FINAL LIGA 2ª DIVISION NACIONAL.

Soria 14 de xuño de 2015

Terceiro ano consecutivo que se disputa a FINAL DA LIGA DE 2ª DIVISION, por parte do equipo feminino. Este domingo 14 de xuño, en xornada de maña,  o Estadio de Los Pajaritos acolleu os oito mellores equipos da segunda división nacional. Os dous primeiros clasificados acadaban o ascenso a primeira división. Non era doado pero alí se plantou batalla ata o final. Non puido ser, a terceira non foi a vencida. 

Somos un Club de canteira, enerxia de futuro, pero o presente, día a día, amosanos que todo o que nos propoñamos se conseguirá. Non foi desta pero tamén dicir que xa queda menos. Eso si agradecer o grupo de mulleres o camiño que están labrando para vindeiras xeracións.

A mañan comenzaba co concurso de martelo, Johana Villar  alcanzou os 30.05 mts. e sumou dous puntos para o equipo coa 7ª posición. Nos 5 kms. marcha non se puido sumar puntos pola descalificación de Esmeralda Corredoira.  A cadete Alba Vidal foi quen de sumar un punto cun 8º posto nos 3000 m.l. 

Outra cadete Maria Rodríguez rematou 7ª no salto de lonxitude, cun mellor salto de 4,40 metros. Mª Jesús Novo repetiu o mesmo posto, 7ª, nos 400 m.v. 

Noa Rouco acadou 6 puntos o rematar 3ª nos 400 m.l., parecía que se animaba a xornada con outros 6 puntos por parte de Patricia Torres, tamén 3ª no lanzamento de disco. A máis veterán do grupo Marina Caballero continuou coa tendencia nos 800 m.l. rematando 3ª.

Aida Amoedo foi a representante nos 200 m.l., que foron moi reñidos entrando as 5 primeiras no mesmo segundo. Aida rematou 5ª con 26,98. Alexia Vidal saltou 1,55 en altura, acadando a segunda praza. A cadete Ana Fandiño alcanzou en pertega os 2,00 metros, sumando dous puntos máis e rematando 7ª.

As probas de velocidade foron cubertas por Paula Martínez, 5ª nos 100 m.v. e Noelia Graña que foi descalificada nos 100 m.l.

Saray Amoedo no triplo salto alcanzou os 11,17 e rematou 3ª. Iria Piedras correu os 1500 m.l. e acadou o 8º posto. Raquel Villa cun lanzamento de 12,00 mts, foi 2ª no peso. Ainara Rodríguez rematou os 300o metros obstáculos en 6ª posición. O derradeiro concurso individual da xornada nos daba o único primeiro posto, foi Laura Meira no lanzamento de xavelina, con 37, 75 mts.

Quedaban os relevos, o 4×100 composto por Paula Martínez, Alexia Vidal, Noelia Graña Sara Villar, foi 6º cun tempo de 53,65. O 4×400 formado por Marina Caballero,  Aida Amoedo,  Mª Jesús Novo Ana Antepazo, repetiron 6º posto con 4:23.41.

A suma final foi de 72 puntos, rematando en 7º posto.  Parabens para o  Lucus Caixa Rural Galega Hinaco Monzon polo ascenso acadado. Nos seguiremos traballando para voltar o ano que ven.


11377207_999550320075761_3991251778834900414_n


Deja una respuesta