CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Valencia, 7-8 de marzo de 2020

     O noso atleta xuvenil Lope Quinteiro viaxou ata Valencia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Sería das últimas competicions antes de entrar de cheo no Estado de Alarma. Lope participou na segunda quenda dos 800 m.l., estaba reñido o pase a final máis ainda nesta serie. Ao remate da carreira foi 5º cun tempo de 1:59.19, co cal, non progresou a final. Disto seguro que aprendeu moitas leccions, cabeza ben alta que estamos nun Campionato de España.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA

Ourense, 07 de marzo de 2020

 

     A pista cuberta de Expourense acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA. Na primeira categoría, a Sub 16, competiron nove atletas. Todos eles eran noveles nesta categoría e afrontaron de maneira valente as dificultades da mesma. Carlos López e Yago Juncal quedaron afastados da competición nas semifinais dos 60 m.l., rematando 6º e 5º respectivamente nas suas series. Diego Martínez acadou o 8º posto na final do concurso de altura e 5º na semifinal dos 60 m.v. Os irmans Manuel Lemos e Ruben Lemos participaron na final do concurso de pértega, acadando o 6º e 8º posto. Miguel Nuñez participou na semifinal de 300 m.l. e a pesar de rematar 3º, non puido progresar a final. 

     As mulleres protagonizaron a xornada de tarde. Contamos coa presenza de Uxia Sánchez na final B dos 1000 m.l.,  onde rematou no posto 6º. Agata Rodríguez foi 5ª na semifinal dos 60 m.v., sen pase a final. Ariadna Becerra disputou a final de pértega, na cal obtivo un 8º posto.



     Foi un Campionato con sabor agridoce. Na categoría Sub 20 participaron dous atletas e coparon as premiacións da xornada. Juan Piñeiro foi CAMPION GALEGO no triple salto (13,68 m) e SUBCAMPION GALEGO en lonxitude (6,70 m). Esta última marca aseguralle a participación no Campionato de España Sub 20. Ariadna Gil rematou CAMPIOA GALEGA en triple salto (11,25 m) e SUBCAMPIOA GALEGA en 60 m.v. (9,70 s)



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Este vindeiro sábado 07 de marzo vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA. O horario das probas repartirase en xornada de maña e tarde.



     Na categoría SUB 16 participaran @s seguintes atletas:

 

  • YAGO JUNCAL, 60 m.l.

  • CARLOS LOPEZ, 60 m.l e 600 m.l.

  • MIGUEL NUÑEZ, 300 m.l.

  • DIEGO MARTINEZ, 60 m.v. e altura

  • RUBEN LEMOS, pértega

  • MANUEL LEMOS, pértega

  • CARMEN FRAGA, 60 m.l. e lonxitude

  • UXIA SANCHEZ,  1000 m.l.

  • AGATA RODRIGUEZ, 60 m.v.

  • ARIADNA BECERRA, pértega

     Na categoría SUB 20 competirán JUAN PIÑEIRO en loxitude e triple salto e ARIADNA GIL en 60 m.v. e triple salto.

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

     O vindeiro 7 e 8 de marzo vai ter lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Será participe nos 800 m.l. o atleta Lope Quinteiro, quen disputará as semifinais o sábado pola tarde. No caso de progresar a final, ésta será na xornada do domingo. Vai estar acompañado na viaxe do seu adestrador, así que agardamos disfruten da competición e do ambiente das fallas.



CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

Portas, 15 de febreiro de 2020

 

     Pechabase o circulo no programa XOGADE de Campo a Través. Moito nivel no autonomico, estivo a crema das categorías escolares. Os amarelos solventaron notablemente o trámite, algún ou algunha correu de máis para rematar canto antes coa tempada de Cross. Tres equipos corrían e tres equipos subiron ao podio, de xeito individual duas victorias na categoria Sub 12 masculina e feminina. Os púpilos de Calvar deron o callo e cumpliron na competición. So nos queda felicitalos por ese gran traballo de equipo e agora a continuar coa pista cuberta, isto é un non parar.



SUB 12 FEMININO ( subcampioas galegas ) 36 puntos

SABELA CASTELO – LEIRE BRUN – ANA CORDEIRO 27ª-  LEIRE FERNANDEZ 33ª   ESTELA RAÑA 34ª ERICA NOVAS 37ª



SUB 14 MASCULINO ( campions galegos) 46 puntos

HUGO DOMINGUEZ 10º – SAUL CASAS 15º OSCAR CASAS 16º BRAIS PINTOS 40º DIEGO GARCIA 42º.



SUB 14 FEMININOS ( bronce galego) 58 puntos

MAIALEN FERNANDEZ LUCIA GIL 29ª – GORETTI CARBALLAL 30ª – IRIS MALVIDO 35ª– NEREA MALVIDO 44ª – SARA NERGA 54ª



SUB 12 MASCULINO

HUGO COLLAZO



 

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18

Vilagarcia, 09 de febreiro de 2020

     As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.



