DATA PRESENTACION TEMPADA 2023

    Voltamos ao formato de presentación no Concello. Deixamos atrás a tempada 2022, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 27 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 11 de febreiro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 27 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2022

     O vindeiro domingo 20 de marzo no Estadio Municipal de Atletismo está prevista a PRESENTACION DOS EQUIPOS para a tempada 2022.  Convidamos a tod@s @s atletas e soci@s para plasmar a nosa aposta polo futuro e dar un merecido empurrón a familia amarela. Coma tantos outros sectores trataremos de achegarnos a normalidade, sen deixar de lado a debida cautela, polo que este ano faremos unha presentación máis «familiar» co seguinte programa:

11:00 horas nas pistas de Atletismo de Cangas

– 11:15 Inicio de sesión de fotos por equipos e categoría.

–  Acudide coa equipación oficial do Club, por favor.

     Remataremos coa entrega da revista número 26 correspondente a tempada 2021, vemonos nas pistas…ata pronto.



PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2020

Cangas, 25 de xaneiro 2020

 

     Tivemos que buscar un oco, no ateigado calendario, para facer a PRESENTACION OFICIAL dos Equipos do Vila de Cangas para a presente tempada. O día seguinte competiamos na localidade de A Rua e iso supuso que faltaran moitas caras coñecidas. Unha pena, coa previsión da Revista e as confirmacions d@s invita@s se nos facia moi dificil cambiar a data. Contamos coa presenza da Tenente Alcalde do Concello, o Concelleiro de Deportes, o Xefe Provincial do Servicio de Deportes da Xunta, o Diputado de Deportes da Deputación, Concelleiros do PP e o Presidente da Federación Galega de Atletismo.



     No apartado atletico tivemos a sorte de poder contar con Jose Carlos Adanquen nos amosou a sabiduria dun ex-atleta olimpico que a día de hoxe segue ligado ao atletismo en varios frentes, tanto coma practicante coma de adestrador. Tratou de contaxiarnos un optimismo que o levou a élite do atletismo, resumindo os seus consellos nunha formula sinxela, chamada ILUSION. Foi unha charla interesante e productiva que estivo precedida dun globo-sonda, por parte da nosa Presidenta. Expuxo o tema das pistas as Autoridades políticas, e desa, o Salón de Plenos converteuse no que o seu propio nome indica. Agardamos que a clase politica poida aplicarlle algo de ILUSION ao mantemento e arranxo das Pistas, simplemente iso, sen reproches. Na mesa da charla tamén estivo, aportando os seus coñecementos, o recuperador deportivo Jose Calvaroutro membro da nosa familia amarela. Juan Ramilo arrancoulle un compromiso para unha charla, máis extensa e específica,  sobre as lesions deportivas, conste en acta.

     Coa entrega da Revista nº 24 do Club, demos por rematada a nosa estancia no Salón de Plenos. Subimos a planta superior a facer acopio de enerxia para o día seguinte. Agardabanos en A Rua o Cto. Galego de Cros de Categorías Menores, de feito, o excedente de comida servirianos de avituallamento. Iso se chama aproveitamento de recursos. Por un ano máis dar as gracias a tod@s @s que apoiades este proxecto, vemonos nas competicions.



PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2020

     O mes de xaneiro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2018/19, a máis longa na que nos tocou participar. A partir de agora serán tempadas que coincidiran cos anos naturais.  Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 25 de xaneiro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 24 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



PRESENTACION TEMPADA 2017/18

     Coma xa ocurrirá o ano pasado a PRESENTACION coincidiu coa Fase Previa da Liga Federada Escolar. Con tal motivo @s atletas sub-10, sub-12 e sub-14 competiron pola maña en Pontevedra, moi ben por certo, e pola tarde nos agasallaron coa sua vitalidade no Salon de Plenos do Concello de Cangas. Preto das 17:00 horas tiñamos citados @s atletas e colaboradores para ir tinguindo o Concello de amarelo.

      Estivemos arroupados por diversas Autoridades en representación do Concello, Deputación e Xunta de Galicia. Tamén se personou o Delegado da FGA de Vigo. De parte do mundillo do Atletismo tivemos a honra de contar coa presenza de Victor RioboO atleta marinense foi o espello para a nosa canteira coma exemplo enriquecedor de atleta de élite, persoa e tamén, coma él mesmo puntualizou, rival dos amarelos.

     O desenrolo do programa comezaba coa foto do grupo no exterior do Concello. Este ano non choveu, e falta que fai. Moita cara nova polas primeiras ringleiras e nova ubicación que quedou tal que así.



     De seguido, xa no interior, foron desfilando os equipos por categorías. De menos a máis idade, fomos familiarizandonos cos novos nomes das categorías, vai ser difícil acostumarse, son moitos anos.




