CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 18 de xuño de 2023

     O CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AO AIRE LIBRE foi o detonante para madrugar, tres horas de viaxe en autobús, competir e outras tres horas de autobús de volta. O adestrador Calvar ainda quedou pola tarde para supervisar o Galego Sub 14 individual. Evidentemente non todo son esforzos sin recompensa, neste caso os equipos SUB 12 realizaron un enorme traballo en conxunto polo que se merecen sean nomeados como CAMPIOAS GALEGAS SUB 12 e SUBCAMPIONS GALEGOS SUB 12.



SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS,  1ª1000 m.l.  e 1ª relevos
  • EMMA COLLAZO,  1ª  500 m.l.  e  1ª relevos
  • VERA BOUBETA,   3ª Marcha 
  • CARLA SALGADO,  1ª Pelota e  1ª relevos
  • ELODIE GRAÑA,   5ª 60 m.l. e 1ª  relevos
  • CAMILA ENRIQUEZ, 4ª altura
  • MARIA MARCOS, 4ª Lonxitude
  • SABELA MIRANDA, 1ª Peso


SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 2º 60 m.l.  e 3º  relevos
  • DANIEL CORDEIRO,3º 1000 m.l.e 3º relevos
  • SAMUEL CORRALES, 4º Altura e 3º relevos
  • BRAIS GARCIA, 5º Marcha e 3º relevos
  • XABIER FERRAL,  9º 500 m.l.
  • ANXO CURRAS,   1º Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  2º Peso
  • MATEO JALDA, 11º Lonxitude


 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2023

 

     As pistas da Universidade de Santiago acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AO AIRE LIBRE. Unha nutrida representación de amarel@s acudiu a esta importante cita.  A sección masculina contou coa presenza de Sergio Valladares, quen pouco a pouco estase facendo un oco nos 400 m.l..Nesta ocasión correu na final B e cunha marca de 52,16 ocupou o 10º posto. Diego Martínez foi 5º no concurso de altura e foi 6º na pértega. Neste último concurso tamén participou Dani Calvar, quen con 3,40 ocupou o 7º posto. O remate da participación masculina foi un máis que notable relevo 4X100, composto polos tres reseñados anteriormente máis Carlos López que finalizaron o mesmo nun tempo de 46,19 acadando o 4º posto.



      No apartado feminino contabamos coa participación de Saray Amoedo e Ariadna Gil na final do concurso de triplo. Finalmente foron 5ª e 8ª respectivamente coa victoria de Ariadna Gil na categoría SUB 23. Gemma Dacosta acadou o 5º posto na final de lanzamento de peso e repetiu posto na final do lanzamento de disco. Rematau a xornada coa remuda feminina composta por Ariadna Gil, Ana Cordeiro, Uxia SánchezLucia Gil, que foron 5ª no relevo 4X100.


CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN XOGADE

Pontevedra, 10 de xuño de 2023

 

     As xornadas previas do XOGADE deron paso ao CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN DE PISTA AO AIRE LIBRE. A sede das probas foron as pistas do CGTD de Pontevedra.  Moi destable o equipo de remudas mixto que acadou o primeiro posto, ainda que cruzaron a meta os tres primeiros no fio dun pano.



 Mar Fazanes proclamouse Campioa Provincial en lanzamento de peso. Alex Carballo, ademáis do relevo, gañou en 50 m.l. e salto de lonxitude. Adrian Calvar venceu nos 400 m.l. e foi 3º no lanzamento de Pelota. Boas sensacións na competición, onde xa se pode ollar un pequeno descanso de cara ao verán.

 

SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 10ª 50 m.l. e 4ª Lonxitude
  • MAR FAZANES, 21ª 50 ml. e  1ª Peso
  • CLAUDIA ROMERO,6ª  400 m.l. , 8ª Lonxitude e 1ª relevo 4X50 
  • DANIELLA ALVAREZ, 14ª 50 m.l. e 24ª Lonxitude

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR,1º  400 m.l. 3º Pelota e 1º relevo 4X50
  • HUGO LORENZO, 7º 400 m.l. 7º Pelota e 1º relevo 4X50
  • ALEX CARBALLO, 1º 50 m.l. , 1º Lonxitude e 1º relevo 4X50
  • XOSE GONZALEZ, 15º 400 m.l. e 10º Lonxitude


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

León, 3 e 4 xuño de 2023

 

    As pistas universitarias de León acolleron durante a primeira fin de semana de xuño o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14. Ali presentabamos ao noso atleta infantil MIguel Fernández para disputar o Triatlon B que consistia nas probas de salto de lonxitude, 1000 m.l. e lanzamento de xavelina. Xunto co seu adestrador loitaron por mellorar as marcas coas que se presentaba neste importante Campionato, pero parece que a proba impoñia e a calidade dos contrincantes tamén. Finalmente acadou o posto 29º neste triatlon, sumando un total de 1120 puntos gracias aos 4,27 m. da lonxitude, os 3:10.03 dos 1000 m.l. e o lanzamento de 30.10 m. na xavelina. Parabens para Miguel Fernández.



