DATAS DE INTERESE NO MES DE MAIO

     Xa estamos a piques de rematar o mes de abril. As competicions de Pista ao Aire Libre xa nos deparan importantes Campionatos. Tamén se produciron cambios que afectaron tanto as sedes coma as datas de celebración dalgunhas probas. Por exemplo o Cto. Galego Cadete e Junior por equipos pasa a celebrarse nas Pistas de Atletismo da Malata en Ferrol. Outro cambio importante foi na data do Cto. Galego Benxamín, Alevín e Infantil por equipos, o cal será o domingo 22 de maio

     As pistas de atletismo de Cangas tamén van contar con probas no vindeiro mes. O  venres 06 en xornada de tarde a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental, coas categorías menores coma protagonistas. E o martes 17, día das letras galegas, o XII Trofeo Vila de Cangas en Pista.  Para rematar contamos cos tres Campionatos Provinciais Escolares do programa XOGADE. 


CALENDARIOMesdocx


REUNION EQUIPO CADETE FEMININO

     Convocase as compoñentes do equipo feminino cadete este xoves 21 de abril as 19:30 horas  nas Pistas de Atletismo de Cangas. Precisarase tamén a presenza dun adulto por nena. O tema a tratar será a conformación dun equipo para o  CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS CADETE.  Pregase polo tanto confirmar  a asistencia. O citado Campionato terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 7 de maio.


 Ap-3.8-b


INFORMACION DO ZONAL XOGADE DE MOAÑA.

     Este vindeiro domingo 10 de xaneiro tera lugar en Meira-Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES. O circuito estara situado no mesmo lugar co ano pasado. A competición dará comezo as 10:30 horas. Os atletas estarán no circuito cunha hora de antelación a súa carreira, é importante nestas probas por EQUIPOS.


cross_zonal_info-page-001


     Amosamos a UBICACION do circuito:


VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.

     Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición () do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas,  a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.


pLANO-page0001


Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:

  1. ALEVINS
  2. BENXAMINS
  3. PREBENXAMINS
  4. 3 ANOS
  5. 4 ANOS
  6. 5 ANOS
  7. PAIS/NAIS

10403215_1484634828508434_3514422580508071231_n


PRESENTACION TEMPADA 2015/16

Novembro 2015

O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2014/15, pero no a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 20 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 14 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.
  • – Entrega da revista nº 20 do Club.
  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*
  • *(para concretar estas aportacións hai un tlf. 652304271-Carmen)

    INVITACIÓN A PRESENTACIÓN DO CLUB E-Mail-page0001


 

 

VOLTAMOS A ADESTRAR.

Este vindeiro luns 14 de setembro VOLTAMOS A ADESTRAR. Rematado o merecido descanso do verán, toca voltar a poñer os músculos a funcionar. Podedes traer @s coleg@s que desexen probar na practica do atletismo,  invitadeos a que veñan a botar unha carreira, saltar ou lanzar. Calquera duda ou cuestión que queirades plantexar non dudedes en facelo no correo at.viladecangas@gmail.com  ou a través das redes sociais.


 

grupo


 

DIA MUNDIAL DA ELA

Con motivo do DIA MUNDIAL DA ELAAsociación Agaela organiza este domingo 21 de xuño de 2015 o seguinte PROGRAMA DE ACTOS:

  • 10,00 h.- Marcha Popular “Andar e Correr”
  •  12,00  h.- Travesía de Natación
  •  19,30  h.- Pinchada e actuacións musicais na Alameda Vella

No citado evento colaboran Fundación Cangas Deporte; Concello de Cangas; Club Atletismo Morrazo; Club Atletismo Vila de Cangas; R.C. Naútico Rodeira e Asociación Cultural “O Muichiño San Pedro”.

Ainda que a inscricion e gratuita si que se van aceptar donativos voluntarios.


CARTEL


PLAN DE VIAXE II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS.

O vindeiro 20 e 21 de xuño vaise disputar en Valladolid o II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS. Para o citado Campionato están convocadas dez atletas que conformaran o equipo. (Valeria Rodriguez JaldaVeronica Nuñez Gil-Ariadna Gil Fernández-Ines Villamor Nores-Ana Piñeiro Piñeiro-Valeria Fernández Blanco-Irene Menéndez Mariño-Lara Fernandez Camaño-Laura Campos Pérez-Alba Campos Pérez).

O Hotel que se contratou para a estancia chamase Hotel San Cristobal , situado na veciña localidade de Cistérniga. Dende ahí,  os desprazamentos se farán en vehículos particulares ata as pistas de atletismo Rio Esgueva .



O Sabado 20 de xuño esta concertada a comida no Hotel San Cristobal, as 13:30 horas. Rogase puntualidade,  xa que a competición comenzará esa mesma tarde. A cea do sábado e o almorzo do domingo tamén serán no Hotel.

Esta prevista a saida o sabado 20 de xuño as 08 da maña dende a estación de autobus de Cangas.

DOSSIER INFORMATIVO CAMPIONATO


Cartel