     A posterior charla-coloquio pode seguir moitos derroteiros, neste caso Victor fixonos un fiel relato das aventuras e desventuras dun atleta de élite. Quedamonos coas suas recomendacions de non deixar os estudos de lado, tampouco de castigar os nen@s sen deporte (Grande ERRO). Neste tipo de debates rematase falando de problemáticas varias. A verdade que interesa, e moito, afrontalas e dalgún modo tratar de poñer solución. Niso estabamos, pero claro @s nen@s son alleos a todo isto. A sua vitalidade foi enchendo o Concello e a única maneira de freala era comendo. 

     Agora toca queimar esas calorias… pero a tempada e longa, MOITA SORTE



PRESENTACION TEMPADA 2016/17

     O sábado 19 de novembro foi a data elexida para a Presentación Oficial dos equipos do Vila de Cangas. O salón de Plenos do Concello de Cangas acolleunos para ir coñecendo os distintos equipos por categorías. Familia e socios foron enchendo as butacas, cando no exterior non paraba de chover. Como invitados tivemos a dous ilustres atletas do noso pobo, Solange Pereira e Alvaro Prieto,  quenes amosaron a sua paisón polo atletismo e foron un digno espello para a nosa canteira.


15178269_1609299402708642_4514997095768891745_n


     Da parte institucional contamos coa presenza do Alcalde de Cangas, o Concelleiro de Deportes e concelleiros de diversas forzas en Cangas. Tamén se sumaron a Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra e o Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Por parte da FGA acudiu o responsable da Delegación de Vigo.

     Despois das fotos dos diferentes equipos, tivemos que improvisar o esceario da foto de familia. Non parou de chover e as escaleiras do interior do Concello asumiron o protagonismo da foto. Escalonadamente fomonos repartindo por elas, ata completar o tetris amarelo. Veremos o que sae.

     Tomaron a palabra as diferentes personalidades para dunha maneira ou outra alabar e incentivar as virtudes do deporte. Máis non tardou en sair un tema de actualidade candente, o estado das Pistas de Cangas. Solange Pereira, frecuente usuaria das mesmas,  pediu as Autoridades presentes, que unhas boas instalacións non se deixen deteriorar ata o punto que se fagan inutilizables. Dixo tamén que a solución de parchear o tartán non lle parecía boa, que as pistas necesitarían un saneamento integral do tartán.

     Ata ahí a maioria pensamos coma Solange, pero claro non tardou en sair o verdadeiro obstáculo que impide unha solución digna o problema…OS CARTOS.  Esperamos que se lle preste prioridade a este PROBLEMON xa que nesta tempada as pistas poden perder a súa homologación, amén de lesións e limitación a hora de adestrar.

     Dende o Club queremos amosar a nosa determinación para que iso non suceda, e que estas instalacións non caían no olvido.

     Mentrás fora @s nen@s permanecían  xogando e alleos a unha problemática que agardamos, co tempo, non sufran. De feito, esta hiperactividade dos máis pequenos puso fin o debate. Había que entretelos dalgunha forma, xa estaba pensado, isto si que tiña fácil solución. Nos subimos tod@s para o piso superior e SORPRESA, comida, bebida e ata unha tarta de chuches.


15042053_1609299696041946_6847842530766035799_o


     Engadir que durante a mañá os benxamins, alevins e infantis estiveron disputando en Vigo a V Liga Federada Escolar. Moit@s só vestiron o chandal durante o sábado, se tiveramos que pagarlles nos arruinabamos.


14991273_1609296542708928_1371638858670212566_o


 

PRESENTACION TEMPADA 2016/17

Novembro 2016

     O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2015/16, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 21 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 19 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • – Entrega da revista nº 21 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(para concretar estas aportacións quedaremos polos grupos de whatsapp)


     foto-fili


PRESENTACION TEMPADA 2015/16

Cangas, 14 de novembro de 2015

     Coa sobremesa dun sábado de novembro moi soleado daba comezo a PRESENTACION OFICIAL DA TEMPADA 2015/16 dos equipos do Vila de Cangas. Ao redor das 17.00 horas estaban citados os atletas e media hora máis tarde os socios e demáis invitados. O lugar elexido foi o Concello de Cangas, onde o salón de Plenos acollería a masa social que compón e sustenta o Club. Nais, pais, avos e demáis familia foron enchendo a sala acompañando @s amarel@s. Primordial labor que non nos cansamos de agradecer, GRACIAS FAMILIAS.

Puidemos empezar bastante puntuais. Por razóns luminicas fixemos a foto exterior de grupo o principio. Había que plasmar este veran de San Martiño que estamos a ter. Claro que con esta pequena variación do programa houbo atletas que se perderon a foto. Coincidia tamén a concentración de saltos da FGA en Ourense. Alí foron vari@s atletas e un adestrador. Non chegaron para a foto pero si nos axudaron a dar conta dos manxares que entre tod@s xuntamos, outra vez GRACIAS FAMILIAS.