PREVIO PROVINCIAL BENXAMIN XOGADE

   Este vindeiro sábado 10 de xuño as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o CAMPIONATO PROVINCIAL do programa XOGADE da categoría BENXAMIN. O autobús sairá da estación de Cangas as 15:00 horas.  Ata que publiquen as LISTAS DE SAIDA o HORARIO provisional da proba é o seguinte:



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 50 m.l. e Lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 400 m.l. e Lonxitude
  • MAR FAZANES, 50 ml. e Peso
  • CLAUDIA ROMERO, 400 m.l. , Lonxitude e relevo 4X50 
  • DANIELA NOGUEIRA, 50 m.l. e Peso
  • DANIELLA ALVAREZ, 50 m.l. e Lonxitude

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR, 400 m.l. Pelota e relevo 4X50
  • HUGO LORENZO, 400 m.l. Pelota e relevo 4X50
  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. , Lonxitude e relevo 4X50
  • LUCA CAO, 50 m.l. e Peso
  • XOSE GONZALEZ, 400 m.l. e Lonxitude

 

CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS SUB 18

A Coruña, 27 e 28 de maio de 2023

    Falar de probas combinadas é falar de Diego Martínez, quen se desprazou ata A Coruña para disputar o decatlon da categoria SUB 18, xunto él foi Ramilo, quen fai as veces de adestrador, manager, psicólogo, masaxista e, como non, fotógrafo. O programa das probas combinadas discorría paralelo aos Campionatos SUB 18 e SUB16 que tiñan lugar sábado e domingo respectivamente. Despois das probas de 100 m.l., Lonxitude, Peso, Altura, 400 m.l., 110 m.v., Disco, Pértega, Xavelina, 1500 m.l., rematou sumando un total de 5450 puntos que lle outorgaron o SUBCAMPIONATO GALEGO. Se lle preguntamos a Diego seguro que se amosa moi autocrítico pero se non fora así non sería Diego.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 28 de maio de 2023

 

    O domingo as pistas de Elviña seguían copando o interese coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Tiñan @s cadetes gañas de amosar a sua progresión na competición suprema a nivel autonómico.


    Diego García estreaba a participación amarela da mellor maneira proclamandose CAMPION GALEGO de 5000 m. marcha. Hugo Collazo foi BRONCE nos 3000 m.l. Brais Pintos acadou o 10 º posto no concurso de salto de altura e rematou 22º na proba dos 1000 m.l. A sección masculina estivo representada por Diego García, Hugo Collazo, Brais Pintos e Unai Ferral nas remudas de 4X100 m. acadando un magnifico 4º lugar.



    A representación feminina estivo repartida entre os concursos de lanzamento de peso e martelo, onde Noa Quinteiro foi 7ª e 10ª respectivamente. No lanzamento de xavelina pelexou Leire Fernández ata rematar 5ª na final. Da mán de Ana Cordeiro chegou unha medalla de BRONCE nos 300 m.l., onde a sua compañeira Antia Baqueiro foi 13ª, completaría Ana un sensacional pase a final dos 100 m.l. para rematar 8ª na proba.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 27 de maio de 2023

    As pistas da Universidade de Elviña foron durante esta fin de semana o epicentro do atletismo galego. O sábado tiña lugar alí a primeira xornada das combinadas e o CAMPIONATO GALEGO SUB 18. Xa desde primeira hora da maña comezaba a actividade, Gema Dacosta acadaba o primeiro posto no concurso do lanzamento de peso, de tarde participou no lanzamento de disco e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO. Raul Rial completou os 3000 m.l. cun tempo de 10:05 que lle outorgaban o 8º posto na final.



    Manuel Lemos chegaba mancado nun xeonllo e disputou a final de lanzamento de xavelina, conseguindo o 10º posto, na final de pértega non puido participar pola lesión. Noa Piñeiro loitou na proba de 400 metros valados entrando na meta no 7º posto. Lucia Gil acadou o 6º posto no concurso de lonxitude e pola tarde no triplo repetiu posto na final. Ibrahim Aga non progresou a final dos 100 m.l. co tempo de 13:04 s que obtivo na semifinal.



