e Lara Iglesias  na marcha. Noa Nerga foi bronce en peso.


11430341_980061045352064_2331032315854004437_n


 Clasificacións d@s amarel@s:

BENXAMIN Mulleres

BENXAMIN Homes

ALEVIN Mulleres

ALEVIN Homes

INFANTIL Mulleres

INFANTIL Homes

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA PISTA A.L.

A Coruña 07 de xuño de 2015

 

Longa xornada de competición nas Pistas da Universidade de A Coruña. O Campus de Elviña acolleu o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA PISTA A.L. Coas derradeiras luces dun longo e caluroso domingo de xuño rematou o Campionato cun saldo moi positivo, tanto en medallas como en marcas. Acadaronse 19 metais, 5 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce. No tocante os rexistros, Laura Meira en xavelina alcanzou os 44,02 mts.  e Pablo Castro lanzou o peso ata os 15,86 mts. Ambos pasan o 2º e 3º posto do ranking nacional.  A seguinte parada para as mulleres sera Soria,  o vindeiro 14 de xuño na final da Liga de 2ª división.


2015-06-07_a_coruna_gallego_jv_jr_pr_137


HOMES

Xuvenil

  • Oscar Broullon,  2º peso e 4º disco
  • Pedro Acuña,  4º 400 m.l.

Junior

  • Pablo Castro,   1º peso e 2º disco
  • Alvaro Lorenzo,   1º pértega

Promesa

  • Angel Menduiña,  2º lonxitude e 3º disco

 

MULLERES

Xuvenil

  • Laura Meira,  1ª xavelina
  • Noa Rouco, 4ª 400 m.l. e 2ª relevos (4×100)
  • Patricia Torres,  2ª peso e 2ª disco
  • Paula Martinez,  3ª 100 m.v. e 2ª relevos (4×100)
  • Noelia Graña,  4ª 100 m.l. (semifinal) e 2ª relevos (4×100)
  • Martina Paramos,  3ª pértega e 2ª relevos (4×100)

Junior

  • Ana Antepazo,   4ª 400 m.l. e 5ª 200 m.l.
  • Raquel Villa,  1ª peso e 1ª disco
  • Talia Garcia,  2ª disco e 4ª peso
  • Noelia Cousiño,  3ª pértega

Promesa

  • Mª Jesús Novo,   2ª 400 m.v.,  3ª lonxitude e 4ª 100 m.v.
  • Aida Amoedo,  3ª 100 m.l.

    2015-06-07_a_coruna_gallego_jv_jr_pr_177


 

GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA. CIRCUITO JOSEFINA ROMERO.

A Coruña, 06 de xuño de 2015

 

Ten a súa fama ganada a pulso o G.P. Cantones de A Coruña. O mellorciño da marcha dase cita neste evento. De feito esta edición foi testigo dun record do mundo.  Seguro que os marchadores do Vila de Cangas algún día poderan contar que eles tamén estiveron alí. E precisamente non foron de paseo, en iso si que nos teñen mal acostumados. A benxamín,  Lara Iglesias foi segunda na proba de 1 km. Denis Fernández, na categoria alevín rematou 1º cun tempo de 10’35 para completar o percorrido de 2 kms. Jesús Guimerans, nos 3 kms.,  acadou o posto con 20’31. Na categoría infantil feminina participaron Ana Piñeiro que rematou 2ª, con 16’37 e Valería Fernández 4ª con 16’51. Salientar que con estas marcas superaban o seu ranking persoal en ruta.


D300S20150606-00046


As marchadoras da categoría Junior repartironse entre os 5kms, onde Esmeralda Corredoira foicon 28’45. e Mar Chillón que rematou 3ª nos 10 kms cun tempo de 50’51. Mención especial para Liu Hong que foi quen de acadar o RECORD DO MUNDO dos 20 kms. cun rexistro de 1.24.38 millorando o anterior record en posesión da rusa Yelena Yasmánova dende os Xogos Olímpicos de Londres de 2012.


jpg


 

 

INSCRITOS PARA O G.P. CANTONES DE MARCHA

Este sábado 6 de xuño na cidade herculina terá lugar o XXIX GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA. CIRCUITO JOSEFINA ROMERO co seguinte HORARIO. Ali tamén estarán os marchadores do Vila de Cangas. Moita sorte a tod@s. Podedes consultar os resultados en directo neste enlace: http://www.atletismogalego.com/FICHEROJOSEFINA/index.html


INSCRITOS


CMYK b‡sico


 

REGULAMENTO E INSCRITOS CTO. GALEGO XUV.-JUNIOR E PROMESA A.L.

O domingo celebrarase o autonómico da categorías xuvenil, júnior e promesa, nas instalacións da Universidade da Coruña, onde se prevé unha gran competición e os atletas trataran de conseguir marca minima para os campionatos nacionais. Podedes consultar os resultados en directo neste enlace: http://www.atletismogalego.com/FICHEROS%20CORUNA/index.html


INSCRITOS                         REGULAMENTO


11313118_10204488386197117_4359031222554716552_o


CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE

Este domingo, día 7 de xuño, terá lugar unha nova edición do CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE, evento organizado pola ANPA. San Roque e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar nos arredores do Colexio San Roque (Darbo), trascorrerá en horario de 10.30/13.00 h, e nel prevese a participación de máis de 350 atletas, achegados dende diferentes localidades e centros escolares da Comarca do Morrazo.

As categorías (masculina e feminina) serán: PITUFOS / PREBENXAMÍN / BENXAMÍN / ALEVÍN / INFANTIL / CADETE / POPULAR

Para unha información máis detallada: 650 689 741 (Mari Parcero – presidenta)


CROSS ESCOLAR EN SAN ROQUE COLEGIO


 

SELECCIÓN GALEGA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CSD EN PISTA.

Dous atletas do Club conseguiron entrar na SELECCIÓN GALEGA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CSD EN PISTA. Saray Amoedo foi seleccionada para o triple salto e David Lorenzo para a pértega. Veñen de quedar Campions Galegos nas correspondentes disciplinas e o vindeiro 20 e 21 de xuño desplazaranse a Alcobendas para representar a Galicia. Moita sorte e PARABENS polos logros acadados.


david