CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 26 de febreiro de 2023

     Para darlle remate ao mes de febreiro chegaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A Pista Cuberta de Expourense permaneceu ocupada pola maña para o adestramento do equipo de relevos 4 X 400 do equipo nacional. Xa de tarde nos quedou un horario moi complicado para facer cadrar as comidas antes ou despois das probas a disputar. O primeiro en sufrir estas impertinencias foi Ibrahim Aga que correu os 60 m.l. cun 7º posto na sua semifinal e  nun par de horas disputaria outra semifinal de 200 m.l. rematando 5º sen progreso a final. Lucia Gil disputou tamén dous concursos, nutrindose algo entremedias, rematando preto do podio cun 4º posto na lonxitude e un 5º posto no triplo, Carmen Fraga calcou estas probas cun 7º posto na lonxitude e un 9º no triplo.



     Diego Martínez obtivo a primeira premiación da tarde cun BRONCE na lonxitude, completando a competición cunha victoria no salto de altura.    Raúl Rial tras 15 voltas a pista rematou 10º nos 3000 m.l..



     Os valados achegaron para Agata Rodríguez unha MMP e tamén o SUBCAMPIONATO GALEGO, cun tempo de 9,22 nos 60 m.v. Na mesma clasificatoria quedouse Noa Piñeiro, sendo 4ª na sua semifinal.  Marta Camaño completou unha xornada de catro carreiras, duas de 60 m.l. e outras duas de 200 m.l., na proba corta mellorou marca e foi 6ª na final. Nos 200 m.l. proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Iris Malvido participou na final do concurso de pértega, acadando o 7º posto e tamén correu os 800 m.l. finalizando 8ª. Nesta distancia tamén participaron, en mulleres, Nerea Malvido, 11º e Sara Nerga, 14ª. En homes Carlos López foi 10º seguido de Sergio Valladares 11º.

     No concurso de lanzamento de peso Gemma Dacosta foi CAMPIOA GALEGA achegando a bola aos 12,71 m.

     Na proba de 400 m.l. masculino participou Carlos Corredoira, 8º e Uxia Sánchez 9ª, Naia Casas 19ª no feminino. En xeral unha notable participación do grupo xuvenil que vai ter continuidade coa participación de Agata e Gemma no Campionato de España de Pista Cuberta.



Deja una respuesta