   Iris Malvido foi 6ª na final de xavelina e 5ª na de pértega, a su irmá Nerea Malvido rematou 6ª na carreira de 1500 m.l.  Agata Rodríguez daba comezo a xornada de tarde cunha magnifica semifinal dos 100 m. valos na que progresou a final que vencería con autoridade proclamandose CAMPIOA GALEGA. Tamén pasou a final de 200 m.l. Carlos Corredoira, acadando un 5º posto na mesma. Uxia Sánchez non puido pasar da semifinal na proba feminina, cousa que si acadou Marta Camaño, rematando 5ª na final.



   Carlos López foi 8º na carreira de 800 m.l. e Sara Nerga 14ª na proba feminina. Sergio Valladares rondou o podio nos 400 m.l. e levou a medalla de chocolate, na proba feminina Naia Casas finalizou no posto 19º.



      As remudas de 4X100 daban remate a esta longa xornada.O equipo masculino composto por Ibrahim Aga, Carlos López, Carlos Corredoira e Sergio Valladares rematou no 4º lugar e loitando ata o último metro pola medalla de bronce. No caso das mulleres gañaron a medalla de bronce nos últimos metros gracias as carreiras de Marta Camaño, Lucia Gil, Uxia Sánchez e Agata Rodríguez.



 

 

 

PREVIA DO CONTROL DE MENORES EN PONTEVEDRA

     Este vindeiro xoves 1 de xuño vai ter lugar un CONTROL DE MENORES nas pistas do CGTD de Pontevedra. Achegamos o HORARIO das probas e @s atletas coas probas a disputar. O desprazamento será por conta propia, non hai autobús. Se alguen tivera incidencias polo transporte que o comunique canto antes.



SUB 10

  • SOFIA CORRALES, Lonxitude e Pelota
  • MAR FAZANES, Peso
  • DANIELA NOGUEIRA, Peso e Lonxitude
  • CLAUDIA ROMERO, 500 m.l. e Altura
  • ADRIAN CALVAR, 500 m.l. e Pelota
  • HUGO LORENZO, 500 m.l. e Lonxitude
  • ALEX CARBALLO, 500 m.l. e Pelota
  • XOSE GONZALEZ, 500 m.l. e Altura

SUB 12

  • EMMA COLLAZO, 1000 m.l.
  • SOFIA CAPELO, 1000 m.l. 
  • LENA CURRAS, 2000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 2000 m.l.
  • ERIC SANTOS, 2000 m.l.

SUB 14

  • ANTIA SOTO, 150 m.l. e Triplo
  • NAHIA PINTOS, 2000 m.l. e Martelo
  • EDURNE FERNANDEZ, 150 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 150 m.l. e 220 m.v.
  • MARCOS RIAL, 2000 m.l.
  • SAUL SANTOS, 150 m.l. e 220 m.v.
  • ROI RIVAS, 150 m.l. e 500 m.l.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL

Pontevedra, 20 de maio de 2023

     Na tarde do sábado as pistas do CGTD de Pontevedra deron cabida ao CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL do programa XOGADE. Ali estiveron @s amarel@s nunha competición que permitía a participación nun máximo de duas probas máis as remudas de 4X80 m. Deixaron a sua testemuña cos seguintes resultados, parabens para tod@s.



INFANTIL MULLERES

  • ANTIA SOTO, 2ª 80 m.l. , 4ª Lonxitude e 2ª Relevo 4X80
  • LEIRE FUENTES,10ª Marcha e 7ª Peso
  • NOA LORENZO, 21ª 80 m.l. ,8ª Altura e  10ª Relevo 4X80
  • NAHIA PINTOS, 3ª Marcha e 6ª Xavelina
  • ANA OLIVEIRA , 5ª 80 m.l. , 1ª Xavelina e 2ª Relevo 4X80
  • AITANA BROULLON, 33ª  80 m.l. 15ª Lonxitude e 10ª Relevo 4X80


 

INFANTIL HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ, 3º 1000 m.l. ,1º  Xavelina e 2º Relevo 4X80
  • MARCOS RIAL , 5º 1000 m.l., 11º Lonxitude e 10º Relevo 4X80
  • SAUL SANTOS , 8º 80 m.v. ,4º  Altura e 10º Relevo 4X80
  • ROI RIVAS,2º 80 m.l.,4º Lonxitude e 2º Relevo 4X80
  • PEDRO GONZALEZ ,25º Lonxitude