PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB10-12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA

     A pista cuberta de Expourense vai acoller o CAMPIONATO GALEGO SUB10, SUB12 e SUB 14. As duas primeiras categorias serán en xornada de mañá e pola tarde competiran @s infantís. Os desprazamentos se realizaran por conta propia,  se deberá estar con antelación a proba (1 hora) para o quecemento e a CAMARA DE CHAMADAS. Achegamos o Horario por xornadas e o REGULAMENTO. Hai que ter en conta que se lle vai esixir aos atletas participantes un certificado de vacinación ou unha proba negativa (PCR , antixenos 72 h antes) da COVID, para dar cumplimento ao protocolo da FGA.


RESULTADOS EN DIRECTO



SUB 10

  • BRAIS GARCIA, 50 m.l. e 500 m.l.
  • ADRIAN CALVAR,  salto de lonxitude
  • ALAN MALVIDO, lanzamento de peso
  • NORA PARCERO, 50 m.l. e 1000 m.l.
  • SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ, salto de lonxitude

SUB 12

  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e salto de lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l. 
  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • XAVIER FERRAL, 1000 m.l.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  lanzamento de peso
  • AMARO BASTON, lanzamento de peso
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e 500 m.l.
  • ANA OLIVEIRA, 60 m.l. e 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l. e salto de lonxitude
  • SABELA MIRANDA, lanzamento de peso


SUB 14

  • HUGO COLLAZO,  2000 m.l. e salto de lonxitude
  • MARCOS RIAL,  1000 m.l.
  • UNAI FERRAL, triple salto
  • ANA CORDEIRO, 60 m.l. e 500 m.l.
  • ANTIA SOTO, 60 m.v. e triple salto
  • ESTELA RAÑA, triple salto e 1000 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l.
  • ERICA NOVAS, 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, lanzamento de peso

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 05 de marzo de 2022

     Expourense foi de novo testemuña da evolución da categoría cadete a nivel autonómico. A Pista Cuberta deu cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 16, e nós fomos participes cunha expedición de amarel@s.  Helena Bello participou no salto de pértega, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO e fixo a sua mellor marca con 2,80 m. , iso chamase unha xornada redonda, no mesmo concurso Iris Malvido rematou 7ª. Marta Camaño tamén superou a sua marca persoal nos 60 m.l., con 8,29 s. colouse na final. Acadou o 7º posto na clasificación da carreira.



      Lucia Gil concursou de maña na lonxitude e quedou a un centimetro do podio, foi 4ª con 4,61 m. Pola tarde desquitouse no Triplo e proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA, con 9,61 m. Diego Garcia correu os 3000 m.l. e rematou en 15ª posisción, nos 300 m.l. acadou o posto 20º. Nerea Malvido participou nos 3000 m.l. e cruzou a meta no posto 17º. Hugo  Domínguez foi 18º na proba dos 1000 m.l.



     Gema Dacosta venceu no concurso de lanzamento de peso e acadou a final dos 60 m.v., na que rematou 5ª. Iris Malvido foi 8ª nos 600 m.l. e a sua compañeira Naia Casas rematou 19ª.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 19 de febreiro de 2022

     A pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23. O sabado 19, en xornada de tarde competía Ariadna Gil no concurso de triplo. Vaia ambiente que presentaban as bancadas, metían respeto e nervios. Cando saliu ao foso notabase na nosa triplista certo «respeto» polo público e polas rivais. O primeiro obxectivo era pasar a mellora, e acadouse discretamente. Quedaban na final as oito mellores, ese parece que foi o bálsamo que templou os nervios, Ariadna sacou un salto de 11,90 m. que a posicionaba no cuarto posto, e supoñia a sua mellor marca. Non foi definitivo o posto, na ultima rolda foi superada por duas finalistas, sendo relegada ao 6º posto. Xa pode estar contenta, tanto atleta coma adestrador, non é doado mellorar nunha cita con tanta presión.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de febreiro de 2022

