Logronño, 24 de xuño de 2023
Ata terras rioxanas se desprazou a selección galega SUB 18 para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AO AIRE LIBRE. Na expedición viaxaban dous amarelos Gema Dacosta e Diego Martínez, ademáis do adestrador Juan Luis Ramilo. Competiron na xornada correspondente ao sábado de San Xoan e faciano nos concursos de lanzamento de peso e disco.
A primeira en competir Gema Dacosta mellorou a sua marca lanzando a bola ata os 13,74 m., magnifico concurso que lle aporta confianza de cara ao Campionato de España Sub 18. Diego Martínez tamen mellorou a sua marca en disco, lanzou ata os 39,33 mts. Podese sentenciar que achegaron o mellor deles ao combinado galego, que finalmente acadou un posto 6º na clasificación global.