CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS

Cieza, 26 de febreiro de 2023

 

    Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa  viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos.  Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Antequera, 4 de febreiro de 2023

 

     Por terras malagueñas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA. Competiu Ariadna Gil no concurso de triple salto, disputou unha final na que foi de menos a máis coa magoa dun último salto nulo. Finalmente foi 9ª cun segundo salto de 11,74, quedou as portas da mellora pero nos quedamos coas boas sensacións na competición que fan previsible unha tempada exitosa.



CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO

Murcia, 07 de maio de 2022

    As pistas de Monte Romero, dentro do Campus da Universidade de Murcia, acolleron o CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO. Moitas caras coñecidas representaban as suas Universidades. No noso caso, foi Ariadna Gil quen disputaba o concurso de triple salto representando a USC. Por parte da Universidade de Santiago foron un total de tres atletas, cifra que pouco axuda ao presumible fomento do atletismo por parte desta Entidade. Engadir tamén unha pista metida nunha interminable reforma. Neste contexto Ariadna conformouse con poder participar nun Campionato que contaba cun altisimo nivel e no que tiña moi reñido o pase a mellora. Finalmente tivo unha actuación discreta que a posicionou no 9º posto, coa teima dos centimetros que a afastaron da mellora. Iso si, sacou a foto con Mariano Garcia, o vixente Campión do Mundo de 800 m.l.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 27 de marzo de 2022

     Coa celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA pechabase a tempada indoor, e nada mellor  cunha cita deste calibre. Gema Dacosta chegaba a Sabadell coas posibilidades, gañas e máis a experiencia precisa. A final do concurso de lanzamento de peso poñia en competición a actual Campioa Galega e mediase coas mellores a nivel nacional. Finalmente achegou a bola ata os 12,20 metros e acadou a medalla de BRONCE. Magnifico curriculum estase a labrar, e nós encantados de poder contalo. Parabens tamén para @s adestrador@s.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS

Lepe, 30 de xaneiro de 2022

  Disputouse en Lepe o  CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. No combinado galego  SUB 16 feminino participou Iris Malvido. Rematou o percorrido de 5 km. en 29,19 acadando o posto 35º e sumando para o equipo uns importantes puntos que levaron a Galicia ata o posto 9º.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

Cuenca, 9 outubro de 2021.

 

     Gema Dacosta participou co combinado galego no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS. Realizou un fantastico concurso de lanzamento de peso, acadando o 2º posto, lanzando a bola ata os 12,28 m. e sumando 16 puntos para o equipo. Finalmente a selección galega feminina acadou un magnifico 5º posto entre todos os equipos SUB 16 de España.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lleida, 17 de xullo de 2021

     Reuniase en Lleida a xeración de cadetes que acadaron o pase para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Entre tod@s brilou a cor amarela de Gema Dacosta, combativa coma sempre e resolutiva coma nunca, pechou un concurso de lanzamento de peso de BRONCE. Acadou esta premiación nunha competición de menos a máis, rematando cun lanzamento de 13,10 metros. Esta supón a sua mellor marca, cunha mellora de preto de 90 cms. Ademáis arrebatoulle o record do Club a Raquel Villa, que xa posuia outra marcaza (13,04). Parabens polo traballo ben feito, que de cando en vez, trae recompensa.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Oviedo, 20 de marzo de 2021

 

     Gema Dacosta desplazouse a capital asturiana para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. Participou na final do concurso de lanzamento de peso. Partía coa mellor marca galega da tempada (11,75 m) e agora tocaba medirse co resto de lanzadoras a nivel nacional. Estivo acompañada da sua adestradora Raquel Villa, quen seguiu de cerca a sua evolución na final, onde mellorou a sua marca lanzando ata 11,80 m. e acadando un magnifico 6º posto. Fabuloso peche para esta tempada de Pista Cuberta para esta atleta.



PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE

 A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO