CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de decembro de 2020

     Voltou a Pista Cuberta ao calendario oficial das competicions. A instalación de Expourense acolleu as probas das categorías Sub 10 e Sub 12 en xornada de mañá e pola tarde participou a Sub 14. Este sábado disputaronse as probas propias deste Campionato agas as de fondo, que teran que agardar ao vindeiro sábado 26 en Pontevedra, alí se celebraran ao aire libre. En canto ao papel d@s amarel@s comezamos pola categoria Sub 10, na que tivemos representación no concurso de lonxitude, rematando Samuel Corrales 4º e Gabriel Fazanes 8º na final. Amaro Bastón acadou o 4º posto na final do peso, realizou un concurso de menos a máis e quedou a centimetros do podio. Nas mulleres, Leire Fuentes foi 5ª no peso e Emma Collazo 8ª no global dos 50 m.l.  A categoria Sub 12 completaba a xornada coa lanzadora Noa Quinteiro acadando o Subcampionato Galego en peso, cun lanzamento de 9,03. Estela Raña rematou 6ª na final de lonxitude. Unai Ferral e Hugo Collazo foron a representación masculina nos 60 m.l. finalizando nos postos 12º e 15º, respectivamente.



     A xornada de tarde reservouse para @s Sub 14. Dentro da sección feminina participaron sete atletas e deixaron a sua impronta nos concursos, tal foi así que no peso Gema Dacosta proclamouse Campioa e Claudia Carcer Subcampioa.



     Na final de pértega Helena Bello foi 1ª e Iris Malvido 5ª. O concurso de triple salto tamén contou co Subcampionato Galego acadado por Lucia Gil e o 6º posto de Claudia Carcer. Na proba de 60 m.v. Gema Dacosta rematou 4ª e Marta Rua 18ª.



     Goretti Carballal acadou o 8º posto na final de altura, o mesmo lugar que fixo Helena Bello na final de lonxitude. Hugo Domínguez puso o acento masculino da tarde, competiu nos 60 m.l. e finalizou no posto 30º.



     O vindeiro sábado 26 de decembro daremos un digno remate a este Campionato, coas probas de fondo, ata enton desexarvos BOAS FESTAS e moito sentidiño.

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14 DE PISTA CUBERTA

     Este vindeiro sábado 19 de decembro a pista cuberta de Expourense acollera o  CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORIAS MENORES. Alí daranse cita as mellores marcas das categorias SUB 10, SUB 12 e SUB 14. As probas de fondo (500 m.l., 1000 m.l. e 2000 m.l.) non se disputaran nesa data, seran o día 26 de decembro nas pistas do CGTD de Pontevedra. Achegamos información do evento, estade atentos aos horarios e a entrada en cámara de chamadas. Pola nosa parte actualizaremos a información da FGA neste enlace.


INFORMACION DO CAMPIONATO


 

 


SUB 10 HOMES

  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l. e lonxitude
  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e lonxitude
  • AMARO BASTON, peso

SUB 10 MULLERES

  • EMMA COLLAZO, 50 m.l. e 500 m.l.
  • AITANA BROULLON, 500 m.l. 
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l.
  • LEIRE FUENTES, peso e 500 m.l.

SUB 12 HOMES

  • UNAI FERRAL, 60 m.l. e 500 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 1000 m.l.

SUB 12 MULLERES

  • ERICA NOVAS, 60 m.l.
  • NOAH PINTO,  500 m.l.
  • ESTELA RAÑA,  1000 m.l. e lonxitude
  • SABELA CASTELO, 1000 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 500 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, peso

SUB 14 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ, 60 m.l. e 2000 m.l.
  • BRAIS PINTOS, 1000 m.l. 
  • DIEGO GARCIA, 500 m.l.

SUB 14 MULLERES

  • CLAUDIA CARCER, triple salto e peso
  • LUCIA GIL, 500 m.l. e triple salto
  • IRIS MALVIDO. 1000 m.l. e pertega
  • NEREA MALVIDO, 2000 m.l.
  • SARA NERGA, 1000 m.l.
  • GEMA DACOSTA, 60 m.v. e peso
  • MARTA RUA, 60 m.v. 
  • HELENA BELLO, pertega e lonxitude
  • GORETTI CARBALLAL,  500 m.l. e altura


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Valencia, 7-8 de marzo de 2020

     O noso atleta xuvenil Lope Quinteiro viaxou ata Valencia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Sería das últimas competicions antes de entrar de cheo no Estado de Alarma. Lope participou na segunda quenda dos 800 m.l., estaba reñido o pase a final máis ainda nesta serie. Ao remate da carreira foi 5º cun tempo de 1:59.19, co cal, non progresou a final. Disto seguro que aprendeu moitas leccions, cabeza ben alta que estamos nun Campionato de España.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA

Ourense, 07 de marzo de 2020

 

     A pista cuberta de Expourense acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA. Na primeira categoría, a Sub 16, competiron nove atletas. Todos eles eran noveles nesta categoría e afrontaron de maneira valente as dificultades da mesma. Carlos López e Yago Juncal quedaron afastados da competición nas semifinais dos 60 m.l., rematando 6º e 5º respectivamente nas suas series. Diego Martínez acadou o 8º posto na final do concurso de altura e 5º na semifinal dos 60 m.v. Os irmans Manuel Lemos e Ruben Lemos participaron na final do concurso de pértega, acadando o 6º e 8º posto. Miguel Nuñez participou na semifinal de 300 m.l. e a pesar de rematar 3º, non puido progresar a final. 

