O Barco de Valdeorras 12 de outubro de 2013.
Xa no remate da tempada chegaba este importante Campionato das categorias menores. Para o desprazamento houbo que madrugar, tocaba partir desde Cangas as 06’30 horas da mañan. O Campionato desenrolouse en xornada de maña. Para tal evento o Club presentouse con seis equipos cubrindo todas as categorias. En benxamins mulleres foron tres as valentes que conseguiron un cuarto posto, xa que non puideron competir en relevos, con un total de 13 puntos. O equipo benxamin de homes proclamouse Campión Galego obtendo un total de 29 puntos, quedando primeiros en cinco das seis probas desputadas e conseguindo un tempo de 39’05 nos relevos 4X60.
As alevins mulleres tamen quedaron Campionas Galegas con un saldo de 44 puntos e realizando un relevo de 4X6o cun magnifico tempo de 35’87. Os homes de esta categoria obtiveron o Subcampionato Galego con 32 puntos, a un só punto do Campión, nos relevos 4X60 quedaron segundos cun tempo de 38’21.
As mulleres da categoria infantil con un total de 4o puntos proclamaronse Subcampionas Galegas, a dous puntos das campionas, foi importe a proba dos relevos que puntuaba dobre e na que obtiveron o segundo posto cun tempo de 46’81 no 4X80. Os Infantís homes con 46 puntos foron Campións Galegos cunha ampla ventaxa sobre os outros equipos, logrando un tempo de 43’59 no relevo 4X80 e así afianzando o primeiro lugar.
Postos a sumar, tamen se sumaron as puntuacións totales dos equipos. No glogal do Campionato o Vila de Cangas sumou 176 puntos entre todos os seus equipos, obtendo o primeiro posto dos equipos. O final o madrugon valeu a pena.
Resultados:
BENXAMIN MULLERES:
Katia González 2ª Marcha e 4ª 50 m.l.
Sara Mallo 2ª 500 m.l. e 2ª Lonx.
Mar Guimerans 3ª 1000 m.l. e 4ª Peso
BENXAMIN HOMES:
Eduardo Parcero 1º 500 m.l. e 2º 50 m.l.
Denis Fernández 1º 1000 m.l.
Pedro Verdeal 1º Lonx.
Aaron Otero 1º Peso
Teo Iglesias 1º Marcha
ALEVIN MULLERES:
Sandra Souto 3ª 50 m.l.
Ariadna Gil 1ª 500 m.l.
Valeria Fernández 3ª 1000 m.l.
Alba Pardavila 3ª Altura
Ines Villamor 1ª Lonx.
Valeria Rodriguez 1ª Peso
Ana Piñeiro 1ª Marcha
ALEVINES HOMES:
Anton Iglesias 2º 60 m.l.
Lope Quinteiro 2º 500 m.l.
Aaron Domínguez 3º 1000 m.l.
Gabriel Dacosta 2º Altura
Adrián Pastoriza 3º Lonx.
Martiño Nuñez 3º Peso
Jesús Guimerans 1º Marcha
INFANTIL FEMENINO:
Mª Jesús Corredoira 4ª 80 m.l.
Alba Vidal 2ª 1000 m.l.
Isaura Framil 1ª 3000 m.l.
María Rodríguez 4ª 80 m.v.
Iria Rodríguez 3ª Altura
Saray Amoedo 2ª Lonx.
Alba Guimerans 4ª Peso
Paula Santos 1ª Xavalina
Ana Fandiño 2ª Marcha
INFANTIL HOMES:
Luis M. Pastoriza 3º 80 m.l.
Daniel Calvar 1º 1000 m.l
Juan Piñeiro 3º 3000 m.l.
Daniel Armada 2º 80 m.v.
David Lorenzo 1º Altura
Carlos Perez 1º Xavalina
Andres Obenza 1º Marcha
Raul Prieto 1º Peso
Adrian Outeiral 1º Peso