     Estamos de cheo na tempada de pista cuberta e notase nun calendario ateigado de importantes citas. Este sábado tiña lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Os xuvenís non puideron contar coa presenza do seu adestrador Ramilo que se topaba en Salamanca no Nacional Sub 23, asumindo a tarefa Martín Souto, dun xeito que lle agradecemos públicamente. Carmen Fraga acadou o 6º posto na lonxitude e non progresou a final dos 60 m.l. despois de disputar a semifinal. Ibrahim Aga tampouco pasou da semifinal no 60 m.l. pero si mellorou a sua marca persoal. Na proba de 60 m.v. participaron Agata Rodríguez e Noa Piñeiroacadando a primeira posto na final cun tempo de 9,72 s. que supoñia MMP e a segunda non logrou pasar da semifinal. Na final Agata rematou 4ª e volveu mellorar a marca ata os 9,66s., ademáis participou na semifinal de 200 m.l. sen acadar o pase. Uxia Sánchez rematou 5ª nos 400 m.l.. Na proba de 800 m.l. participaron Carlos López 13º, Carlos Corredoria 15º e Cristina Cortegoso 12ª. Yago Juncal obtivo posto 11º no concurso de triplo. Diego Martínez quedou 6º no concurso de peso e foi CAMPION GALEGO no salto de altura.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 12 de febreiro de 2022

 

     Entramos de cheo en tempada de Pista Cuberta, no caso de Galicia falar de Indoor e falar de Expourense. O grupo de Ramilo tería que amosar a súa valía no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTAA competición foi inaugurada por Diego Martínez no concurso de salto de altura, onde rematou 9º cun mellor salto de 1,76 m. O seguinte concurso con presenza amarela sería o triplo feminino, alí Ariadna Gil acadou o BRONCE da categoria absoluta e Campioa Galega na súa categoria Sub 23. Xa estamos preto do Campionato de España Sub 23 e foi o derradeiro test. Marta Camaño e Lucia Gil puseron a nota de xuventude nos 60 m.l. a primeira progresou a final B con 8,31 e a sua compañeira rematou na semifinal cun tempo 8,61. Marta non mellorou a marca na final B, pero loitou coas más rápidas. 

      Uxia Sánchez corría os 400 m.l. sen acadar o pase a final, de seguro que a lectura da seguinte carreira será máis positiva. Agata Rodríguez, nos 60 m.v., accedeu a final cun tempo notable e que melloraría na final, rematando a mesma en 9,90.

     Juan Piñeiro reencontrouse coa competición, nun concurso de lonxitude onde foi de menos a máis. Finalmente foi BRONCE da categoría Sub 23, a piques tamén na absoluta onde rematou 4º.



TROFEO DE INVERNO CATEGORIAS MENORES ABANCA

Ourense, 19 de decembro de 2021

     Para case rematar a tempada 2021, tiña lugar en Expourense o TROFEO DE INVERNO CATEGORIAS MENORES ABANCA. Xa temos un recoñemento na mesma, somos o Club con mellor curriculum, e para defender esa honra presentamonos con cinco equipos. Amosaron sobre o tartán un traballo de equipo envexable, no que algun atleta ten que competir en probas polo ben do equipo, sen que sexan precisamente a sua especialidade. A xornada de maña foi un fervedoiro de equipos e xente nas bancadas, xa non estabamos afeitos.  Os máis pequenos afianzaron o curriculum do Club cun SUBCAMPIONATO para as mulleres e unha VICTORIA para os homes. Na categoría SUB 12 os puntos sumados levaron as mulletes ata o 10º posto e os homes ata a 5ª posición.



