Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición (7ª) do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.
O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.
Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:
- ALEVINS
- BENXAMINS
- PREBENXAMINS
- 3 ANOS
- 4 ANOS
- 5 ANOS
- PAIS/NAIS