Este vindeiro fin de semana, 14 e 15 de marzo, vaise disputar en San Sebastian o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA. Na proba de 400 m.l. femininos contaremos coa presenza de Noa Rouco Baqueiro, quen acadou a mínima para o Campionato o pasado 11 de xaneiro de 2015 en Vigo. Parte cunha marca de 59.96 s. Pode ser unha boa ocasión para mellorar esta marca. Esperemos que así sexa e moito animo neste longo desprazamento.