Ourense, 26 de febreiro de 2023
Archivo de la etiqueta: Pista Cuberta
CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 04 de febreiro de 2023
Chegaba o punto máis álxido da pista cuberta para as categorias menores co CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA. O esceario non podia ser outro ca pista cuberta de Expourense, na xornada de maña contaría coa presenza das categorias SUB 10 e SUB 12. Probas moi competidas por parte dos benxamins que tiveron premio na medalla de BRONCE acadada por Luca Cao. Na categoría alevin destacar os dobletes conseguidos por Angel Refojos, vencedor na velocidade e subcampión nos 1000 m.l. ademáis de Lena Currás que rematou primeira nos 1000 m.l. e subcampioa na lonxitude. Sabela Miranda venceu no lanzamento de peso i Emma Collazo rematou segunda nos 500 m.l.
SUB 10
- HUGO LORENZO, 10º 500 m.l.
- ALEX CARBALLO, 8º 50 m.l. e 4º 500 m.l.
- LUCA CAO, 3º peso
- EMMA SALGADO, 8ª lonxitude
- SOFIA CORRALES, 13ª 1000 m.l.
- LUCIA CANCELAS, 10ª 50 m.l. e 5ª 500 m.l.
- DANIELA NOGUEIRA, 8ª peso
- MAR FAZANES, 10ª peso
SUB 12
- ANGEL REFOJOS, 1º 60 m.l. e 2º 1000 m.l.
- BRAIS GARCIA, 17º 1000 m.l.
- DANIEL CORDEIRO, 6º 500 m.l. e 7º lonxitude
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 4º peso
- CARLA SALGADO, 13ª 60 m.l.
- NORA PARCERO, 21ª 1000 m.l.
- EMMA COLLAZO, 2ª 500 m.l. e 5ª lonxitude
- LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e 2ª lonxitude
- ALBA ALVAREZ, 16ª1000 m.l.
- SABELA MIRANDA, 1ª peso
Pola tarde foi o turno da categoría infantil coa presenza de catro atletas que acadaron os seguintes resultados:
SUB 14
- SAUL SANTOS, 9º 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 7º 1000 m.l.
- MIGUEL FERNANDEZ, 10º 2000 m.l. e 10º lonxitude
- ANTIA SOTO, 5ª 60 m.l. e 5ª triple salto
PLAN DE VIAXE A OURENSE
Este vindeiro sábado 4 de febrero vai ter lugar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12 e SUB 14 baixo teito. Temos previsto viaxar para a xornada de maña, que engloba aos SUB 10 e SUB 12, nun autobús que sairá da estación de Cangas as 08:00 horas con volta ao remate. Para a xornada de tarde a categoría SUB 14 faran a viaxe en coches particulares, avisando si carecen de transporte. A xornada rematará de maña sobre as 14:00 horas polo que se precisará levar algo de comer, tamén se recorda levar DOCUMENTACION ( DNI ou FICHA FEDERATIVA). Si alguen quere a ficha en formato dixital que a solicite polos grupos de whatsapp. Achegamos a continuación HORARIO provisional e @s atletas que participarán na competición. No autobús poderan viaxar os acompañantes d@s atletas, no hai que reservar, estimase que hai sitios para tod@s.
SUB 10
- HUGO LORENZO, 500 m.l.
- ALEX CARBALLO, 50 m.l. e 500 m.l.
- LUCA CAO, peso
- EMMA SALGADO, lonxitude
- SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
- LUCIA CANCELAS, 50 m.l. e 500 m.l.
- DANIELA NOGUEIRA, peso
- MAR FAZANES, peso
SUB 12
- ANGEL REFOJOS, 60 m.l. e 1000 m.l.
- BRAIS GARCIA, 1000 m.l.
- DANIEL CORDEIRO, 500 m.l. e lonxitude
- SAMUEL CORRALES, altura e lonxitude
- ALEJANDRO FERNANDEZ, peso
- CARLA SALGADO, 60 m.l.
- NORA PARCERO, 1000 m.l.
- EMMA COLLAZO, 500 m.l. e lonxitude
- LENA CURRAS, 1000 m.l. e lonxitude
- ALBA ALVAREZ, 1000 m.l.
- SABELA MIRANDA, peso
SUB 14
- SAUL SANTOS, 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 1000 m.l.
- MIGUEL FERNANDEZ, 2000 m.l. e lonxitude
- GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
- AMARO BASTON, peso
- ANTIA SOTO, 60 m.l. e triple salto
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTA
Ourense, 21 de xaneiro de 2023
Coa estrea da tempada chegou a competición de máis nivel no ámbito galego, estamos a falar do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTA. A sede para disputar o Campionato foi a pista cuberta de Expourense, paralelo ao programa do Campionato Absoluto tamén se realizou un control de marcas. Marta Camaño correu os 60 m. en 8,20 e pasou a final B, onde realizou a mesma marca que lle deu o posto 14º das duas finais.
