Achegamonos ata Expourense para ser participes do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA. En pleno sábado de Entroido estreabamos a competición coa participación de Saul Santos no concurso de altura, superando a sua marca ata os 1,48 m acadou o 7º posto. Miguel Fernández e Roi Rivas correron as semifinais dos 60 m.l., progresando a final o primeiro e o seu compañeiro tivo que conformarse co 3º posto da semifinal. Na final Miguel acadou o posto 10º. Repetiron no concurso de lonxitude, Miguelfoi BRONCE, cun salto de 5,17 m. e Roi foi 5º con 4,72 m.
Hugo Collazo e Marcos Rial pechaban a participación másculina na carreira de 3000 m, onde Hugo foi 4º e Marcos 7º. Nas series previas do 60 m.l. feminino acadaron pase a final Ana Cordeiro e Antia Soto. Na final Antiarefrendou a sua progresión cunha medalla de BRONCE e Ana foi 11ª. Repetian na carreira de 300 m.l. e ambas progresaron a final, alí Ana rematou 5ª e Antía foi descalificada. Antia Baqueiro tamén participou na semifinal de 300 m.l. e non acadou o pase a seguinte rolda.