    Estreaba categoria SUB 18 Aaron Otero cun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Marín, 01 de febreiro de 2020

     A localidade de Marín actuou de anfitrioa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Este feito foi apreciado polas tres atletas amarelas que tomaron parte no Campionato. Non sería viable participar no Provincial Xogade de maña e pola tarde disputar este Campionato nunha sede máis lonxe. Esta sobreactividade parece que non lle afecta, ao contrario, a Sabela Casteloquen de maña venceu no Campionato Provincial de Cros e de tarde volveu a gañar na proba de 2 kms. Se a iso lle engadimos o rexistro da proba, 10,01, o cal, é novo RECORD GALEGO podemos pensar que  tivo un día redondo, no aspecto atlético. As irmans Iris e Nerea Malvidotamén viñan de gañar, co equipo SUB 14, no Campionato Provincial de Cros. En Marín, disputaron a proba dos 3kms, rematando na posición 4ª e 11ª respectivamente.



CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS XOGADE

Vigo, 01 de febreiro de 2020

     O idílico parque de Castrelos acolleu o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Para tal ocasión converteuse nun campo de batalla. Co paso das carreiras,  o chan enlamado engadia dureza e dotes de pericia ao percorrido. Entre voltas grandes e pequenas foi pasando a maña. A orde das carreiras era de maiores a máis pequenos. A categoría SUB 16 inauguraba o percorrido, neste caso de 2500 m., cun total de duas voltas grandes en unha pequena. Tanto homes coma mulleres acadaron o posto 6º por equipos. Ata sumaron os mesmos puntos (44 ptos.), cousas do directo.


CATEGORIA SUB 16

HOMES

  • MIGUEL NUÑEZ, 17º
  • CARLOS LOPEZ, 21º
  • YAGO JUNCAL, 23º
  • CARLOS CORREDOIRA, 32º
  • MANUEL LEMOS, 35º
  • DIEGO MARTINEZ, 42º
  • RUBEN LEMOS, 43º
  • LUCA PIÑEIRO, 46º

MULLERES

  • AGATA RODRIGUEZ, 11ª
  • UXIA SANCHEZ, 16ª
  • NOA PIÑEIRO, 29ª
  • NICOLE VAZQUEZ, 34ª
  • CRISTINA TABOADA, 50ª


     Sobre un percorrido de 2000 m, a categoría SUB 14, aportounos dous equipos que acadaron o CAMPIONATO PROVINCIAL. No caso dos homes sumaron 26 puntos e Hugo Domínguez subiu ao podio coma 3º na carreira. As mulleres estiveron lideradas por Maialen Fernández, 2ª na proba, e sumaron 36 puntos. Agora, so lles queda refrendar esta boa actuación no Campionato Galego.


CATEGORIA SUB 14 

HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • SAUL CASAS, 10º
  • OSCAR CASAS, 17º
  • DIEGO GARCIA, 26º
  • BRAIS PINTOS, 28º
  • JUAN GALLEGO, 48º

MULLERES

  • MAIALEN FERNANDEZ, 2ª
  • IRIS MALVIDO, 30ª
  • LUCIA GIL, 16ª
  • GORETTI CARBALLAL, 37ª
  • NEREA MALVIDO, 49ª
  • LEIRE FONSECA, 32ª
  • SARA NERGA, 43ª

     Na categoría alevín, Hugo Collazo e Sabela Castelo, proclamaronse Campions Provinciais, Leire Brun foi Subcampioa . O equipo feminino rematou 1º con 28 puntos e o masculino 4º con 92 puntos.



CATEGORIA SUB 12

HOMES

  • HUGO COLLAZO, 1º
  • MIGUEL FERNANDEZ, 14º
  • MARCOS RIAL, 85º
  • PEDRO GONZALEZ, 86º
  • IKER RIAL, 97º
  • BREO FERNANDEZ, 108º

MULLERES

  • SABELA CASTELO, 1ª
  • LEIRE BRUN, 2ª
  • ANA CORDEIRO, 12ª
  • LEIRE FERNANDEZ, 25ª
  • NOAH PINTO, 29ª
  • ERICA NOVAS, 45ª

     No caso dos benxamins, remataba o seu periplo no programa XOGADE de Campo a Través. Os homes sumaron 192 puntos, que os levou o posto 15º e as mulleres, con tres integrantes, non puideron sumar coma equipo


CATEGORIA SUB 10

HOMES

  • SAMUEL CORRALES,  5º
  • EVAN MARIN, 85º
  • XABIER FERRAL, 109º
  • XIAN RODRIGUEZ, 124º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 145º
  • AMARO BASTON, 147º

MULLERES

  • EMMA COLLAZO, 7ª
  • NAHIA PINTOS, 13ª
  • LEIRE FUENTES, 76ª

 


 

 

 

 

PREVIA DO CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE

     Esta competición levarase a cabo o sábado 1 de febreiro de 2020 no Parque de Castrelos (Vigo). Sairá un bus da estación de Cangas as 09:15 horas. Achegamos o HORARIO das carreiras e pedimos aos atletas chegar con antelación (45 mts.) a proba a disputar. E importante tamén COMUNICAR calquera BAIXA dos atletas que puidera afectar a formación dos equipos.