Ariadna Gil e Saray Amoedo participaban na final do concurso de triple salto, a primeira proclamouse Campioa Galega Sub 23 e BRONCE no Absoluto, a sua compañeira estreaba a categoria senior e acadaba o 7º posto na final do triplo.
Diego Martínez participou na final de salto de altura, onde obtivo unha marca persoal de 1,81 e supuso un posto 5º no concurso. Uxia Sánchez correu os 400 m.l. en 1:04,62 acadando un posto 14 nas series disputadas. Agata Rodriguez progresou a final dos 60 m.v. cun tempo de 9,67 s. na clasificatoria, na carreira final non rematou a proba. Gema Dacosta foi 6ª na final do concurso de lanzamento de peso, cun lanzamento de 10,21.
PLAN DE VIAXE A OURENSE
O vindeiro domingo 11 de decembro vai ter lugar na Pista Cuberta de Expourense o TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA. Acadaron o pase a esta competición os equipos SUB 10 FEMININO e SUB 12 MASCULINO e FEMININO. De cara a viaxe está planificada a saida do autobús as 08:00 h. desde a Estación de Cangas. Se houbera algunha incidencia relacionada coa viaxe ou asistencia, pregamos se comunique canto antes. Unha vez rematen as probas voltará o autobús polo que aconsellamos levar comida.
INFORMACION DO CAMPIONATO
SUB 10 FEMININO
- LUCIA CANCELAS
- SOFIA CORRALES
- CAMILA ENRIQUEZ
- EMMA SALGADO
- DANIELA NOGUEIRA
- MAR FAZANES
- ISIS MARTINEZ
- NORA PARCERO
RESULTADOS EN DIRECTO
SUB 12 FEMININO
- ANA OLIVEIRA
- EMMA COLLAZO
- ALBA ALVAREZ
- AITANA BROULLON
- LENA CURRAS
- SABELA MIRANDA
- NAHIA PINTOS
- IRIA FERNANDEZ
- LEIRE FUENTES
- CARLA SALGADO
SUB 12 MASCULINO
- ANGEL REFOJOS
- GABRIEL FAZANES
- DANIEL CORDEIRO
- XABIER FERRAL
- RUBEN FERNANDEZ
- AMARO BASTON
- ANXO CURRAS
- ALEJANDRO FERNANDEZ
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Sabadell, 27 de marzo de 2022
Coa celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA pechabase a tempada indoor, e nada mellor cunha cita deste calibre. Gema Dacosta chegaba a Sabadell coas posibilidades, gañas e máis a experiencia precisa. A final do concurso de lanzamento de peso poñia en competición a actual Campioa Galega e mediase coas mellores a nivel nacional. Finalmente achegou a bola ata os 12,20 metros e acadou a medalla de BRONCE. Magnifico curriculum estase a labrar, e nós encantados de poder contalo. Parabens tamén para @s adestrador@s.
CAMPIONATO GALEGO SUB 10, SUB 12 E SUB 14
Ourense, 12 de marzo de 2022
A tempada indoor chegaba o seu momento culminante para as categorias menores coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 10, SUB 12 E SUB 14 en Expourense. As probas para benxamins e alevins ocuparon a xornada de mañá mentras que a de tarde reservouse para a categoría infantil. Cerca de trinta amarel@s acadaron marca para competir nun máximo de duas probas. Destacar o Bronce acadado por Samuel Corrales no concurso de lonxitude da categoria Sub 12, tamén foi Bronce Lena Currás no mesmo concurso feminino que completou co Subcampionato Galego dos 1000 m.l. Emma Collazo obtivo tamén un Bronce na carreira dos 500 m.l. Parabens para debutantes e non debutantes que afrontaron con valentía os nervios propios destas grandes citas.
SUB 10
- BRAIS GARCIA, 19º 50 m.l. e 20º 500 m.l.
- ADRIAN CALVAR, 13º salto de lonxitude
- ALAN MALVIDO, 9º lanzamento de peso
- NORA PARCERO, 6ª 50 m.l. e 6ª 1000 m.l.
- SOFIA CORRALES, 10ª 1000 m.l.
- CAMILA ENRIQUEZ, 6ª salto de lonxitude
SUB 12
- SAMUEL CORRALES, 13º 500 m.l. e 3º salto de lonxitude
- GABRIEL FAZANES, 19º 500 m.l.
- ANGEL REFOJOS, 4º 1000 m.l.
- XABIER FERRAL, 23º 1000 m.l.
