Cangas, 04 de decembro de 2022
Archivo de la etiqueta: Pedestrismo
XLVI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas, 01 de decembro de 2019
Chegou o día no que Cangas disfrutaría do atletismo nas suas ruas. Comezaba o mes de decembro sen choiva, cousa de agradecer despois dun mes e pico de auga e nubes. Por fin brillaría o amarelo.
No tocante as carreiras de menores, foron discurrindo puntualmente polo centro urbano de Cangas. A partir das 10:00 horas da maña xa se ateigaron as ruas de pequen@s atletas que encheron de colorido e vitalidade o asfalto. A categoría SUB 10 foi a encargada de romper o xeo, sobre un percorrido de 500 m. saían da praza cara o Concello e voltaban a meta. Nos homes acadaron postos de podio Pablo Barreiro (Pinarium), Martín Otero (Pinarium) e Mario Costas (Samertolameu). As tres primeiras prazas de mulleres foron para Gabriela Bouzada, Nijal Benjerada (San Miguel) e Noah Pinto (Vila de Cangas). A seguinte categoria, SUB 12, aumentaba o percorrido ata os 1000 mts, os máis rápidos masculinos foron Hugo Domínguez (Vila de Cangas), Hugo Collazo (Vila de Cangas) e Brais Pintos (Vila de Cangas). Na carreira feminina as tres primeiras entraron por esta orde, Sabela Castelo (Vila de Cangas), Marta Pereira e Andrea Dapia (Patoblanco).
Na categoria SUB 14, tanto homes coma mulleres, competían sobre un circuito de 1500 m. Carlos López (Vila de Cangas), Yago Juncal (Vila de Cangas) e Lucas Pérez ocuparon o podio masculino. Na proba feminina as tres primeiras en cruzar a meta serían Maialem Fernández (Vila de Cangas), Marta Novo (San Miguel) e Lara Iglesias (Samertolameu).
Pechabanse as carreiras do circuito urbano coa categoría SUB 16, os homes sobre un percorrido de 3000 m. e as mulleres de 2000 m. Na distancia masculina acadaron podio Hector Rodríguez (Beade), Carlos Bautista (Porriño) e Ricardo Tobio (San Miguel). A clasificación feminina estivo liderada por Aldara Fonseca (Beade), Carmen Aguiño e Laura Alonso (Beade)
Condicions idoneas tamen dispuseron os participantes na carreira dos 10 kilometros. A saída desde o porto de Aldán deulle a oportunidade de disfrutar de varios kilometros co mar coma testemuña. Tanto na saida, coa Ria de Aldán, coma nos primeiros kilometros, coa Ria de Vigo, o percorrido discurriu paralelo ao Atlantico. No KM 5 comezouse a entrada no nucleo urbano de Cangas, tras un primeiro pase polo arco de meta (KM 6) faltaban un par de voltas ao circuito polo centro para completar os 10 KM. Os gañadores absolutos da carreira masculina foron Nuno Costa (Tambre B&R), Jorge Puig (Atl. Santiago) e Alvaro Prieto (Miller). A clasificación feminina estivo encabezada por Sandra Mosquera (Adas), Beatriz Fernández (Corredoiras) e Marina Caballero (Vila de Cangas).
RESULTADOS CATEGORIAS MENORES PEDESTRISMO 2019
Tras unha intensa mañan de carreiras polo centro urbano de Cangas, achegamos os resultados das categorias MINIBENXAMIN, SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 no XLVI TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro.
RESULTADOS
XLV TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas, 02 de decembro de 2018
O primeiro domingo de decembro se converte na data do TROFEO DE PEDESTRISMO DO CONCELLO DE CANGAS. Este ano acadabase unha cifra redonda, a 45º edición. De feito, pode presumir de ser a proba deportiva máis lonxeva do noso Concello.
