Pamplona, 8 e 9 de outubro de 2022
Archivo de la etiqueta: Campionato de España
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE
Avilés, 24 de xullo de 2022
En terras asturianas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE. Alí tivemos a representación de Gema Dacosta, quen participaba en dous concursos de lanzamento, o peso máis o disco. Co historial desta cadete non para de sorprendernos o ben que compite. A final do lanzamento de peso foi un claro exemplo de superación, sacou un último lanzamento de 12,66 m. que lle daba acceso ao podio, en concreto a medalla de BRONCE, a cuarta clasificada lanzou 12,65 m., a cousa foi de infarto. Con esta medalla iguala a que obtivo no Campionato de España de Pista Cuberta. No lanzamento de disco mantivo un pérfil máis discreto, acadando o 10º posto cunha marca de 32,58 m. Pouco máis que dicir desta enorme atleta, que sempre achega o máximo a cada competición. Parabens Gema.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Jerez de la Frontera, 18 de junio de 2022
Agata Rodríguez participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE que se celebrou na localidade gaditana de Jérez de la Frontera. Tomou parte na semifinal dos 100 m.v. que rematou en 16,35 s ocupando a 8ª praza, non acadando o pase a final. Parabens e a seguir mellorando.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14
Torrevieja, 28-29 de maio de 2022
A disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 foi nesta tempada ata a localidade alacantina de Torrevieja. Ali representounos o atleta Hugo Collazo, quen disputaba a modalidade de triathlon B ( lonxitude, 1000 m.l. e xavelina). No concurso de salto de lonxitude deu comezo a sua andaina no Campionato, cun mellor salto de 4,19 m. e unha suma de 237 puntos. A carreira dos 1000 m.l. achegoulle un total de 666 puntos, cunha marca de 2:59.78 que o consolida coma segundo no ranking galego. Unha magoa que no concurso de xavelina non acadase ningun lanzamento válido, o cal mermou a suma global de puntos . Agardamos que este pequeno contratempo non empañe os logros conseguidos e os que quedan por vir. Parabens por loitar cos mellores.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA
Salamanca, 19 de febreiro de 2022
A pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23. O sabado 19, en xornada de tarde competía Ariadna Gil no concurso de triplo. Vaia ambiente que presentaban as bancadas, metían respeto e nervios. Cando saliu ao foso notabase na nosa triplista certo «respeto» polo público e polas rivais. O primeiro obxectivo era pasar a mellora, e acadouse discretamente. Quedaban na final as oito mellores, ese parece que foi o bálsamo que templou os nervios, Ariadna sacou un salto de 11,90 m. que a posicionaba no cuarto posto, e supoñia a sua mellor marca. Non foi definitivo o posto, na ultima rolda foi superada por duas finalistas, sendo relegada ao 6º posto. Xa pode estar contenta, tanto atleta coma adestrador, non é doado mellorar nunha cita con tanta presión.
CAMPIONATO DE ESPAÑA CLUBES SUB 16
Camargo, 23 de outubro de 2021
As vixentes Campioas Galegas disputaron en Camargo (Cantabria) a final B1 do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE CLUBES. A cita contaba cun total de sete equipos, ademáis do anfitrión, Camargo Ria del Carmen, os galegos Atletica Silva e Agrupación Viguesa de Atletismo, o búrgales Image FDR, o navarro Grupompleo Pamplona At. e o vasco Bidezabal Durango At. Os horarios das probas, previstos para o sábado 23 de outubro, nos facian viaxar na tarde do venres 22 hacia Cantabria. Ao chegar, coa noite xa encima, pouco tempo para cear e tratar de dar un paseo, acortado pola choiva. Na reunión técnica desa noite trataronse os cambios en certas probas para sortear as lesions, e de paso, fortalecer o equipo.
Chegado o sábado 23 de outubro, despois dun sustancioso almorzo, o equipo máis adestradores foron paseando dende o Hotel ata as Pistas da Maruca. Un explendido día solleiro nos recibiu nas instalacións do Club cantabro. A actividade, unha vez nas pistas, foi «in crescendo» ata estar metid@s de cheo na competición.