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 10º lanzamento de peso
- AMARO BASTON, 6º lanzamento de peso
- EMMA COLLAZO, 10ª 60 m.l. e 3ª 500 m.l.
- ANA OLIVEIRA, 16 ª 60 m.l. e 19ª 500 m.l.
- LENA CURRAS, 2ª 1000 m.l. e 3ª salto de lonxitude
- NAHIA PINTOS, 15ª 1000 m.l. e 7ª salto de lonxitude
- SABELA MIRANDA, 5ª lanzamento de peso
Pola tarde, con un pouco máis de calma, competían @s «maiores». Acadaron premiación Hugo Collazo, cun Bronce na proba de 2000 m.l. e Noa Quinteiro con outro terceiro posto no concurso de lanzamento de peso.
SUB 14
- HUGO COLLAZO, 3º 2000 m.l. e 10º salto de lonxitude
- MARCOS RIAL,12º 1000 m.l.
- UNAI FERRAL, 9º triple salto
- ANA CORDEIRO, 5ª 60 m.l. e 5ª 500 m.l.
- ANTIA SOTO,10ª 60 m.v. e 8ª triple salto
- ESTELA RAÑA,13ª triple salto e 17ª 1000 m.l.
- LEIRE FERNANDEZ,12ª 1000 m.l.
- ERICA NOVAS, 13ª 1000 m.l.
- NOA QUINTEIRO, 3ª lanzamento de peso
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB10-12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA
A pista cuberta de Expourense vai acoller o CAMPIONATO GALEGO SUB10, SUB12 e SUB 14. As duas primeiras categorias serán en xornada de mañá e pola tarde competiran @s infantís. Os desprazamentos se realizaran por conta propia, se deberá estar con antelación a proba (1 hora) para o quecemento e a CAMARA DE CHAMADAS. Achegamos o Horario por xornadas e o REGULAMENTO. Hai que ter en conta que se lle vai esixir aos atletas participantes un certificado de vacinación ou unha proba negativa (PCR , antixenos 72 h antes) da COVID, para dar cumplimento ao protocolo da FGA.
RESULTADOS EN DIRECTO
SUB 10
- BRAIS GARCIA, 50 m.l. e 500 m.l.
- ADRIAN CALVAR, salto de lonxitude
- ALAN MALVIDO, lanzamento de peso
- NORA PARCERO, 50 m.l. e 1000 m.l.
- SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
- CAMILA ENRIQUEZ, salto de lonxitude
SUB 12
- SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e salto de lonxitude
- GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
- ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
- XAVIER FERRAL, 1000 m.l.
- ALEJANDRO FERNANDEZ, lanzamento de peso
- AMARO BASTON, lanzamento de peso
- EMMA COLLAZO, 60 m.l. e 500 m.l.
- ANA OLIVEIRA, 60 m.l. e 500 m.l.
- LENA CURRAS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
- NAHIA PINTOS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
- SABELA MIRANDA, lanzamento de peso
SUB 14
- HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e salto de lonxitude
- MARCOS RIAL, 1000 m.l.
- UNAI FERRAL, triple salto
- ANA CORDEIRO, 60 m.l. e 500 m.l.
- ANTIA SOTO, 60 m.v. e triple salto
- ESTELA RAÑA, triple salto e 1000 m.l.
- LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l.
- ERICA NOVAS, 1000 m.l.
- NOA QUINTEIRO, lanzamento de peso
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA
Ourense, 05 de marzo de 2022
Expourense foi de novo testemuña da evolución da categoría cadete a nivel autonómico. A Pista Cuberta deu cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 16, e nós fomos participes cunha expedición de amarel@s. Helena Bello participou no salto de pértega, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO e fixo a sua mellor marca con 2,80 m. , iso chamase unha xornada redonda, no mesmo concurso Iris Malvido rematou 7ª. Marta Camaño tamén superou a sua marca persoal nos 60 m.l., con 8,29 s. colouse na final. Acadou o 7º posto na clasificación da carreira.
Lucia Gil concursou de maña na lonxitude e quedou a un centimetro do podio, foi 4ª con 4,61 m. Pola tarde desquitouse no Triplo e proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA, con 9,61 m. Diego Garcia correu os 3000 m.l. e rematou en 15ª posisción, nos 300 m.l. acadou o posto 20º. Nerea Malvido participou nos 3000 m.l. e cruzou a meta no posto 17º. Hugo Domínguez foi 18º na proba dos 1000 m.l.
Gema Dacosta venceu no concurso de lanzamento de peso e acadou a final dos 60 m.v., na que rematou 5ª. Iris Malvido foi 8ª nos 600 m.l. e a sua compañeira Naia Casas rematou 19ª.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA
Salamanca, 19 de febreiro de 2022
Debe estar conectado para enviar un comentario.