Moito cambiaron as probas en ruta nestes anos, máis ou menos coma a sociedade. A proba deste ano acolleu as carreiras escolares desde os MINI ata os SUB 16 no circuito urbano. Os primeiros clasificados nas diferentes distancias foron:
MINIBENXAMIN MASCULINA
- DANIEL CORDEIRO
- IAN RODAL
- ANGEL RODRIGUEZ
MINIBENXAMIN FEMININA
- EMMA COLLAZO
- CARLA SALGADO
- CARLA ALVAREZ
SUB 10 MASCULINA
- MARIO COSTA
- XOEL FRANCO
- GABRIEL FAZANES
SUB 10 FEMININA
- GABRIELA BOUZADA
- ELSA BUDIÑO
- SARA FEIJOO
SUB 12 MASCULINA
- HUGO DOMINGUEZ
- HUGO COLLAZO
- DAVID ENTENZA
SUB 12 FEMININA
- SABELA CASTELO
- SOFIA ALONSO
- LEIRE FONSECA
SUB 14 MASCULINA
- CARLOS LOPEZ
- RAUL RIAL
- YAGO JUNCAL
SUB 14 FEMININA
- ADRIANA RIAL
- MAIALEN FERNANDEZ
- AGATA RODRIGUEZ
SUB 16 MASCULINA
- DANIEL ANTONIO CRESPO
- HECTOR RODRIGUEZ
- NICOLAS CONS
SUB 16 FEMININA
- ALDARA FONSECA
- VICTORIA CONS
- LAURA ALONSO
A proba dos 10 kms en ruta, con saída desde Aldán, cambiou o percorrido para voltar a un circuito con remate de duas voltas polo centro urbano. As categorías de Sub-18 ata o infinito ➡ pecharon coa carreira popular unha maña de atletismo onde se mesturou presente, pasado e futuro. Os podiums foron tal que así:
SUB 20 MASCULINA
- PAOLO MICHELLE PANELLA
- SAMUEL VALEIJE COVELO
- VICTOR ANTEPAZO
SENIOR MASCULINA
- IVAN ROADE
- NUNO COSTA
- MANUEL MARCHENA
SENIOR FEMININA
- SANDRA MOSQUERA
- MAR CHILLON
- AMANDA FERNANDEZ
VETERANOS A MASCULINA
- AKKA ESSAADAQUI
- JOSE CARLOS FERREIRA
- JORGE JANEIRO
VETERANOS A FEMININA
- MARIA DE LOS ANGELES CASTRO
- MARIA DEL ROSARIO FIGUEROA
- CRISTINA DIOS
VETERANOS B MASCULINA
- ELIAS SALVADOR DOMINGUEZ
- MANUEL ALEJANDRO PARADA
- JAVIER DOPAZO
VETERANOS B FEMININA
- ANA LEMOS
- ANGELES IGLESIAS
- MARIA FERNANDA MARTIN
TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas, 3 de decembro de 2017
A primeira fin de semana de decembro as rúas de Cangas están reservadas para uso e disfrute do atletismo. Durante a maña do domingo @s nen@s encheron o circuito urban para afrontar as diferentes probas segundo a súa categoria. Nesta ocasión o XLIV TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – Memorial Pepe Cordeiro, gozou dun tempo seco e frio. As primeiras probas do Trofeo coincidían coa categoría SUB-10, quenes sobre un percorrido de 500 mts, foron @s primeir@s en espantar o fresco.
PODIO SUB-10:
MASCULINO
- HUGO COLLAZO (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- JAUME LLOBET (ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R)
- MARIO TORRES (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
FEMININO
- SABELA CASTELO (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- ANA COSTAS
- EMMA RIAL (CLUB ATLETISMO SAMERTOLAMEU)
PODIO SUB-12:
MASCULINO
- HUGO COUÑAGO (ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R)
- RAUL RIAL (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- JORGE COSTAS
FEMININO
- LORENA PATIÑO (CLUB DEPORTIVO PINARIUM)
- LARA IGLESIAS (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- LUCIA GIL (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
PODIO SUB-14:
MASCULINO
- ASIER JUNCAL (CLUB ATLETISMO SAMERTOLAMEU)
- JOSE ESTEVEZ (ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R)
- MIGUEL NUÑEZ (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
FEMININO
- AGATA RODRIGUEZ (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- ADRIANA RIAL (CLUB ATLETISMO SAMERTOLAMEU)
- UXIA SANCHEZ (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
PODIO SUB-16:
MASCULINO
- LOPE QUINTEIRO (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
- NICOLAS MAZOY (ATLETISMO PORRIÑO)
- GABRIEL DACOSTA (ATLETISMO VILA DE CANGAS)
FEMININO
- LAURA ALONSO (CLUB ATLETISMO TUI)
- YURENA GARCIA (CLUB SAN MIGUEL DE MARÍN)
- MARTINA MANUELA CONS (MOTOBIKE)
PODIO SUB-18 / 20:
MASCULINO
- DIEGO BARRO (COMESAÑA SPORTING CLUB)
- ELOI CORRAL (CLUB DEPORTIVO SAN PAIO)
- SAMUEL VALEIJE (ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R)
FEMININO
- MARIA PEREZ (COMESAÑA SPORTING CLUB)
- NATALIA CASTRO (CLUB SAN MIGUEL DE MARÍN)
- HENAR DIANA CONS (MOTOBIKE)
As categorías non federadas, tamén tiveron oportunidade de correr: Os MINIS percorreron a distancia de 250 mts. Nos HOMES acadaron podio MARTIN OTERO, PABLO BARREIRO e DAVID GONZALEZ. Nas MULLERES estas prazas foron ocupadas por GABRIELA BOUZADA, BARBARA GONZALEZ e AITANA BROULLON. De maneira moi xusta nos deu tempo a entregar os trofeos mentras a proba absoluta se achegaba a Cangas, remate dos 10 kms. Na categoría masculina os ocupantes do podio foron NUNO COSTA, LUIS FIGUEROA e FRANCISCO RODRIGUEZ. As feminas estiveron encabezadas por ESTER NAVARRETE, CLARISSE MARIA PINHO e PAULA MAYOBRE.