SUB 10 MULLERES        (2º POSTO.- 65 puntos)

  • NORA PARCERO, 6ª 50 m.l. e 1ª relevos
  • LENA CURRAS, 1ª 500 m.l. e 1ª relevos
  • EMMA COLLAZO, 1ª 1000 m.l. e 1ª relevos
  • IRIA FERNANDEZ, 5ª lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 6ª altura e 1ª relevos
  • SABELA MIRANDA, 6ª peso

SUB 10 HOMES     (1º POSTO.- 65 puntos)

  • DANIEL CORDEIRO,1º  50 m.l. e 2º relevos
  • BRAIS GARCIA, 10º  500 m.l. e 2º relevos
  • ANGEL REFOJOS, 1º 1000 m.l. e 2º relevos
  • XABIER FERRAL, 6º altura
  • SAMUEL CORRALES,  2º lonxitude e 2º relevos
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º  peso


SUB 12 MULLERES      (10º POSTO.- 32 puntos)

  • ERICA NOVAS, 7ª 60 m.l. e 5ª relevos
  • ANA OLIVEIRA, 3ª 500 m.l. e 5ª relevos
  • NAHIA PINTOS, 10ª 1000 m.l. e 5ª relevos
  • AITANA BROULLON, (NP) altura
  • ZOE FERNANDEZ, 11ª lonxitude
  • LEIRE FUENTES, 10ª  peso e 5ª relevos

SUB 12 HOMES    (5º POSTO.- 46 puntos)

  • IKER RIAL,  7º 60 m.l.  e 3º relevos
  • GABRIEL FAZANES, 12º 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 6º 1000 m.l. e 3º relevos
  • SAUL SANTOS, 8º altura e 3º relevos
  • MIGUEL FERNANDEZ, 3º lonxitude e 3º relevos
  • AMARO BASTON, 6º peso


     De tarde, case nun suspiro para os adestradores, deu comezo a xornada da categoria SUB 14. Moito máis tranquila en afluencia e na que puidemos disfrutar da loita do equipo feminino para entrar no podio. Finalmente remataron quintas pero coa satifacción do traballo ben feito. De seguro que a de ter recompensa nun futuro corto.

SUB 14 MULLERES  (5º POSTO.- 77 puntos)

  • LEIRE FONSECA, 5ª 60 m.l. e 5ª relevos
  • ANA CORDEIRO, 1ª 500 m.l. e 5ª relevos
  • LEIRE FERNANDEZ, 9ª 1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 2000 m.l. e 5ª relevos
  • ANTIA BAQUEIRO, 11ª 60 m.v.
  • SORAYA GONZALEZ, (NP) altura
  • HELENA BELLO,1ª pertega e 5ª relevos
  • AROA CURRAS, 9ª lonxitude
  • ESTELA RAÑA,  10ª triple salto
  • NOA QUINTEIRO, 2ª peso


 

PLAN DE VIAXE TROFEO ABANCA OURENSE

     O vindeiro domingo 19 de decembro a Pista Cuberta de Expourense acollerá o TROFEO DE INVERNO DE CATEGORIAS MENORES ABANCA. Estará dividido en xornadas de maña e tarde. Pola mañan  competiran as categorias SUB 10 e SUB 12 e a tarde se reservará para a SUB 14. Para esta competición por equipos se presentaran SUB 10 feminino, SUB 10 masculino, SUB 12 feminino, SUB 12 masculino e SUB 14 feminino. A composición dos mesmos e a  seguinte:


SUB 10 MULLERES

  • NORA PARCERO, 50 m.l.
  • LENA CURRAS, 500 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 1000 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ, lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, altura
  • SABELA MIRANDA, peso

SUB 10 HOMES

  • DANIEL CORDEIRO, 50 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 500 m.l.
  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, altura
  • SAMUEL CORRALES, lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, peso

RESULTADOS DIRECTO SUB 10


SUB 12 MULLERES

  • ERICA NOVAS, 60 m.l.
  • ANA OLIVEIRA, 500 m.l.
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, altura
  • ZOE FERNANDEZ, lonxitude
  • LEIRE FUENTES, peso

SUB 12 HOMES

  • IKER RIAL, 60 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, altura
  • MIGUEL FERNANDEZ, lonxitude
  • AMARO BASTON, peso

RESULTADOS DIRECTO SUB 12


SUB 14 MULLERES

  • LEIRE FONSECA, 60 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 500 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 2000 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO, 60 m.v.
  • SORAYA GONZALEZ, altura
  • HELENA BELLO, pertega
  • AROA CURRAS, lonxitude
  • ESTELA RAÑA, triple salto
  • NOA QUINTEIRO, peso

