CONCENTRACION DE SALTOS EN PONTEVEDRA

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollera durante o vindeiro sábado 9 de abril a CONCENTRACIÓN SALTOS.  A mesma dará cabida o sector de saltos horizontais e verticais.

     Por parte do Vila de Cangas foron convocados os seguintes atletas:  Ariadna Gil e Irene Menéndez en lonxitude cadete.  Para o triple salto xuvenil a Saray Amoedo e Daniel Calvar.  Na pértega xuvenil a Daniel Armada e David Lorenzo. Por último no salto de altura  xuvenil a Alba Pazos.


CTypXPlWUAAbixa


     Non nos podemos queixar da representación. Esperemos logren concentrarse e saiban asimilar as ensinanzas. Este vai ser o PROGRAMA:

● 10:00  Incorporación, chegada de atletas e adestradores.
● 10:15  Presentación.
● 10:30  Inicio 1ª Xornada de adestramento.
● 12:30  Final de 1ª Xornada de adestramento.
● 13:30  Comida.
● 15:30  Charla Madó.
● 16:30  Inicio 2ª Xornada de adestramento.
● 18:30  Final de 2ª Xornada de adestramento.
● 18:45  Conclusións e despedida.


 

CONCENTRACION DE MARCHA SEMANA SANTA.

     Aproveitando as vacacions escolares estase a celebrar a CONCENTRACION DE MARCHA desde o pasado martes 22 ata o venres 25 de marzo. O responsable da concentración Carlos Morales máis os adestradores convocados terán a base en Noalla-Sanxenxo. A praia da Lanzada sera testemuña dos adestramentos.


12042777_1051432251561711_3769068462935317861_n


    Por parte do Vila de Cangas foron convocados Valeria Fernández-cadete, Ana Piñeiro-infantil e Denis Fernández-alevín. 

     Tamen esta a acompañar o tempo ao desenrolo da Concentración, PARABENS para atletas e adestradores.

CONCENTRACION DE SALTOS EN LUGO.

     Esta fin de semana Lugo acolleu a Concentración de Saltos Verticais e Horizontais  convocada polos responsables do Sector, Mario  González e Santi Ferrer onde se reuniron co grupo de adestradores e atletas que foron seleccionados para a mesma. Por parte do Club acudiron David Lorenzo e Saray Amoedo.


FB_IMG_1455452807117


     O sábado as 10:30 h. tivo lugar un  Coloquio Adestradores-Atletas: “O crecemento deportivo e persoal dos atletas, os casos de Jose Alfonso Palomanes e Saleta Fernández” por: Mario González e Felipe Barata así como as  12:00 h. Mesa Redonda Adestradores do Sector: Puntos de incidencia na aprendizaxe técnica e acondicionamento físico dos atletas novos. As 16:00 Control de marcas e un  adestramento técnico ó rematar a competición. As 22:30 como colofón do primeiro día realizouse  unha visualización de grabacións de  competicións. 


CONCENTRACION DE SALTOS EN OURENSE

Ourense, 14 de novembro de 2015

     O Módulo Cuberto Pabellón dos Remedios de Ourense  acolleu este pasado sábado a CONCENTRACION DE SALTOS DA ZONA SUR, os responsables de saltos horizontais e verticais, Mario González Rodríguez e Santiago Ferrer Alonso convocaron a adestradores e atletas. Pola parte do Club de Atletismo Vila de Cangas acudiu o adestrador Fran Rodal acompañando a Irene Menéndez (cadete-lonxitude), Ariadna Gil (cadete-triple salto), Daniel Calvar (xuvenil-triple salto), Saray Amoedo (xuvenil-triple salto), David Lorenzo (xuvenil-pértega), Daniel Armada (xuvenil -pértega) e Martina Páramos (xuvenil -pértega) . Destacar a ampla representación de atletas do club, que evidencia o nivel que posúen nestas categorias a nivel galego. Salientar tamén que a cadete Veronica Nuñez fora seleccionada para pértega pero o final non puido asistir.


CTypXPlWUAAbixa