Marta Rua daba comezo a participación amarela no lanzamento de martelo, aportou un 5º posto cun mellor lanzamento de 20,84. No salto de pértega estaba Ariadna Becerra que rematou 4º con 1,80 m. Antia Giráldez saltou 1,15 m. no concurso de altura e obtivo o 7º posto. Alternaban os concursos coas carreiras, neste caso salientar o 5º posto acadado por Naia Casas, nos 300 m.l. e Noa Piñeiro, nos 300 m.v. Marta Camaño foi 3ª na proba raiña da velocidade, os 100 m.l.
No foso dos saltos asistimos a mellora de Carmen Fraga na lonxitude, cunha marca de 4,63 m. que lle suspuso o 2º posto. Na proba de triple salto, Lucia Gil, multiplicou a sua marca ata 9,97 m. acadando o 3º posto. Na carreira de 600 m.l. Uxia Sánchez entrou 2ª na meta. As carreiras de fondo aportaron sendos 4º postos, protagonizados por Cristina Taboada, nos 1000 m.l. e Nerea Malvido, nos 3000 m.l. Nos 1500 obstáculos Sara Nerga finalizou 5ª.
Os concursos de lanzamentos consolidaron a posición do equipo, sendo Gema Dacosta 1ª en disco, Maialen Fernández 1ª en xavelina e Claudia Carcer 2ª en peso. A marcha atlética estivo representada por Iris Malvido, quen obtivo o 3º posto na proba. Boa parte da competición o equipo asentouse na cuarta plaza, coa esperanza de mellorar algún lugar nos achegamos as probas dos relevos. Coma un raio foi o relevo de 4X100 (MARTA C.-LUCIA G. -GEMA D.- CARMEN F.) que acadou o 2º lugar. A derradeira proba foi o relevo 4X300 (UXIA S- MAIALEN F.- MARTA R.- AGATA R.), acadando o 6º lugar, tras a caída do testigo. Finalmente un merecido e loitado cuarto posto no que hai que destacar esa enorme labor de equipo.
GEMA DACOSTA VIAXA COA SELECCION
A atleta Gema Dacosta viaxará coa selección galega ata Cuenca para participar no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas. No concurso de lanzamento de peso estaremos atentos a sua aportación ao equipo, que de seguro será moi positiva. Moita sorte para ela, e por suposto para o combinado galego.
COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA
Coa chegada dos rigores do veran decaen as competicions, pero esta vindeira fin de semana hai importantes probas no calendario. En Lleida disputase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE, coa presenza de Gema Dacosta na final do lanzamento de peso, estaremos atentos a sua evolución.
RESULTADOS EN DIRECTO
Algunhas das compañeiras cadetes acadaron marca para participar no CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE, a celebrar en Vigo o vindeiro 18 de xullo, na proba dos 100 m.l. sendo Marta Camaño e Lucia Gil. Participará no concurso de altura o combinero cadete Diego Martínez. A máis precoz no concurso da pértega será Helena Bello, atleta sub 14 que loitará por superar a sua marca. Estaran acompañad@s de atletas máis veterans, como é o caso de Lope Quinteiro que pelexará nos 800 m.l e Ariadna Gil que o fará no triple salto.
INFORMACION DO CAMPIONATO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE
Monzón, 04 de xullo de 2021
A localidade oscense de Monzón acolleu durante a primeira fin de semana de xullo o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Temperaturas de máis de trinta grados e ambiente seco foi o contexto da competición. As instalacións que daban cabida as probas tiñan un tartan renovado e xa albergaron o Campionato europeo de probas combinadas do ano 2017. Tamén se agradecía as zonas de sombra para o quecemento e resguardarse do sol. En xeral, unhas instalacións acordes a entidade da competición e @s atletas participantes. Ariadna Gil competía as 18:15 horas do domingo 04 de xullo, tivo que aguantar temperaturas de 34 grados, pero realizou o mellor concurso de triple da sua carreira. Acadou un salto de 11,84 m. que lle supuso rematar no sétimo posto da final. Parabens polos logros presentes e sorte nos futuros.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14
Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020
Debe estar conectado para enviar un comentario.