     As mulleres protagonizaron a xornada de tarde. Contamos coa presenza de Uxia Sánchez na final B dos 1000 m.l.,  onde rematou no posto 6º. Agata Rodríguez foi 5ª na semifinal dos 60 m.v., sen pase a final. Ariadna Becerra disputou a final de pértega, na cal obtivo un 8º posto.



     Foi un Campionato con sabor agridoce. Na categoría Sub 20 participaron dous atletas e coparon as premiacións da xornada. Juan Piñeiro foi CAMPION GALEGO no triple salto (13,68 m) e SUBCAMPION GALEGO en lonxitude (6,70 m). Esta última marca aseguralle a participación no Campionato de España Sub 20. Ariadna Gil rematou CAMPIOA GALEGA en triple salto (11,25 m) e SUBCAMPIOA GALEGA en 60 m.v. (9,70 s)



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Este vindeiro sábado 07 de marzo vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA. O horario das probas repartirase en xornada de maña e tarde.



     Na categoría SUB 16 participaran @s seguintes atletas:

 

  • YAGO JUNCAL, 60 m.l.

  • CARLOS LOPEZ, 60 m.l e 600 m.l.

  • MIGUEL NUÑEZ, 300 m.l.

  • DIEGO MARTINEZ, 60 m.v. e altura

  • RUBEN LEMOS, pértega

  • MANUEL LEMOS, pértega

  • CARMEN FRAGA, 60 m.l. e lonxitude

  • UXIA SANCHEZ,  1000 m.l.

  • AGATA RODRIGUEZ, 60 m.v.

  • ARIADNA BECERRA, pértega

     Na categoría SUB 20 competirán JUAN PIÑEIRO en loxitude e triple salto e ARIADNA GIL en 60 m.v. e triple salto.

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

     O vindeiro 7 e 8 de marzo vai ter lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Será participe nos 800 m.l. o atleta Lope Quinteiro, quen disputará as semifinais o sábado pola tarde. No caso de progresar a final, ésta será na xornada do domingo. Vai estar acompañado na viaxe do seu adestrador, así que agardamos disfruten da competición e do ambiente das fallas.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 23 de febreiro de 2020

     A pista cuberta de Expourense vestiuse coas suas mellores galas para acoller o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA. Un total de sete amarel@s foron participes neste Campionato. Ana Cerqueira deu comezo coas series de 60 m.l., pasando a semifinal cun tempo de 8,54, na seguinte quenda mellorou o tempo, 8,50, pero non progresou a final. Martin Souto mediuse en duas probas de velocidade, o atleta promesa foi 6º na serie de 60 m.l. e 5º na de 200 m.l., con tempos de 7,80 s. e 25,35 s. non puido pasar as seguintes eliminatorias. Ariadna Gil pusolle color a participación amarela, neste caso foi BRONCE, o acadado na final de triple salto cun rexistro de 11,43. Esta marca suponlle mínima para o Campionato de España SUB 20 a disputar en Sabadell. Este concurso pasoulle factura, na semifinal de 60 m.v. progresou a final pero non puido disputala por problemas físicos. Saray Amoedo foi 6ª na final de triple salto e 8ª no concurso de lonxitude. Pechaba a participación feminina Sabela López, coa final do concurso de pértega. Rematou en 8º posto cun rexistro de 2,32 m.

     Lope Quinteiro foi 7º na final de 800 m.l., supoñendo un importante test de cara a sua participación no Campionato de España SUB 18 en Valencia. Quedou preto da mínima Juan Piñeiro, quen foi 6º no concurso de lonxitude. Realizou un salto de 6,52 m. Moitos parabens para @s nos@s embaixadores en Galicia i España, gracias por poñer en valor a diplomacia amarela.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

      Este vindeiro domingo 23 de febreiro terá lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTAContaremos coa presenza de vari@s amarel@s. No tocante a sección masculina competiran Martin Souto ( 60 ml e 200 ml), Lope Quinteiro (800 ml) e Juan Piñeiro (Lonxitude). A representación feminina sera por parte de Ana Cerqueira (60ml), Ariadna Gil (60 mv e Triplo) Saray Amoedo (Lonxitude e Triplo) e Sabela López (Pértega). Este será o punto álxido da Pista Cuberta na presente tempada a nivel autonómico.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Salamanca, 15 de febreiro de 2020

    A Pista Cuberta Carlos Gil Pérez acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Neste evento participou a nosa promesa Saray Amoedo, concretamente na final de triple salto. Realizou un concurso moi regular no que rematou en 7º lugar, cun mellor salto de 11,20 m. Parabens para ela e para o seu adestrador por este gran posto.



SARAY VIAXA AO NACIONAL SUB 23

 

     A vindeira fin de semana, 15-16 de febreiro disputase en Salamanca o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA.  A nosa promesa Saray Amoedo vai competir na final do Triple Salto, engrosando as once mellores marcas nacionais. A data da proba será o sábado 15 sobre as 19:50 horas. So nos queda desexarlle unha boa viaxe e moita sorte na competición.