Por último AGRADECER a tod@s os que fan posible esta proba, que vai camiño dos 50 anos, e agardemos entre tod@s darlle o empurron que se merece.
RESULTADOS 10 KMS.
RESULTADOS MENORES
RESULTADOS CATEGORIAS MENORES TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS.
Achegamos os RESULTADOS das Categorías menores, en idade por suposto, do XLIV TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro. Corresponden coas carreiras do circuito urbán e figuran coas novas denominacións para irnos acostumando. GRACIAS a todos por vir e tamén por colaborar.
RESULTADOS
XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – MEMORIAL PEPE CORDEIRO
O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio da Concellaría de Deportes do Ilmo. Concello de Cangas , organizan o XLIV TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 3 de decembro de 2017.
As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
– Minibenxamín (2011-12)
– Benxamín (2009-10)
– Alevín (2007-08)
– Infantil (2005-06)
– Cadete (2003-2004)
– Xuvenil / Junior (1999-00-01-02)
– ABSOLUTA: Senior / Veteráns A (+35 anos) / Vetaráns B (+45 anos)
RECORRIDOS
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
– 10.00 h: BENXAMÍN ………………………………………..………… 500 m.
– 10.15 h: ALEVÍN …………..………………………………….……… 1.000 m.
– 10.30 h: INFANTIL ……………….……………………….………… 1.500 m.
– 10.45 h: MINIBENXAMÍNS …………..……………………….……. 250 m.
– 11.00 h: CADETE MULLERES ………………………………..…. 2.000 m.
– 11.15 h: CADETE HOMES ……………………………………..… 3.000 m.
– 11.30 h: XUVENIL-XUNIOR……………………………………… 6.000 m.
– 12.00 h: ENTREGA TROFEOS
CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
– 12:00 h: CATEGORIA ABSOLUTA : (SENIOR – VETERÁNS – homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Estación de Autobuses ……… 10.000 m.
– 13.30 h: ENTREGA TROFEOS
INSCRICION REGULAMENTO
A entrega dos DORSAIS, nas carreiras do CIRCUITO URBAN serán na Praza de Abastos de Cangas. Na carreira absoluta será na nave de deportes náuticos do Peirado de Aldán. 
XA TEMOS DATA PARA O PEDESTRISMO.
Nos é grato comunicar que o XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- Memorial Pepe Cordeiro, terá lugar o 03 de decembro. Coa proliferación de probas populares cada vez e máis difícil facer cadrar a data sen interferir noutras probas da contorna. O final decidiuse realizala proba o primeiro domingo de decembro, a nosa data normalmente. Coa debida antelación informaremos da apertura das inscricións, que este ano premiaran a fidelidade, habera ao redor de 500 prazas a precio módico. Estes e outros detalles do Regulamento estanse últimando, polo que adiantarvos que serán carreiras de Categorías Menores no circuito urbán de Cangas máis a proba de 10 kms con percorrido de Aldán ata Cangas. Ide adestrando neste outono pois en breve sairá a inscrición da proba.
XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO 2016
Cangas, 04 de decembro de 2016
Na primeira fin de semana de decembro tocanos de cheo o noso querido XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. O abrente non facía presaxiar un mal día, ainda que despois chegamos a temperaturas de 21º. Espectaular mañá, en termos climáticos e por suposto atléticos. Desde as 10 ata ben pasadas as 13 horas non deixamos de ver atletas polas rúas de Cangas.