     De cara ao Campionato Provincial están convocad@s @s seguintes atletas:


  • BENXAMIN (sub 10) FEMININO.-  NAHIA PINTOS- EMMA COLLAZO- LEIRE FUENTES- CARLA SALGADO- AITANA BROULLON.
  • BENXAMIN (sub 10) MASCULINO.- SAMUEL CORRALES- GABRIEL FAZANES- XABIER FERRAL- EVAN MARIN- ALEJANDRO FERNANDEZ- AMARO BASTON- XIAN RODRIGUEZ.
  • ALEVIN (sub 12) FEMININO.- SABELA CASTELO- LEIRE BRUN- ESTELA RAÑA- ERICA NOVAS- LEIRE FERNANDEZ- NOAH PIÑEIRO- ANA CORDEIRO.
  • ALEVIN (sub 12) MASCULINO.- HUGO COLLAZO- UNAI FERRAL- MIGUEL FERNANDEZ- MARCOS RIAL- BREO FERNANDEZ- IKER RIAL- PEDRO GONZALEZ.
  • INFANTIL (sub 14) FEMININO.- MAIALEN FERNANDEZ- LUCIA GIL- IRIS MALVIDO- GORETTI CARBALLAL- SARA NERGA- LEIRE FONSECA- NEREA MALVIDO.
  • INFANTIL (sub 14) MASCULINO.- HUGO DOMINGUEZ- OSCAR CASAS- BRAIS PINTOS- SAUL CASAS- DIEGO GARCIA- JUAN GALLEGO.
  • CADETE (sub 16) FEMININO.- UXIA SANCHEZ- AGATA RODRIGUEZ- NOA PIÑEIRO- CRISTINA TABOADA- NICOLE VAZQUEZ- ARIADNA BECERRA.
  • CADETE (sub 16) MASCULINO.- MIGUEL NUÑEZ- CARLOS LOPEZ- YAGO JUNCAL-CARLOS CORREDOIRA- MANUEL LEMOS- DIEGO MARTINEZ-RUBEN LEMOS- LUCA PIÑEIRO.



 

PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2020

Cangas, 25 de xaneiro 2020

 

     Tivemos que buscar un oco, no ateigado calendario, para facer a PRESENTACION OFICIAL dos Equipos do Vila de Cangas para a presente tempada. O día seguinte competiamos na localidade de A Rua e iso supuso que faltaran moitas caras coñecidas. Unha pena, coa previsión da Revista e as confirmacions d@s invita@s se nos facia moi dificil cambiar a data. Contamos coa presenza da Tenente Alcalde do Concello, o Concelleiro de Deportes, o Xefe Provincial do Servicio de Deportes da Xunta, o Diputado de Deportes da Deputación, Concelleiros do PP e o Presidente da Federación Galega de Atletismo.



     No apartado atletico tivemos a sorte de poder contar con Jose Carlos Adanquen nos amosou a sabiduria dun ex-atleta olimpico que a día de hoxe segue ligado ao atletismo en varios frentes, tanto coma practicante coma de adestrador. Tratou de contaxiarnos un optimismo que o levou a élite do atletismo, resumindo os seus consellos nunha formula sinxela, chamada ILUSION. Foi unha charla interesante e productiva que estivo precedida dun globo-sonda, por parte da nosa Presidenta. Expuxo o tema das pistas as Autoridades políticas, e desa, o Salón de Plenos converteuse no que o seu propio nome indica. Agardamos que a clase politica poida aplicarlle algo de ILUSION ao mantemento e arranxo das Pistas, simplemente iso, sen reproches. Na mesa da charla tamén estivo, aportando os seus coñecementos, o recuperador deportivo Jose Calvaroutro membro da nosa familia amarela. Juan Ramilo arrancoulle un compromiso para unha charla, máis extensa e específica,  sobre as lesions deportivas, conste en acta.

     Coa entrega da Revista nº 24 do Club, demos por rematada a nosa estancia no Salón de Plenos. Subimos a planta superior a facer acopio de enerxia para o día seguinte. Agardabanos en A Rua o Cto. Galego de Cros de Categorías Menores, de feito, o excedente de comida servirianos de avituallamento. Iso se chama aproveitamento de recursos. Por un ano máis dar as gracias a tod@s @s que apoiades este proxecto, vemonos nas competicions.