As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.
Estreaba categoria SUB 18 Aaron Oterocun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.