CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AIRE LIBRE

Tarragona, 02 de xullo de 2023

     Na pista tarraconense de Camp Clar disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE. Ata alí se desprazaron a nosa especialista en triplo Ariadna Gil e o seu adestrador Juan Luis RamiloA atleta Sub 23 afrontaba este Campionato con moita ilusión tras unha tempada un tanto irregular. Chegado o domingo posicionouse firme na candidatura a pasar a mellora, cun mellor salto de 11.81. Magoa do último salto nulo, que finalmente privouna de estar entre as oito mellores. Noraboa pola volta a atopar esas boas sensacions, acadando un magnifico 9º posto a  só un centimetro dese preciado pase a final.



Deja una respuesta