Tras a foto de grupo, foron desfilando polo salón de Plenos do Concello de Cangas todolos equipos dende minibenxamins ata veterans. Nun lado do salón compareceron as Autoridades municipais, representadas polo Alcalde, Concelleiro de Deportes e representantes dos grupos políticos. Da Deputación Provincial tamén tivemos representación institucional.

Pola bancada de enfrente tivemos a Fernando Paredes e Solange Pereira, ambos foron os atletas invitados que nos honraron coa súa presenza.  A charla-coloquio tocou os temas máis sensibles do atletismo actual, Fernando e Solange nos falaron dos valores que imperan para alcanzar as metas no atletismo,  (sacrificio, esforzo, disciplina…). Elevouse a practica deportiva o nivel cultural que se merece, Tamén por parte das institucións presentes se mentaron eses valores, (sacrificio, esforzo, disciplina…) como clave de supervivencia nestes tempos de precariedade economica. En resumo os atletas somos sans e disciplinados pero pobres. De tod@s depende que isto vaia cambiando e se poidan suplir esas carencias que sempre saen a coloquio.

Da man de Belen Lemat chegou unha boa nova. Unha mensaxe de  Javier Gómez Noya, quen tivo a deferencia de donar unha camisola firmada para sortear nas rifas que vende o Club.  Mellor exemplo non poderiamos ter para  a nosa canteira. Gracias tamén a Javi por ser tan cercano e comprometido co deporte en xeral.

Chegaba o momento de despachar os suculentos manxares que nos esperaban no piso superior do Concello. Antes foi repartida entre os asistentes a Revista nº 20. Todo o acontecido na pasada tempada 2014/15 quedou reflexado nela. De feito este será o primeiro artigo da nº 21. O resto da xornada foi xantar e beber…para iso hai xente.


portada


 

PRESENTACION TEMPADA 2014/15

Cangas a 22 de novembro de 2014

Como xa é tradición o mes de novembro acolle a presentación da nova tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Este ano tamén se pretendía recordar e celebrar os 20 anos de existencia do Club, os seus inicios ligados ao Club de Remo e as vivencias dalgún atleta, adestrador ou directivo que foron e son testemuñas da historia do Vila.
O que  xa esta instaurado son os pinchos para rematar a presentación, sobre as 17.00 horas a contorna do Concello xa empezaba a ter unha mestura de olores culinarios que facían sospeitar cal ía ser a guinda do acto.
Houbo ata retornos como o de Maria Gestido, quen volve para reforzar ese magnífico equipo feminino, que tantas alegrías nos está a dar ultimamente. Sorte nesa nova andaina e benvida de novo.
Unha vez dentro do Salon de Plenos ímonos dando conta de que case non cabemos, de que particularmente este ano hai moitos nenos novos. Van desfilando as categorías para sacar as fotos dos equipos. A tradicional foto de grupo sacámola na praza do Concello aproveitando un respiro que nos dá a chuvia.
Cando todos os equipos remataron a sesión de fotos prodúcese unha planeada homenaxe, con tarta incluída, a Mari e a Calvar. Púxose bastante emotiva a cousa, non é para menos. A quen lle amarga un doce, e sempre é bo ter un momento para poder agradecer moitas cousas e este era o momento de Mari e Calvar.
Da tarta non quedou nada, esperemos que o recoñecemento dure máis. Xa dixemos que o Salón se nos quedou pequeno se a iso lle sumamos a media de idade dos nosos atletas, estaba claro que a charla-coloquio non se podía dilatar moito, e así foi breve, clara e concisa. Estaba preparado no piso de arriba o superpincho estilo «Bueu», cada un leva ou seu, que unha vez emplatado e distribuído non tiña nada que envexar aos caterings profesionais.
Tanta présa tivo a xente en subir que algún se esqueceu a revista n.º 19, xa sabedes se vos pasou o empacho e a queredes, podedes pedila. Vémonos nas Pistas.

PRESENTACION TEMPADA 2014/15

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2014/15.  Feito que terá lugar o vindeiro Sábado 22 de Novembro ás 17:00 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas. Este novembro cumprimos 20 ANOS, e algo se falará do tema.

Detalle do acto:

– Presentación dos equipos por categorías  e sesión fotográfica.

– Charla-coloquio.

– Entrega do Nº 19 da revista do clube.

Como ven sendo costume remataremos con un pincho consistente nas aportacions culinarias de todos e todas. Xa sabedes Chefs do morrazo,  tedes un reto.

Esperando con ilusión a vosa asistencia á acto,aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.