Palafrugell, 21 de xuño de 2025
Archivo de la etiqueta: Selección Galega
CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 A.L.
Pontevedra, 22 de xuño de 2024
Posta de largo nas Pistas do CGTD de Pontevedra para acoller o CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 AO AIRE LIBRE. Neste caso foi Gema Dacosta participe da gran actuación da selección galega que estivo loitando polo podio durante unha emocionate xoranda. Finalmente foron CUARTOS e a atleta amarela aportou un 7º posto no lanzamento de disco. Este combinado mixto pelexou ata o final e non temos máis que darlle os PARABENS a atletas e adestadores.
CAMPIONATO DE ESPAÑA FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 16
Gijón, 07 de outubro de 2023
As federacions autonomicas medianse en Gijón no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16. Alí estivo a mellor versión de Diego Garcia, quen foi capaz de realizar a sua mellor marca persoal 27:56.71 na proba dos 5000 metros da marcha. Acadou o posto 11º e sumou uns importantes puntos que axudaron no 6º posto final que obtivo a Selección Galega da categoria masculina. Salientar tamén o posto 4º que obtiveron na categoria feminina.
CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AIRE LIBRE
Logronño, 24 de xuño de 2023
Ata terras rioxanas se desprazou a selección galega SUB 18 para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AO AIRE LIBRE. Na expedición viaxaban dous amarelos Gema Dacosta e Diego Martínez, ademáis do adestrador Juan Luis Ramilo. Competiron na xornada correspondente ao sábado de San Xoan e faciano nos concursos de lanzamento de peso e disco.
A primeira en competir Gema Dacosta mellorou a sua marca lanzando a bola ata os 13,74 m., magnifico concurso que lle aporta confianza de cara ao Campionato de España Sub 18. Diego Martínez tamen mellorou a sua marca en disco, lanzou ata os 39,33 mts. Podese sentenciar que achegaron o mellor deles ao combinado galego, que finalmente acadou un posto 6º na clasificación global.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS SUB 16
Pamplona, 8 e 9 de outubro de 2022
Tiñamos moita confianza na aportación amarela ao combinado Galego feminino Sub 16. Foron seleccionadas tres amarelas para disputar en Pamplona o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS DE PISTA SUB 16 EN IDADE ESCOLAR. Cun nome tan longo a cousa era seria, estaba a «crema» d@s atletas nacionais representando as suas respetivas federacions autonómicas. Os criterios eran claros Gema Dacosta iba coma mellor lanzadora de peso, Helena Bello coma mellor saltadora de pertega e Marta Camaño coma mellor velocista conformando o equipo de relevos.
O saldo do equipo foi un SEXTO posto que estivo sempre preto do podio, de feito finalmente quedaron a escasos puntos da medalla de bronce. No tocante as actuacions individuais foron moi salientables. Gema Dacosta foi segunda no peso e Marta Camaño tamén subcampioa nos relevos 4X100, sendas medallas de plata trouxeron para o recordo. Helena Bello acadou o noveno posto na pertega e sumou uns importantes 10 puntos para o equipo.
TRES AMARELAS COA SELECCION GALEGA SUB 16
A dirección técnica da FGA deu a coñecer o listado de atletas que conformarán o combinado SUB 16 que representará a Galicia no CAMPIONATO DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR. Na sección feminina contamos coa representación de TRES atletas amarelas, Gema Dacosta e Helena Bello, a primeira competira no concurso de lanzamento de peso e a sua compañeira no salto de pértega. A última en ser convocada foi Marta Camaño que será parte do relevo 4X100. Este combinado ven de acadar a quinta posición no Campionato do ano pasado e non se descarta que loiten por achegarse aos caixons do podio. Estaremos atentos ao Campionato que se vai celebrar en Pamplona os vindeiros días 8 e 9 de outubro.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS
Lepe, 30 de xaneiro de 2022
Disputouse en Lepe o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. No combinado galego SUB 16 feminino participou Iris Malvido. Rematou o percorrido de 5 km. en 29,19 acadando o posto 35º e sumando para o equipo uns importantes puntos que levaron a Galicia ata o posto 9º.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS
Cuenca, 9 outubro de 2021.
Debe estar conectado para enviar un comentario.