As dez estaba prevista a primeira proba e as dez comezou. Nos tamén andivemos as carreiras. Eran as BENXAMINS femininas, que sobre un percorrido de 500 mts, inauguraron o Trofeo do ano 2016. O podio foi para Emma Rial 1ª, Emma Regueira 2ª e Eva María Otero 3ª. Das integrantes do Club, Sabela Domínguez foi 6ª, Candela Castro 7ª, Alba Del Valle 8ª, Leire Brun 9ª, Paula Fernández 21ª e Noa Quinteiro 24ª. En canto a categoria másculina, os primeiros en cruzar a meta foron David Entenza, Oscar Otero e Brais Pintos. A representación amarela estivo encabezada por Hugo Domínguez 7º e Rodrigo Sacau, que rematou 12º.
O podio da categoría ALEVIN feminina foi ocupado por Adriana Rial, Carmen Carreira e Nerea Barros. Nesta categoría a «invasión» amarela rematou con Lara Iglesias 5ª, Agata Rodríguez 6ª, Cristina Taboada 7ª, Andrea Pérez 8ª, Sara Nerga 10ª, Carmen Fraga 11ª, Noa Nerga 13ª, Uxia Sánchez 14ª, Gema Dacosta 16ª, Iris Malvido 17ª, Nerea Malvido 24ª e Uxia Pazo 32ª. Na sección másculina chegaron os primeiros podios, Carlos López e Raúl Rial, acadaron o 1º e 2º posto, acompañados por Hugo Couñago. Os seus compañeiros remataron con Yago Juncal 8º, Manuel Lemos 10º, Diego Martínez 13º, Rubén Lemos 14º, Carlos Corredoira 19º, Eloy Domínguez 22º, Eloy Domínguez Del Rio 23ºe Luca Piñeiro 25º.
O percorrido sumaba segundo as categorías, na INFANTIL chegaba aos 1500 mts. A vencedora en mulleres foi Laura Alfonso, seguida por Aldara Fonseca e Carmen Carrera. No tocante as nosas atletas, a primeira en cruzar a linea de meta foi Sara Mallo, en 4º posto. Anais Santamarina foi 8ª, Angela Fraga 9ª, Carmen Castro 11ª, Ana Cerqueira 12ª e Rocio Novas 15ª.
En homes destacou Ivan Iglesias, acadando o 3º posto, soamente superado por Dawit Comesaña 1º e Jose Estevez 2º. Despois de Ivan entraron Joel Curro de 5º, Denis Fernández 7º, Aaron Otero 8º, Adan Dacosta 12º, Daniel Quinteiro 16º, Anton Núñez 17º e Jairo Parcero 21º.
O tempo apremiaba e os CADETES fixeron a saída conxunta. Os homes percorrían 3000 mts e as mulleres 2000 mts. No caso dos primeiros, coparon o podio de amarelos. Lope Quinteiro, Anton Iglesias e Alex Iglesias, de cuarto entrou Aaron Domínguez, seguido por Daniel Iglesias 9ºe Gabriel Dacosta 11º. Na carreira feminina foron primeiras Sara Lima, Paula De la Torre e Carla Guisande. Polo Vila entraron Sabela López 6ª, Valeria Rodríguez 7ª, Ariadna Gil 8ª, Naiara Villar 9ª, Ines Pardavila 10ª, Maria Rial 13ª, Ainoa Santos 14ª, Colomba Carballal 15ª, Veronica Brun 16ª, Alba Pardavila 17ª, Irene Menéndez 18ª e Ines Villamor 19ª.
A proba JUNIOR, sobre 6000 mts, deu coma vencedor a Jose Villar, mentras que na categoria XUVENIL impusose David Burgos. Non quedaba tempo para máis, tendo en conta que a proba absoluta, con saída en Aldán, comezaba as 12:00 horas. A esa hora as temperaturas estaban preto dos 20 grados e somouse esta circunstancia o sinuoso circuito que percorría desde Aldán a costa canguesa. Finalmente na carreira absoluta resultou vencedor Lolo Penas, seguido de preto por Alejandro Fernández. o terceiro posto foi acadado por Victor Riobo. Na categoría feminina Maria jesús Gestido, alzouse co triunfo. Beatriz Fernández foi segunda e Marina Caballero terceira.
CLASIFICACION CARREIRA MAIORES
RESULTADOS MENORES
CLASIFICACION CATEGORIAS MENORES-CIRCUITO URBANO
Achegamos as clasificacións das carreiras que se disputaron no CIRCUITO URBANO, esta mañá do domingo 04/12/2016, dentro do XLIII TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO.
RESULTADOS
Debe estar conectado para enviar un comentario.