Primeiro asalto ao remate da Pista Cuberta nas categorias menores, neste caso era en Expourense para a categoria SUB 14. Unha longa xornada que tivo un paron para xantar para logo darlle continuidade pola tarde. A sección feminina contaba con seis participacions que estiveron encabezadas pola carreira de Lena Currás nos 1000 m.l. onde cun tempo de 3:12, 75 proclamouse CAMPIOA GALEGA de Pista Cuberta.
A outra premiación viu da man de Emma Collazo cun BRONCE na proba de 500 m.l., ademáis rematou no posto 12º no concurso de Lonxitude. Maria Marcos rematou 20ª nos 500 ml. e foi 18ª no salto de lonxitude. Nahia Pintos rematou 32ª na probra de 1000 m.l. seguida por Alba Alvárezno posto 33º. Carla Salgado tamén participou en duas probas, sendo 19ª no salto de lonxitude e descalificada na proba dos 60 m.l.
No tocante aos homes Angel Refojos acadou un magnifico pero amargo 4º posto na proba de 500 m.l. e rematou 13º nos 60 m.l. Daniel Cordeiro acadaba o posto 8º na esixente proba dos 1000 m.l. e foi 12 º no salto de lonxitude. Pechamos a participación amarela con Alejandro Fernándezque acadou o posto 6º no concurso de peso.