   RESULTADOS DIRECTO SUB 14


   Achegamos información do HORARIO DEFINITIVO, engadindo que o transporte será en vehículos particulares. Calquera incidencia ao respecto, pregamos se comunique canto antes para coordinar os ocos nos diferentes coches. Moi atentos ao HORARIO CAMARA CHAMADAS



 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Oviedo, 20 de marzo de 2021

 

     Gema Dacosta desplazouse a capital asturiana para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. Participou na final do concurso de lanzamento de peso. Partía coa mellor marca galega da tempada (11,75 m) e agora tocaba medirse co resto de lanzadoras a nivel nacional. Estivo acompañada da sua adestradora Raquel Villa, quen seguiu de cerca a sua evolución na final, onde mellorou a sua marca lanzando ata 11,80 m. e acadando un magnifico 6º posto. Fabuloso peche para esta tempada de Pista Cuberta para esta atleta.



PREVIA DO CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 PISTA CUBERTA

     Este vindeiro sábado 20 de marzo terá lugar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 PISTA CUBERTA. Na situación actual,  só acollerá probas de velocidade e concursos, as probas de medio fondo e fondo se disputaran o 28 de marzo no CGTD de Pontevedra. No enlace que achegamos do Campionato (páxina FGA) iran actualizando a información do mesmo (Listas de Saida, cámara de chamadas…), si ben e importante acudir con tempo antes do inicio da proba (1 hora) e ter en conta que o paso polo túnel da Cañiza está pechado no sentido a Ourense. Para entrar na Pista só se autorizará aos atletas (coa declaración responsable) e aos adestradores/ delegados (Calvar e Mari), no caso de ter que comunicar algo, habría que facerllo chegar a eles. Por último, pregase comunicar canto antes calquera baixa na participación.


INFORMACION DO CAMPIONATO


SUB 10

  • ANGEL REFOJOS, 50 m.l.
  • BRAIS GARCIA , 50 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, Lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 50 m.l. 
  • ALAN MALVIDO, Peso
  • LENA CURRAS, Lonxitude
  • EMMA COLLAZO, 50 m.l.
  • XABIER FERRAL, 50 m.l.

 

 

SUB 12

  • NAHIA PINTOS, 60 m.l.
  • AITANA BROULLON,  60 m.l.
  • IKER RIAL, 60 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, Lonxitude
  • ERICA NOVAS,  60 m.l.

 

SUB 14

  • NOA QUINTEIRO, Peso 
  • HUGO COLLAZO, 60 m.l.
  • DIEGO GARCIA, 60 m.l.
  • ESTELA RAÑA,  60 m.l.
  • GORETTI CARBALLAL, 60 m.v. e altura
  • HELENA BELLO, Pértega
  • HUGO DOMINGUEZ, 60 m.l.
  • UNAI FERRAL, 60 m.l.

 



 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de marzo de 2021

    O domingo chegaba o Campionato máis importante, a nivel autonomico, na Pista Cuberta de Expourense.  Ariadna Gil concursaba no triple salto, acadando o SUBCAMPIONATO GALEGO. Foi un concurso bastante irregular, que podería supoñer unha mellora na marca de non ser por un nulo inexistente. Tamén participou nos 60 mv, onde chegou algo tocada fisicamente. Pasou a final da proba pero non puido disputala por mor das molestias.



    No seguinte concurso, o salto de pértega participou Martina Paramosquen rematou en 7ª posición. Tamén estaba clasificada para este concurso a atleta SUB 14 Helena Bello, quen finalmente non competiu por problemas no nocello e a proximidade do Campionato Galego Sub 14.  Pola medodia rematou o Hexathlon SUB 16, onde Diego Martínez acadou a medalla de BRONCE, cunha puntuación de 2683, que lle supon mellorar a sua marca persoal.



     Lope Quinteiro disputou a final A dos 800 m.l. rematando no 4º posto, cun tempo de 1:59.78. Desta forma deixamos Expourense ata a vindeira fin de semana na que esta previsto o CAMPIONATO GALEGO SUB10-SUB 12 e SUB 14 de pista cuberta.