Cangas, 04 de decembro de 2022
Parece que a normalidade vai achegandose ao día a día, dentro dela voltamos co XLVII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. Ata nos deu o tempo unha pequeña tregua, despois de tanta choiva o domingo foi un día solleiro e bastante frio. As categorias menores foron as que racharon o xeo e de cara o mediodia xa foi quentando o sol.
Salientar a enorme participación da categoría Minibenxamín, polo que se dividiu entre Chupetes e Minis. A carreira másculina dos chupetes partía do Concello e chegaba ata a contorna da Plaza de Abastos, en total 250 mts. O primeiro en completar a distancia foi Lucas Figueroa, seguido por Samuel Lorenzo e Xandre Leite. As mulleres facian un percorrido idéntico, no cal venceu Elba Cordeiro, segunda foi Sabela Graña e terceira Vega Rial. Nos Minis os podios foron para Cies Rial, Sabela Muiños e Maria Costas en mulleres, Dario Costas, Xose González e Rodri Carballido na carreira masculina.
Poñemos as clasificacións por idades, pero sendo fieis ao programa, as primeiras en correr foron as benxamins, a renomeada categoria SUB 10 feminina estivo encabezada por Lucia Cancelas, seguida de Deva Pallas e Carmela Santos. Na carreira masculina levou a victoria Angel Rodríguez, completando o podio Adrián Calvar e Alex Carballo.
A categoria SUB 12 tiña un percorrido de 1000 m, tanto en homes coma en mulleres. As máis rápidas foron Lena Curras, Emma Collazo e Icia Ameneiro. Os homes encheron o podio de amarelo con Angel Refojos, Gabriel Fazanes e Daniel Cordeiro. A categoría infantil disputou un circuito de 1500 mts. destacando en feminas Sabela Castelo, Mara Rua e Ana Cordeiro. Os homes que acadaron postos de podio foron Xoel Franco, Marcos Rial e Miguel Fernández.
A proba SUB 16, con saida común, tiña un percorrido diferenciado. Os 2000m. das mulleres estiveron liderados por Sarah Cristina Diz, Nerea Malvido e Uxia Bautista. Os homes correron 3000 m. con victoria para Raúl Rial, seguido por Hugo Domínguez e Daniel Ameneiro.




